NOVO DISCO DA REQUINTA DA LAXEIRA

Todos os que estamos interesados en darlle a mellor formación aos nosos fillos e fillas, pensamos que a música é unha parte moi importante da mesma.
En Vedra segue medrando cada ano unha tradición musical que vén de lonxe, grazas á Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla, aos grupos de gaiteiros e requinteiros de varias parroquias, ás asociacións culturais que manteñen as súas agrupacións de música e baile tradicional e, máis preto no tempo, á Escola de Música de Vedra que achega ao noso concello a posibilidade de aprender a tocar instrumentos de menor raigame entre nós, como a guitarra, o violín ou o piano.
Por todo iso e porque a Requinta da Laxeira, integrada por alumnado e ex-alumnas e alumnos das nosas escolas públicas, acaba de sacar o seu novo disco, Maise, que agardamos teña tanto éxito como o anterior, manifestamos nesta pequena entrada do blog o noso recoñecemento ao tecido asociativo e ás persoas que loitan cada día pola cultura dos nosos fillos e fillas, pola esperanza deste país.


No hay comentarios :

Publicar un comentario