SEGURO ESCOLAR 2013-2014

SEGURO ESCOLAR

A ANPA do CPI de Vedra informa a todas as nais e pais que está aberto o prazo para contratar o Seguro Escolar 2013-2014. 

As coberturas son as mesmas do ano pasado: 
  • Gastos sanitarios: ilimitados.
  • Rotura de gafas: 150€ por sinistro.
  • Gastos de estudo: cando o sinistro impide a asistencia por un periodo superior a un mes, 3000€.
  • Invalidez permanente: hasta 6.000€.
  • Deceso acidental: 4.500€.
A atención sanitaria prestarase na Clínica “La Rosaleda”, presentando a “Declaración de Accidentes Para Centros Escolares”, que será facilitada polo CPI. A compañía aseguradora é MAPFRE. 

O custo ANUAL por neno/a desta Póliza será de:
  • 10€ Socios ANPA.
  • 15€ Non Socios.
A data límite para contratar o seguro será a do 20 de decembro do 2013.

Requerimentos: 
  • cobrer unha ficha de inscrición que estará dispoñible na conserxería e/ou no Blog anpacpivedra.blogspot.com.es.
  • e ingresar o importe correspondente na conta bancaria da ANPA (NGB: ES93 2080 0320 22 3040002641).
Os nenos de 3º e 4º da ESO, xa teñen o seguro ao que obriga a Consellería de Educación, pero poden contratar a maiores este, se así o desexan. 

Para máis información, podedes chamar ao teléfono 646489813 (Luis Martínez).

LEMBRADE: TEATRO EN VEDRA ESTE SÁBADO

Urraca, a obra de teatro que Tangatutanga representará no Multiusos do Burgo (Casa da Terceira Idade) o sábado 14 de decembro ás 19:00 hrs. levou o primeiro premio no XVI CERTAMEN DE TEATRO ESCOLAR Y AFICIONADO CANDILEJAS DON BOSCO 2013, e fai tan só unha semana presentouse no colexio M. Peleteiro. Desa última actuación deixámosvos unha pequena mostra neste enlace. Agardámosvos o vindeiro sábado.


RASTRIÑO DE 2ª MAN E SOLIDARIEDADE CON JOSÉ MANUEL

Nesta edición a ANPA participou no rastriño que organiza o concello ocupándose da cafetería e dun dos postos (xa participaramos o ano pasado obtendo 420 euros e xoguetes para a Fundación Andrea). A recollida de xoguetes, libros, DVDs, etc. no colexio, e a súa posterior venda no rastriño, fixo que este ano xuntaramos 176,50 euros, que xa están ingresados na conta da campaña "Todos con José Manuel". Por certo, José Manuel opérase o 17 de decembro en Barcelona, moita sorte e ánimo para el, e moitas gracias aos que aportades o voso grao de area para que iso sexa posible.

URXENTE: AXUDA ALBERGUE XOAN XXIII

Aínda que distinguimos ben entre xustiza e caridade, as urxencias hai que atendelas sempre. No Albergue de Xoán XXIII teñen "overbooking" por mor da friaxe destes días e precisan produtos de hixiene como xel, maquiñillas de afeitar, etc. Tamén precisan produtos de limpeza como lixivia e panos. Roupa en especial pantalóns de home entre as tallas 40 e 44, zapatos de home e roupa e zapatos para nenos. Todo o que queirades doar podédelo levar directamente ó albergue. Veña, botémoslle unha man ós máis necesitados nestas datas tan especiais. MOITAS GRACIAS!!!


URXENTE: MARCHA A MADRID CONTRA A LOMCE

Se queredes formar parte da "marea verde" que se manifestará contra a LOMCE o vindeiro sábado 30 de novembro polas rúas de Madrid, aínda estades a tempo de apuntarvos. Abride o pdf que vos axuntamos e informádevos mellor. O prazo para anotarse remata mañá ás sete e media da tarde. A folla de inscrición está no pdf axunto. Perdoade pola tardanza e o precipitado do asunto.



HISTORIANA: YOUR PORTAL TO THE PAST

Aínda que está “en construción” queremos compartir con vos o portal HISTORIANA, unha excelente ferramenta educativa multimedia para aprender, ou simplemente para curiosear, na que atoparemos auténticos recursos dixitalizados, documentais e gráficos, de distintas épocas da historia europea e mundial. Unha ventana ao mundo.

Cliquea imaxe

CIRCULAR DA FEDAPAS CORUÑA SOBRE OS COMEDORES ESCOLARES

A FEDAPAS Coruña, á que pertencemos enviounos esta circular que desexamos que coñezades.



A: ANPAS FEDERADAS                                                                                        Circular Nº 448/13 

ASUNTO: COMEDORES ESCOLARES 

Prezadas/os amigas/os: 

Pese á oposición da nosa organización, xa manifestada á Consellería de Educación, do que era o proxecto de decreto de comedores escolares e tamén no Consello Escolar de Galicia (representada como Federación Provincial por CONFAPA-GALICIA) cunha enmenda á totalidade do seu articulado no mes de abril, o goberno da Xunta de Galicia aproba a fináis de agosto o Decreto 08/2013 que regula o desenvolvemento dos comedores escolares. 

Como sabedes, este novo decreto anula a gratuidade ao alumnado transportado e obriga a repagar un servizo que xa está pagado cos nosos impostos. Non podemos aceptar un decreto que pon en tela de xuizo a igualdade de oportunidades e a función compensatoria que ten por características, entre outras moitas, a Escola Pública. 

Moitos nenos e nenas non poden na actualidade quedar no comedor polo gasto que supón ás famillias a perda da gratuidade, véndose á hora da saída do cole sen opción a comer, pero tamén sen transporte escolar que os leve a casa. ¿Qué opción teñen? ¿esperan na porta? ¿levan un “taper”?. 

De estas e de outras cuestións é necesario ter datos concretos para elaborar un veraz e riguroso informe que avale o que estamos denunciando. Para iso necesitamos, coma sempre, da vosa colaboración, que consiste en que nos devolvades cuberto antes do 14 de novembro o documento que se xunta, coas cuestións que plantexamos e ao que podedes engadir o que consideredes de interés.



A Xunta Directiva da ANPA do CPI Plurilingüe de Vedra vai a respostar ao cuestionario e a apoiar en todo o que poida as accións de FEDAPAS neste asunto.

"LA HOLGAZANERÍA APRENDIDA"

“La holgazanería aprendida” é o título dun artigo que Vicente Carrión Arregui, profesor de filosofía, publicou fai algúns anos nun xornal vasco. A aquelas nais e pais que nos preocupa a desmotivación das fillas e fillos e non sabemos cal é a razón, e tampouco temos nin idea de como remediala, este artigo pode guiarnos pola complexidade das causas e poñernos no camiño das solucións.

De inicio, algunhas das preguntas que se fai e tenta responder o profesor son estas:

Sin ánimo dramático les propongo que reparen en los aspectos paradójicos de la expresión: ¿acaso enseñamos a los hijos a ser unos vagos? ¿Van ellos a la escuela rebosantes de curiosidad y allí se la apagamos? ¿Confundimos el amor a nuestros hijos con una sobreprotección que les idiotiza? ¿Tenemos tanto miedo de ser autoritarios que a la ausencia de límites la llamamos libertad y luego nos crecen los tiranos? Son preguntas que a padres y educadores nos rondan constantemente cuando observamos cómo nuestras buenas intenciones de facilitar la vida a los pequeños a veces se vuelven contra ellos mismos en forma de indolencia, apatía, intolerancia a la menor contrariedad o insatisfacción...

TEXTOS MAREA VERDE: UNHA ALTERNATIVA Ó LIBRO DE TEXTO EN PAPEL

A ANPA do CPI de Vedra non só impulsa un Banco de Libros que empezou con moi bo pé, tamén tenta que se busquen alternativas ao uso de libro de texto convencionais e así llelo manifestamos á Direción do colexio en diversas ocasións. Non é a nosa unha proposta orixinal nin utópica, sen ir máis lonxe, na Comunidade de Madrid un grupo de mestras e mestres decidiu elaborar os propios materiais que necesitan para dar clase, libros de texto dixitais, así o conta Nadia Saffouri, mestra de Lengua en Secundaria:

A EDUCACIÓN NON SE IMPÓN

Somos moitos os que pensamos que a LOMCE é unha lei que non resolve os problemas actuais da Educación en España e non a prepara, tampouco, para os retos do futuro. Unha lei que nace sen consenso ningún está condeada de antemán, e condéanos a todos a unha muda constante e desorientadora do marco normativo en materia educativa.
Federico Mayor Zaragoza (catedrático de Farmacia, ex-Rector da Universidade Complutense de Madrid, ex-Director Xeral da UNESCO, entre outras moitas ocupacións relacionadas coa Educación) fixo unha entrada para o seu blog, “Federico Mayor Zaragoza. La fuerza de la palabra”, que queremos compartir con todas e todos vós:

ASAMBLEA INFORMATIVA PARA PAIS E NAIS


FOLGA XERAL NO ENSINO

A continuación podedes ver un comunicado da Plataforma en Defensa do Ensino Público, na que estamos integrados e representados por CONFAPA-GALICIA, relacionado cos recortes e a LOMCE, a folga xeral no ensino do día 24 de outubro e tamén a información das manifestacións organizadas na Provincia.

Folga Xeral no ensino - Santiago de Compostela
Comunicado folga

COMUNICADO DE AMPLIACIÓN DAS DATAS DA CONSULTA CIDADÁ POLA EDUCACIÓN


MALALA YOUSAFZAI RECIBE O PREMIO SÁJAROV Á LIBERDADE DE CONCIENCIA

Mariam Khalique mestra no conflictivo distrito de Swat, en Pakistan, dicía nunha entrevista: 
“Recordo cando anunciaron na radio que as nenas non podían asistir á escola (así o decretaran os talibáns), pero a pesares daquelas ameazas moitas nenas seguiron a asistir ao colexio co apoio dos seus mestres que lles aconsellaron que deixaran os uniformes na casa e esconderan os cadernos baixo o velo” e apostilla: “Coñecemos a liberdade que nos daba a educación e vimos que esa liberdade nos facía máis fortes. Por iso nola querían quitar”.
Á nena paquistaní Malala estivo a piques de costarlle a vida defender unha educación universal a través do seu blog. Onte recibiu o premio que o Parlamento Europeo lle concede a aquelas persoas ou institucións que se destaquen na defensa da liberdade de conciencia, un galardón que debe servir para recordarnos que arredor de 250 millóns de nenas no mundo non poden ir á escola. 
Este é o discurso de Malala ante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, non o perdades, defender a educación universal é un deber ético de cada un de nós.


A PARÁBOLA DO XARDÍN DAS TUILERIES

Escribía John Kenneth Galbraith, economista canadense, no seu libro “Naciones ricas, naciones pobres”:
“Hai máis que dicir acerca do desenvolvemento cultural, e máis específicamente da educación, como requisito previo ao desenvolvemento económico [...] A educación non é un ben que o desenvolvemento económico produce; as vellas nacións industriais saben por experiencia que é a educación o que permite o desenvolvemento económico”. E engade noutro parágrafo: “A formación técnica non é o primeiro paso do desenvolvemento cultural. A educación xeral desempeña un papel aínda máis vital, ainda que non merece igual énfase moderno”. 
Mentras esas “vellas nacións industriais”, o saben, no noso país desprezamos a cultura e castigamos cada día a unha educación pública que, como dicía aquel bolero, segue: “perdida, sin rumbo y en el lodo”.
Convidámosvos a ver “A parábola do xardín das Tuileries” unha curtametraxe de animación que exemplifica esplendidamente porqué a cultura é rendible e está na base do desenvolvemento, polo menos noutros países.


"UN BISCOITO PARA JOSÉ MANUEL", O FROITO DA SOLIDARIEDADE

2050 euros, esa é a cifra acadada coa venda de biscoitos, e outros postres, na foliada organizada por “Raiolo” o pasado 5 de outubro dentro da campaña “Unha axuda para José Manuel”. Entre eses postres están os das 41 nais e pais que quixestes participar na campaña “Un biscoito para José Manuel” promovida pola nosa ANPA.

TALLER DE TEATRO

Xa está aberto o prazo de inscrición para todos aqueles que queirades participar na actividade de teatro ofertada pola ANPA un ano máis. Tedes toda a información necesaria para levar a cabo a inscrición no documento adxunto.


FOLIADA SOLIDARIA "TODOS CON JOSÉ MANUEL"

Lembrade que este sábado 5 de outubro ás 17:30 horas no campo da festa de Vedra celebrarase a Foliada Solidaria "Todos con José Manuel" organizada pola A.C.D. RAIOLO e a Coordinadora “Todos con José Manuel”. Participaran en dita foliada distintas persoaxes e grupos musicais, na que poderedes tamén degustar uns ricos biscoitos dos pais e nais de Vedra doados dentro da nosa campaña Un biscoito para José Manuel. Haberá tamén, carpa, hinchables para os cativos, sorteos, etc... Tedes máis información no cartel e no enlace situados debaixo destas liñas. 

ANIMÁDEVOS!!!



ENTRE MAESTROS

O documental "Entre maestros" explora o mundo da docencia, basándose na publicación dun libro que plantexa a motivación dos alumnos desde o propio autocoñecemento persoal; donde se promove que cada un levamos un mestre dentro.



UN BISCOITO PARA JOSÉ MANUEL

Con motivo da foliada do sábado 5 de outubro organizada pola Asociación Raiolo no campo da festa de Vedra para recadar fondos dentro da campaña Todos con José Manuel, a ANPA do CPI de Vedra queremos aportar o noso graniño de area. Para iso vamonos a encargar de organizar e elaborar biscoitos para poñer á venda na foliada dentro da campaña Un biscoito para José Manuel. Se queredes participar cos vosos doces tedes toda a información de como facelo debaixo desta liñas. ANÍMATE!!!

             
               Fontal
Traseira

O ENSINO E AS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

A capacidade de participar no currículo educativo dos nosos fillos na escola pública é simbólica e na práctica nula, pero non por iso nos imos a desanimar e a deixar de propoñer, cando menos, reflexións. Antes de esixirlle aos nosos fillos determinadas metas escolares, e aos seus mestres determinadas formas de ensinar, cremos moi interesante coñecer o que di Howard Gardner, profesor de Harvard, sobre o que debe ofrecerlle o sistema educativo ao alumnado:

ESCOLA DE FAMILIAS

O próximo venres 27 terá lugar outra sesión de Escola de Familias, nesta ocasión contamos coa participación de Manuel Rei, un prestixioso profesional da orientación educativa a nivel nacional. Sería bó que aproveitásemos todos e todas esta ocasión. A sesión celebrarase desta vez en Sta. Cruz, no centro Municipal de Formación (antiga estación de Sta. Cruz).


COMUNICADO DE INICIO DE CURSO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Comunicado de inicio de curso da Plataforma en Defensa do Ensino Público

A MOTIVACIÓN PARA APRENDER

Motivar aos nosos fillos e fillas para que se interesen pola formación e aprendan é un dos principais retos que debemos enfrontar as nais e pais e, por suposto, os seus mestres.
Daniel Pink é un dos máis reputados investigadores da motivación que hai no mundo, un gran divulgador tamén, e no seu libro “La sorprendente verdad sobre lo que nos motiva” explícanos moitas das claves da motivación e como acadala. A xeito de resumo, coa idea de despertar en todos nós as gañas de profundizar máis no tema, deixámosvos estes consellos contidos no seu libro.

OS PERIGOS DE INTERNET

"Hai anos que temos asumida a convivencia normal con Internet. No eido familiar e laboral a Rede de Redes descobre un mundo e información noutrora nunca visto. É a universalidade da cultura que chega a nós cunha simplicidade que non deixa de sorprendernos. A tecnoloxía avanza a ritmo frenético, non só os dispositivos resultan cada vez máis lixeiros e portables, senón que levamos literalmente no peto as redes sociais e xunto a elas gardamos nosos sinais de identidade, inxentes datos persoais e contactos dun sinfín de persoas achegadas e outras non tanto. Por moitas bondades e potencialidades que nos ofreza, Internet e todas as aplicacións derivadas da Rede, agocha riscos e perigos que de non ser enfrontados poden chegar a perturbar a nosa vida familiar, escolar e social."
Debaixo destas liñas ou no apartado DOCUMENTOS podedes ler un interesante cómic creado polo Valedor do Pobo que nos fala dos perigos de internet dentro do eido familiar dunha forma amena e para todos os públicos.


1º ENCONTRO DA COMUNIDADE EDUCATIVA E CAFÉ DE IDEAS

Dende o mesmo momento en que rematou o 1º Encontro da Comunidade Educativa, queriamos compartir con todos vós o que aconteceu no mesmo e especialmente os resultados das conversas mantidas no "Café de Ideas". Pensamos que todos os que puideron participar na experiencia saíron máis que satisfeitos, e esperamos que o resumo do Encontro e do "Café de Ideas" que agora vos achegamos sexa tamén do voso interese e continúe a motivar a reflexión e o coñecemento arredor do que somos e do que queremos ser como comunidade educativa. Para ler o resumo pinchade no seguinte enlace ou accedede ao apartado DOCUMENTOS.


LOTES NON RECOLLIDOS DO BANCO DE LIBROS

O próximo xoves 19 de setembro ás 19:30 horas integrantes da directiva da ANPA estaremos no comedor do CPI de Vedra entregando os lotes do Banco de Libros que non foron recollidos nas datas sinaladas para tal efecto. No caso de que ninguén reclame ditos lotes antes ou durante o horario de entrega dos mismos o xoves 19, darase a entender que dita persoa non está interesada nos libros e perdarán o dereito a recibilos no presente curso; quedando a formar parte dos remanentes do Banco de Libros para ser usados en vindeiros cursos.

RESUMO ACTIVIDADES ANPA 2012-13

Xa podedes ver na sección de DOCUMENTOS ou no enlace desta entrada o resumo de todo o que fixemos a ANPA "A Boca" neste pasado curso 2012-13. Gustarianos agradecer a todos os pais, nais, alumn@s, institucións e demáis colaborador@s todo o seu apoio e axuda para poder levar adiante todas as nosas ideas. Esperamos poder facer máis para o vindeiro curso co apoio de todos. MOITAS GRACIAS.


ENTREGA DE PRIMARIA DO BANCO DE LIBROS

Lembramos a todos os que solicitaron libros de Primaria ó Banco de Libros para o curso 2013-14, que faremos a entrega dos mesmos mañá venres 6 ás 20 horas no CPI de Vedra. Esperamos vervos a todos os que participáchedes na edición deste ano e ós interesados para ó ano que ben, xa que se fará unha pequeña charla explicando a experiencia deste primer ano de funcionamento e as melloras para o próximo curso.

LIBROS DE TEXTO: ONDE COMPRALOS?

"Dende 2007 o prezo dos libros de texto de ensino obrigatorio é libre. As diferenzas son contundentes e imponse comparar prezos antes de elixir, único xeito de non se levar sorpresas e recortar o gasto." 
No seguinte enlace podedes ler un estudio realizado pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) no que comparan prezos de distinto establecementos.

Libros de texto: ¿dónde comprarlos?

COMUNICADO ÓS AFECTADOS DO ACCIDENTE DE TREN

Conmocionados e fondamente apenados polo accidente de tren acontecido en Angrois, a ANPA do CPI de Vedra quere amosar con esta entrada no blog a súa solidarieade e afecto cara as familias das persoas que perderon a vida de xeito tan tráxico (nenos e mestres entre elas) e recoñecer o traballo dos veciños e veciñas, das forzas de rescate, do persoal sanitario e de cantos cidadáns prestaron a súa axuda dun ou doutro xeito.
Quédanos, agora, desexar a pronta recuperación dos feridos que permanecen hospitalizados e, nese senso, quixeramos lembrarlle aos nosos asociados e amizades que o seu sangue pode salvar vidas e continúa a ser necesario, se podedes, doade!


A ERA DA ESTUPIDEZ

Richard Heinberg, autor do libro “The party's over” (“Se acabó la fiesta. Guerra y colapso económico en el umbral del fin de la era del petróleo”, editado por Barrabés), afirma: “A civilización industrial non evoluciona, senón que consume rápidamente os requisitos físicos esenciais para a súa propia existencia. A curto prazo é insostible.”
E José Antonio Marina na súa obra “La inteligencia fracasada”, dinos: “[…] la sociedad industrial avanzada que está construyendo una economía que esquilma irreversiblemente la naturaleza, o que impone un sistema que hace incompatible la vida laboral y la vida familiar o una globalización que aumenta la brecha entre países pobres y ricos, son ejemplos de fracasos de la inteligencia compartida.”
"The age of stupid“ ("A era da estupidez") é un documental que fala diso e nos pon un espello diante que quizais non queiramos mirar. Moi ben realizado, é capaz de facernos reflexionar sobre as desastrosas consecuencias que o noso hiperconsumista estilo de vida provoca no planeta. Invitámosvos a velo porque esta ANPA ten, como sabedes, entre os seus principios fundamentais o de promover a responsabilidade medioambiental e o compromiso coa Terra dentro da súa comunidade. É moito o que hai que facer e é moito o que se pode facer para construir unha sociedade menos estúpida.


AVISO BANCO DE LIBROS

O venres da semán pasada quedou feito, definitivamente, o reparto e á asignación dos libros que en réxime de préstamo recibiredes todos aqueles que fixestes aportacións e solicitudes ao Banco de Libros. Só dúas familias, das 67 que solicitaban libros se quedarán este ano sen recibir libros en préstamo (a esas familias tamén lles será comunicada dita circunstancia).
Informámosvos, tamén, de que as cartas coas normas de préstamo e a lista de libros que recibiredes se están entregando no colexio xunto cos cheques para a compra de libros e material escolar que entrega a Consellería de Educación. Aqueles que non teñades que ir a retirar dito cheque tedes a opción de recoller a carta do banco de libros na conserxería do colexio, ou esperar a que vola entregue na casa o servizo de correos a partir do vindeiro xoves día 18.

MATERIAL COMPLEMENTARIO 2013-2014

Nestes enlaces podedes consultar o material complementario necesario para o curso que ven.


COMEDOR ESCOLAR 2013-2014


INFORMACIÓN SOBRE O BANCO DE LIBROS

A iniciativa de creación dun Banco de Libros para o curso 2013-2014, que levamos adiante en estreita colaboración co CPI de Vedra, estase desenvolvendo segundo o previsto. Neste senso, compre informar ás familias participantes que na semana do 7 ao 14 de xullo recibirán por e-mail ou por carta a lista completa e precisa dos libros que se lle entregarán a primeiros de setembro. 
Podemos anticipar, tamén, que as solicitudes dos cursos de primaria serán satisfeitas case no cento por cento, non acadándose esta excelente porcentaxe nos de secundaria a causa da súa decrecente participación. 
Gracias a todas e todos pola vosa colaboración.

AGASALLO FIN DE CURSO

Neste fin de curso agasallamos ao alumnado de primaria cun marcapáxinas feito pola ANPA e o libro recopilatorio "Na cociña con Cunqueiro", editado polo Consello da Cultura Galega, institución que tivo a xenerosidade de doárnolo. 
Agardamos que esta iniciativa, que esperamos repetir, sexa ben acollida polas familias xa que, como é sabido, esta asociación promoverá sempre, na medida das súas posibilidades, a lectura e o achegamento á cultura de toda a comunidade escolar.


O OURO DO TEMPO

Unha película rodada en Vedra polo director Xavier Bermúdez é o único filme de fala hispana que compite no prestixioso Festival Internacional Karlovy Vary. Dita película gravouse en distintos entornos de Vedra e na casa dun dos membros da directiva da ANPA "A Boca", Nin Calvo, e ca actuación dun dos actores galegos máis coñecidos e residente en Vedra, Manuel Cortés. Debaixo destas liñas podedes ver o trailer da película. Desexámoslle a Xavier e a todo o reparto do filme a mellor das sortes. Unha aperta dende a ANPA "A Boca".

Trailer

NOVO DISCO DA REQUINTA DA LAXEIRA

Todos os que estamos interesados en darlle a mellor formación aos nosos fillos e fillas, pensamos que a música é unha parte moi importante da mesma.
En Vedra segue medrando cada ano unha tradición musical que vén de lonxe, grazas á Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla, aos grupos de gaiteiros e requinteiros de varias parroquias, ás asociacións culturais que manteñen as súas agrupacións de música e baile tradicional e, máis preto no tempo, á Escola de Música de Vedra que achega ao noso concello a posibilidade de aprender a tocar instrumentos de menor raigame entre nós, como a guitarra, o violín ou o piano.
Por todo iso e porque a Requinta da Laxeira, integrada por alumnado e ex-alumnas e alumnos das nosas escolas públicas, acaba de sacar o seu novo disco, Maise, que agardamos teña tanto éxito como o anterior, manifestamos nesta pequena entrada do blog o noso recoñecemento ao tecido asociativo e ás persoas que loitan cada día pola cultura dos nosos fillos e fillas, pola esperanza deste país.


PORQUE VEN O VERÁN

Paco Nogueiras agasállanos con outro dos seus estupendos videos, desta vez dándolle a benvida ó recén chegado verán. Esperemos que vos guste e desfrutedes del bailando e cantando ó sol.
Unha vez máis, Paco, gracias por compartir o teu talento con todos nós.


DESPEDIDA DE DONA MARI

Jacqui, a nosa secretaria, entregoulle a Dona Mari, con motivo da súa xubilación, unha bandexa de Cerámica da Ulla chea de bombóns, durante un acto de fin de curso especialmente adicado a ela.
Desexámoslle a Dona Mari e todos os mestres e mestras que onte, por un motivo ou outro, se despediron do colexio de Vedra nun acto cheo de emoción e agarimo, o mellor para o seu futuro persoal e profesional.
Tamén felicitamos, moi sinceiramente, á equipa directiva e aos mestres e mestras que se volcaron na organización da festa de fin de curso, polo éxito da mesma e o traballo feito a prol da educación dos nosos fillos e fillas durante un curso no que non faltaron dificultades ás que enfrontarse. Parabéns!


CONCENTRACIÓNS EN TODA GALICIA CONTRA A LOMCE E OS RECORTES

A Plataforma en Defensa do Ensino Público, da que formamos parte a través de CONFAPA-GALICIA, convoca concentracións nas sete grandes cidades de Galicia contra a LOMCE e contra os recortes na Escola Pública, cando se inicia o trámite parlamentario desa contrarreforma inaceptable.

Estas concentracións serán o próximo día 27 de xuño:

 A Coruña                              Ferrol                                    Santiago
    

10 RAZÓNS PARA REXEITAR A LEI WERT

A través da CONFAPA-GALICIA cheganos un documento, consensuado entre o 30 de maio e o 13 de xuño cos distintos Grupos Parlamentarios do Congreso e Sindicatos, no que se expoñen as 10 razóns de máis peso polas que rexeitar a nova Lei Wert. Podedes ter acceso a dita lista na nosa sección de DOCUMENTOS.

 

ABORDAMOS AS REDES SOCIAIS!!!

A ANPA, nun intento de chegar a máis xente e de divulgar os seus contidos de forma máis ampla, proponse para o novo curso abordar as famosas redes sociais de Facebook e Twitter. Xa tedes á vosa disposición a nova páxina de Facebook e a recén estreada páxina de Twitter nas que iredes sendo informados dos novos contidos do blog da ANPA, ademáis de moitas outras cousas. Podedes acceder a elas e facervos seguidores dende os enlaces de "Páxinas de Interese" do panel da dereita do blog ou a partires dos seguintes enlaces:


SÍGUENOS!!!

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


Lugar da Asemblea

ESTATUTOS DA ANPA

Poñemos a vosa disposición, no apartado DOCUMENTOS, os novos Estatutos da ANPA "A Boca". Serán presentados na Asemblea Xeral do venres 14, para que si procede, sexan aprobados polos socios.

PROGRAMA "BANCO DE LIBROS"

A ANPA “A Boca” e o CPI Plurilingüe de Vedra poñen en funcionamento un Banco de Libros no centro co obxectivo básico de aliviar un pouco os gastos das familias, doando os libros que xa non se necesitan e recibindo a cambio outros usados.
No apartado DOCUMENTOS, está colgado o informe completo sobre esta iniciativa.

A REPÚBLICA DO GUNDIÁN

Este sábado e domingo por fin vé a luz o novo proxecto de Andaravía Teatro, da A. C. Papaventos; con guión e dirección de Carlos Santiago, e codirección de Pepe Penabade, nace "República de Gundián", un sainete futurista, en palabras do autor, que ofrece unha sátira política do momento actual na ficción dun futuro non moi lonxano.

ESCOLA DE FAMILIAS

Quinta reunión da Escola de Familias coa temática: "Obradoiro: prevención de consumo de drogas". Por razóns organizativas, prégase inscripción.


EN GALEGO MEU O MUNDO É!

Un novo video de Paco Nogueiras para festexar o Día das Letras Galegas.



QUÉ ESTÁ A PASAR NA ESCOLA PÚBLICA?

"¿Qué está pasando? ¿Es nuestra escuela pública, gratuita, laica y democrática?" Con este título, comenza un documento redactado pola CEAPA (Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos).
Podedes atopalo no apartado DOCUMENTOS.

ESCOLA DE FAMILIAS

Cuarta reunión da Escola de Familias coa temática: "Que facer o rematar a ESO?" (Saídas educativas e profesionais). Por razóns organizativas, prégase inscrición.


MANIFESTACIÓNS EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

A Plataforma en Defensa do Ensino Público na que se integra a CONFAPA-GALICIA, convoca manifestacións nas catro provincias galegas con motivo da Xornada de Folga Xeral no Ensino que esta plataforma ven de convocar para o día 9 de Maio.


NON Á LOMCE, NON AOS RECORTES

INVITAMOSVOS E DESEXAMOS CONTAR CON VOS NAS ACCIÓNS PREVIAS Á FOLGA XERAL DO 9 DE MAIO

¡¡¡EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO!!!: MÓVETE


ACOSO ESCOLAR

Xogar, aprender, descobrer, rir, compartir... son cousas de nenos, o acoso escolar non é cousas de nenos.
As escolas conscientes da diversidade do seu alumnado están atentas aos compoñentes emocionais dos seus membros, traballan a cooperación e o compromiso entre alumnos e recoñecen a valía persoal de cada un dos seus alumnos. Máis alá da competitividade e a busca exclusiva de bos resultados académicos, as devanditas escolas estarán prestas a crear ambientes de confianza e escoita ante os conflitos entre alumnos. As vítimas teñen que sentir que no seu medio escolar se lles apoia e que teñen dereito a comunicar a súa situación de indefensión. As escolas que traballan a amizade, o bo clima no grupo clase e a solidariedade e o respecto entre compañeiros terán mellores estratexias para previr as situacións de maltrato entre iguais.


Nos seguintes enlaces atoparedes valiosa infomación sobre o acoso escolar, coñecer é previr.

PREGUNTA PARA "O CAFÉ DE IDEAS"

O primerio “Café de Ideas” da ANPA do CPI de Vedra xirará arredor desta pregunta:

QUE PODEMOS APORTAR, AQUÍ E AGORA, PARA LOGRAR A MAIOR CALIDADE DO ENSINO PÚBLICO E POÑER OS PIARES DA EDUCACIÓN DO FUTURO?

Esperamos que sexa inspiradora, e que invite á participación e á acción, porque todos podemos reflexionar e opinar, e o ensino público merece todo o que lle poidamos aportar.

CREATIVIDADE, TENRURA E COMPROMISO COA TERRA...

...todo iso nos envía Paco Nogueiras, socio noso, nos seguintes videos e montaxes. Moitas Gracias.

O circo das bolboretas
A leción máis fermosa: “Canto maior é a loita, máis glorioso é o trunfo”



O vendedor de fume



Cos pés na terra
Video feito por Paco Nogueiras para o día da árbore


EN DEFENSA DOS COMEDORES ESCOLARES

A Plataforma en Defensa do Ensino Público, a que pertence a CONFAPA, da que somos membros a ANPA do CPI de Vedra, convoca unha concentración en Santiago de Compostela, o mércores 17 ás 16:30 horas.


CAFE DE IDEAS

Para os que queirades saber máis do que demos en chamar Café de Ideas:

“Crear un futuro positivo
comenza coa conversa
humana. A inversión máis simple
e máis poderosa que calquera
membro dunha comunidade ou
organización poida facer
para a renovación, é comenzar
a conversar con outra xente como
si as respostas importaran de verdade”


"COMO FAVORECER LA PARTICIPACIÓN DE LAS PERSONAS EN LAS ORGANIZACIONES"

TODO COMENZA HOXE

Desexamos que a película elexida para a proxección do venres 19, dentro das actividades propostas no 1º Encontro da Comunidade Educativa, sexa do voso agrado e nos invite a reflexión.


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS DO 1º ENCONTRO DA COMUNIDADE EDUCATIVA

Na sección "DOCUMENTOS" deste Blog, podedes atopar unha exposición dos motivos polo que se organiza este primeiro Encontro da Comunidade Educativa.
Así mesmo, tamen temos un documento importante, sobre a creación dun Fondo de Recursos Educativos para o CPI de Vedra.

1º ENCONTRO DA COMUNIDADE EDUCATIVA

1º Encontro da Comunidade Educativa
Vedra, 19 e 20 abril 2013
Educación Pública de calidade en tempos de crise
Aberto a todas as persoas interesadas na educación hoxendía: alumn@s, ex-alumn@s, profesor@s, familias, amigos e viciños.

PROTESTA CONTRA A LOMCE

Desde a ANPA informamos desta protesta que terá lugar en Santiago, para opoñerse a LOMCE e aos recortes no ensino.


ESCOLA DE FAMILIAS

Terceira reunión da Escola de Familias coa temática: "Obradoiro de Técnicas de estudo para pais e nais (como axudar os fillos e fillas no estudo". Por razóns organizativas, prégase inscrición.


BANCO DE ROUPA

Desde a ANPA do CPI de Vedra, estamos a traballar na creación dun banco de roupa, para recoller as prendas que xa non se necesitan nas casas, e darllas a quen as precise, a través dos servizos sociais do Concello de Vedra.
Coa colaboración do CPI de Vedra, farase unha recollida de roupa, no colexio, os días 10, 11 e 12 de abril. Colabora con nós!.



ENTREVISTA A JOSÉ ANTONIO MARINA EN EducaBarrié

Interesante entrevista na que o coñecido profesor di, entre outras moitas cousas, o seguinte:
“Todo niño debe tener el derecho de haber experimentado el éxito educativo alguna vez en su vida”.
“El sistema educativo español está estancado... Lo más urgente y rápido es mejorar la profesionalización de los equipos directivos; formar a los profesores en el trabajo colaborativo; flexibilizar y aumentar la autonomía del centro; y tener mejor relación con las familias, menos recelo mutuo...”.
“Tener un 30% de fracaso escolar es condenar a gran parte de nuestra juventud a llevar una vida muy precaria y eso no tiene porque ser así”.


PARTICIPACIÓN NO RevoLAV

A participación da ANPA no RevoLAV 2013 deu como resultado a recadación de 68,85 euros, grazas a venda de artigos recollidos no Nadal e que non se colocaran no "Rastrillo de 2ª man", e a novas doazóns de obxectos. Máis aló do beneficio económico, a Xunta Directiva da ANPA está moi contenta de ter participado na iniciativa dunha das asociacións (SENUNPESO), máis dinámicas do noso Concello e quere agradecerlle, de novo, ás familias que fixeron doazóns no pasado Nadal e a súa solidariedade.

ESCOLA DE FAMILIAS

Segunda reunión da Escola de Familias coa temática: "Hábitos saudables, educar en saúde". Por razóns organizativas, prégase inscrición.



A AUTOESTIMA

La preparación de los materiales para la “Universidad de padres” on line que he puesto en marcha (www.universidaddepadres.es) , me obliga a repasar la literatura pedagógica más actual. Lo que la Universidad pretende es que los padres sepan como ayudar a sus hijos para que adquieran los “recursos” fundamentales para la vida: intelectuales, afectivos y éticos. Se trata, en primer lugar, de identificar esos recursos, de conocer cuándo deben adquirirse y de qué manera puede favorecerse su adquisición. Desde Piaget, la evolución cognitiva del niño está muy bien estudiada, pero no así la evolución de los estilos emocionales, que van a facilitar u obstaculizar su desarrollo, su vida y su convivencia. Ni siquiera sabemos cuáles son los que deberían fomentarse. En algunos casos, el consenso es total. Todo el mundo está de acuerdo en que el miedo, la agresividad, el pesimismo, la indolencia, la impulsividad son malos hábitos. Pero en otros casos, no se da esa unanimidad. Así sucede, por ejemplo, con la “autoestima”. Se la suele considerar la condición de posibilidad de cualquier comportamiento adecuado. Aparece también como una excusa generalizada. “Es que no tiene autoestima”, es una afirmación que justifica cualquier cosa. Sin embargo, autores tan prestigiosos como William Damon o Martin Seligman advierten que la insistencia en la autoestima con independencia de los comportamientos, puede favorecer el narcisismo y la irresponsabilidad. Damon pone un ejemplo: “Los adolescentes que llevan a cabo los comportamientos antisociales más graves suelen dar en los tests una medida muy alta de autoestima”. 

ALTERNATIVAS Ó LIBRO DE TEXTO

La enseñanza ha de proponer una respuesta que es el deseo de aprender y aprender supone incorporar conocimientos que el sujeto considera útiles para su vida. Sólo si se crea en las aulas un ambiente de participación y un ambiente estimulante para incitar el aprendizaje, consideraremos exitosa la enseñanza. Para la creación de este ambiente existe toda la colección de recursos o técnicas de la pedagogía Freinet, las cuales hemos practicado y practicamos en las aulas. Estas técnicas abocan a la realización de unos principios, los cuales pueden resumirse en tres: I. la expresión libre del niño o la niña. 2. la cooperación y 3. la formación del espíritu crítico. Existen múltiples barreras para- la práctica de una clase "Freinet". los horarios marcados desde fuera, la "asignaturización" de los contenidos, la artificialidad discriminatoria de la evaluación, el libro de texto, etc. Hay que ser valientes o hay que formar parte activa de algún grupo de renovación pedagógica para ejercer una enseñanza alternativa. 

FRACASO E ABANDONO ESCOLAR EN ESPAÑA

La calidad del sistema educativo de un país no sólo es un indicador de los niveles de desarrollo y bienestar alcanzados, sino también venideros. No en vano, proveer una escolaridad universal que sea, además, capaz de estimular el desarrollo integral de niños y jóvenes, es un objetivo estratégico de primera magnitud en las naciones más avanzadas.

KEN ROBINSON: "ABRAN PASO Á REVOLUCIÓN EDUCATIVA!"

Nesta conmovedora e divertida continuación da súa afamada disertación do ano 2006, Sir Ken Robinson defende un cambio radical de escolas estandarizadas cara á educación personalizada: a creación de condicións nas que as aptitudes naturais dos nenos podan medrar.


KEN ROBINSON: "AS ESCOLAS MATAN A CREATIVIDADE"

Sir Ken Robinson defende de xeito entretido e profundamente conmovedor a creación dun sistema educativo que potencie (en vez de minar) a creatividade.


ACTIVIDADES DA SEMANA

Hoxe comeza o curso organizado pola ANPA "Descubrindo Internet", que imparte Abelardo Rendo no Centro Multimedia de Vedra. Durante as seguintes semanas, os pais e nais inscritos recibirán información gratuita para manexarse na rede.

COMUNICADO DA CONFAPA-GALICIA. ASUNTO: BANCO DE LIBROS

Comunicado do 21 de febreiro de 2013 da CONFAPA-GALICIA a todas as ANPAs federadas, no que se fala do banco de libros e as axudas destinadas para a súa adquisición.


EDUCAR PARA FABRICAR CIDADÁNS

Documental emitido no programa Redes, de Eduard Punset, que nos invita a reflexionar sobre o papel da educación na sociedade e na formación da personalidade dos nosos fillos e fillas. 

PARTE 1



PARTE 2


O SISTEMA EDUCATIVO É ANACRÓNICO

“A educación está reprimindo o talento de moitos estudiantes e está reprimindo a súa motivación para aprender” Ken Robinson. Merece moito a pena atender a esta entrevista que Eduard Punset lle fai a Ken Robinson, da que pensar.


CHICAS MALAS

Certos colectivos -mulleres, minorías sexuais, inmigrantes- son obxeto de distintas formas de violencia, sexa directa e/ou simbólica; o estigma e a marxinación son algúns dos seus resultados.


A NOVA FRONTEIRA EDUCATIVA

Reportaxe emitida na 2 de TVE moi interesante para coñecer a encrucillada na que se atopa a educación pública que coñecemos, as causas desta situación e as posibles consecuencias. Contén unha entrevista a José Antonio Marina. Se nos preocupa a educación dos nosos fillos e fillas, debemos saber que acontece no noso sistema educativo e este documental pódenos axudar a entendelo.


VIDEOXOGOS E REDES SOCIAIS NO INSTITUTO

Experiencias educativas que amosan o potencial dos videoxogos e as redes sociais para a aprendizaxe nas aulas.

OBRADOIRO DE INTERNET

Descubrindo Internet, é un curso para todas as persoas, que non tendo ningún coñecemento de informática ou internet, queren perderlle o medo os ordenadores e iniciarse neste apaixonante mundo.


MERCADILLO AUDIOVISUAL "RevoLav"

TROCO E COMPRA-VENDA AUDIOVISUAL

Dende a ANPA do CPI de Vedra, facemos un chamamento a todos os que queirades participar neste mercadillo audiovisual.

1º De xeito individual, se estás interesado en ter un espazo para ofrecer as tuas cousas, ponte en contacto coa asociación "Senunpeso" no mail moises@nocomun.es

2º De xeito colectivo, se tes cousas que se poden vender ou trocar, e non tes tempo para ir, ponte en contacto ca ANPA no mail anpacpivedra@gmail.com, temos posto propio. 

CHARLA USO SEGURO DE INTERNET

Charla sobre o uso seguro de Internet

O CPI de Vedra e a ANPA, convidavos a a unha charla para promover a Sociedade da Información, e formar as familias e ao profesorado no uso seguro das tecnoloxías da información entre os maís pequenos.

ESCOLA DE FAMILIAS


ESCOLA DE FAMILIAS

"Habilidades Parentais, ou cómo mellorar como pais e nais"
Por razóns organizativas, pregase inscripción.

NOVO RECURSO EDUCATIVO EN REDE

Desde a ANPA recomendamos esta nova revista gratuita: NATIVOS DIXITALES, dirixida a profesores/as, pero tamen a pais/nais e alumn@s, para crear un espazo de debate e información sobre a utilización que uns e outros facemos de Internet e as TIC.
Tedes o enlace no apartado RECURSOS EDUCATIVOS EN REDE
Esperamos que sexa do voso agrado.