MÁIS SOBRE A CONFERENCIA SOBRE LEGUMES


Antonio de Ron, da Misión Biolóxica de Galicia, participou no Vedra en ciencia 2017.

D. Antonio De Ron impartiu no Centro Social de Vedra unha conferencia a profesores e estudantes do Centro Público Integrado (CPI Plurilingüe de Vedra). Esta charla forma parte da programación que está a desenvolver o departamento de Educación do noso concello, no marco do programa Vedra en ciencia 2017.
Antonio de Ron é o investigador principal da Misión Biolóxica de Galicia. A Misión Biolóxica de Galicia é un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) adscrito a área de Ciencias Agrarias. Está situada na provincia de Pontevedra. Ocúpase dos principais cultivos desta rexión, abarcando diversos aspectos de conservación e caracterización de recursos filoxenéticos, mellora, xenética e resistencia a estrés do millo, a vide, a xudía, o chícharo e as básicas. 
Na Misión Biolóxica de Galicia crearon un banco de sementes, fan estudios básicos das legumes que migraron dende América e de como evolucionaron, dos cambios xenéticos que experimentaron en Europa para adaptarse a diferentes condicións e tamén algúns estudios sobre o valor nutritivo e culinario de variedades protexidas, como a faba de Lourenzá.
De Ron comezou, no ano 1987, a percorrer o noroeste da Península Ibérica, dende Asturias ao Norte de Portugal, recolectar sementes que se conservan na Misión Biolóxica formando unha base viva dalgúns cultivos que alimentaron a xeracións e xeracións de galegos.
Antonio de Ron, publicou o manual Grain Legumes (Leguminosas de Gran) coa editorial estadounidense Springer, un libro que recolle a situación da mellora xenética dos oito cultivos básicos de leguminosas de gran en todo o mundo. Manual que vai ser presentado o día 30 de marzo en Santiago de Compostela., na librería Couceiro (Praza de Cervantes, 6).
O profesor de investigacións do CSIC recórdanos que os legumes son unha parte moi importante da chamada dieta atlántica e que hai que potenciar o seu consumo. De Ron explica que o consumo de legumes está moi estendido nalgúns países “nos que o consumo de proteína non é moi diverso” como pode darse en Sudamérica, onde o feixón é básico na alimentación. En Europa, sen embargo, o consumo de proteínas vexetais perde espazo ante outras de orixe animal “grazas ao abaratamento do prezo do peixe e da carne”, indica. Esta tendencia invértese nos Estados Unidos onde hai un aumento de consumo de legumes que De Ron achaca a unha “maior presenza da comunidade hispana pero tamén aos beneficios que para a saúde xa que o consumo de legumes, por exemplo, evita a obesidade”. 
Na actualidade, a Misión Biolóxica de Galicia conta con 14 científicos de persoal e 8 investigadores postdoctorais, ademais de persoal de administración e persoal conexo á investigación, persoal en formación e traballadores eventuais. Os medios materiais con que opera consisten nunha leira de doce hectáreas con tres edificios principais e diversas construcións de servizos. A leira pertence á Deputación Provincial de Pontevedra, cedida á Misión Biolóxica de Galicia desde 1928. 
O seu financiamento provén dos orzamentos xerais do Estado, da Deputación Provincial de Pontevedra e de proxectos de investigación obtidos en convocatorias competitivas, tanto autonómicos, como nacionais e europeos.



CURSOS DE INFORMÁTICA DO CONCELLO DE VEDRA

EN ABRIL COMEZA A ÚLTIMA FASE DOS CURSOS DE INFORMÁTICA, organizados polo Concello de Vedra:
GRUPOS: 
INFORMÁTICA PARA A CATIVADA: os luns de 18.30 a 19.30 h
MECANOGRAFÍA CON TECLADO: os martes e xoves de 18.30 a 19.30 h.

** O prezo é de 10 € por curso e persoa.
** A actividade desenvolverase durante os meses de abril e maio. 
** Inscribete XA no teléfono 9818146 91

Fonte: Concello de Vedra

CONFERENCIA "OS LEGUMES" NO CPI DE VEDRA


Este martes, 28 de marzo, no Centro Social de Vedra, D. Antonio De Ron, investigador da Misión Biolóxica de Galicia, impartió unha conferencia a profesores e estudiantes do Centro Público Integrado (CPI Plurilingüe de Vedra). Esta charla forma parte da programación que está a desenvolver o departamento de Educación do concello vedrés, no marco do programa Vedra en ciencia 2017.


A Misión Biolóxica de Galicia é un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) adscrito a área de Ciencias Agrarias. Está situada na provincia de Pontevedra. Ocúpase dos principais cultivos desta rexión, abarcando diversos aspectos de conservación e caracterización de recursos fitoxenéticos, mellora, xenética e resistencia a estreses do millo, a vide, a xudía, o guisante e as brásicas.





Fonte: Concello de Vedra

XIII EDICIÓN DO PROXECTO KILÓMETROS DE SOLIDARIDADE

 UN ANO MÁIS O NOSO COLE PARTICIPA NO PROXECTO KILÓMETROS DE SOLIDARIDADE DE SAVE THE CHILDREN




POR QUÉ NOS NECESITAN?




CÓMO PODEMOS AXUDAR?




É MOI DOADO COLABORAR, SO TES QUE CUBRIR A FICHA INDICANDO O NOME DO PATROCINADOR E A SÚA APORTACIÓN




LEMBRA QUE CADA EURO CONTA, 
OS NENOS E NENAS DE ETIOPÍA NOS NECESITAN!

COLABORA!!!


LEMBRADE: HOXE REMATA O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar no DOG do 27 de Febreiro de 2017 a orde pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017.

Entrade na seguinte ligazón para ter acceso á información do procedemento



Prazo aberto dende o 28 de febreiro ata o 27 de marzo (incluído)

ALUMNOS DE SEXTO DE INFANTIL NO PAZO DE ORTIGUEIRA

A fonte da Coca, o carreiro das oliveiras, as camelias en flor, o paseo dos buxos, o ombú, as palmeiras Washingtonia, o estanque redondo, o estanque grande, a mesa e o banco de Jovellanos, a bóla do mundo, o muíño... Os nosos pequenos botánicos non deixaron recuncho sen explorar na súa visita ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla,
Máis info: https://goo.gl/gVM3On
(Fotos: ©María Munín)




















Fonte: Vedra Medra


FEIRA DA CIENCIA 2017

Xa só falta unha semana para celebrar "A FEIRA DA CIENCIA 2017"


O vindeiro domingo 2 de abril na Casa das Artes de Vedra a comunidade educativa e o público en xeral poderán gozar dunha tarde diferente... cos legumes como protagonistas.

Bótalle un ollo ao cartel... E RECORDA QUE AÍNDA ESTÁS A TEMPO DE PARTICIPAR!!!



 AVISO: Por cuestións organizativas "Os legumes nas cociñas do mundo", que estaba prevista para hoxe sabado 25 de marzo, estará incluída na programación da feira da ciencia!!

Fonte: Concello de Vedra

LEMBRADE ESTA FIN DE SEMANA CAMBIA A HORA!!!



ESTA FIN DE SEMANA "TEATROFILIA"


CENTRO SOCIAL DE VEDRA

Entrada: 3€/ Bono: 7€

25 DE MARZO DE 2017 EN TEO. FALAREDES "A GALIÑA AZUL"


25 de marzo,  as 18:00 h, no Auditorio Constante Liste deTeo

Adaptación teatral a cargo de Ubú Teatro da obra homónima de Carlos Casares

A galiña azul contén cinco historias entrelazadas que transmiten mensaxes tan importantes como a defensa da diversidade lingüística, a importancia das diferenzas ou a liberdade de expresión. Para iso, a compañía responsable da adaptación, Ubú Teatro, emprega diferentes técnicas, como a narración oral, a manipulación de monicreques ou o clown.
Cada familia asistente recibirá, ao finalizar a representación, un exemplar do libro de Carlos Casares A galiña azul en edición especial para a Rede de Dinamización Lingüística.

CHARLA PARA FAMILIAS: “APRENDIENDO A EDUCAR EN FAMILIA"


O APA O Forte e a Asociación de Nais e Pais Val do Ulla do CRA Boqueixón-Vedra, organizan o día 30 de marzo ás 19:00h. no salón de actos do CPI Antonio Orza Couto unha charla para familias orientada a aprender a educar en familia.

XORNADAS ARREDOR DO LIÑO " VESTINDO O PATRIMONIO VEDRÉS"


A vindeira semana, e máis concretamente o martes día 28 e o xoves día 30, o proxecto Vedra Medra deste CPI de Vedra, organiza varias actividades arredor do liño, que se celebrarán no Centro Social de Vedra, onde tamén se instalará unha exposición de útiles tradicionais.
A actividade do martes 28 leva por título "O fiadeiro: contar e cantar" e conta coa participación das Pandereteiras Silandeira de San Xián de Sales. E a do xoves 30 leva por título "Cal fiamos, tal andamos" que conta coa participación da Asociación Cultural Tamparrantán de Santo André de Vea.
Fonte: Páxina do CPI de Vedra

SERVICIO DE LUDOTECA

Mañán haberá servicio de Ludoteca, pero recollerán os nenos as 3, á hora da salida. Non levarán ós nenos as actividades.

En principio se suspenden as actividades fóra do colexio. Queda pendente de confirmación se se suspenden as actividades que se levan a cabo no cole: Axedrez, Música e Inglés.

Informámoslles en canto teñamos confirmación.

URXENTE: ALERTA METEOROLÓXICA POR NEVADAS

Segundo instrucións da Consellería de Educación, por ALERTA LARANXA METEOROLÓXICA por nevadas, SUSPÉNDESE O TRANSPORTE ESCOLAR desde as 12:00 horas do mércores día 22 ata as 12:00 horas do xoves 23 de marzo.
Polo tanto neste centro funcionará o transporte de entrada á hora habitual de mañá mércores, pero non haberá transporte escolar de regreso. O xoves non haberá transporte de entrada pero si de saída ás 17 horas.
Se vostedes deciden enviar aos seus fillos/as ao colexio, lembren que se responsabilizan de recollelos no centro á hora de saída do mércores ou de traelos o xoves pola mañá.
Ademais están suspendidas as actividades no exterior das instalacións escolares.
Pregamos fagan un seguimento das noticias nos medios de comunicación por se houbese algún cambio
Fonte: Páxina do CPI de Vedra

AVISO IMPORTANTE!!! ALERTA METEREOLÓXICA!!!



ALERTA METEOROLÓXICA

AVISO DE ÚLTIMA HORA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN:
Suspéndese o transporte escolar por alerta laranxa entre as 12:00 horas do día 22 de marzo e as 12:00 horas do día 23 de marzo.
Haberá transporte o día 22 de marzo de mañá para vir ao colexio pero non pola tarde para voltar ás casas.
O xoves 23 non haberá transporte pola mañá para vir ao colexio pero sí pola tarde para voltar ás casas.
Manterémosvos informados de calquer posible cambio.

Na listaxe de concellos incluídos en cada zona clímatica atópase Vedra.

Toda a información nesta ligazón:


http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/19479/debido-condicions-meteoroloxicas-suspendese-mana-pasado-parte-transporte-escolar

21 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

O "Día Mundial da Síndrome de Down" é un evento anual que se leva a cabo o 21 de Marzo. A data elixida non é casual, xa que o 21-3 (mes 3, día 21) lémbranos a triplicación do cromosoma 21, chamado comunmente "Síndrome de Down".

Con esta celebración, a Asemblea Xeral quere aumentar a conciencia pública e lembrar a dignidade inherente, a valía e as valiosas contribucións das persoas con discapacidade intelectual como promotores do benestar e da diversidade das súas comunidades. Tamén quere resaltar a importancia da súa autonomía e independencia individual, en particular a liberdade de tomar as súas propias decisións.

É unha xornada para concienciar da existencia e necesidades destas persoas, xa que aínda queda moito camiño por percorrer no recoñecemento por parte da sociedade.




ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRAXEIRAS 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar no DOG do 27 de Febreiro de 2017 a orde pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017.

Entrade na seguinte ligazón para ter acceso á información do procedemento

Prazo aberto dende o 28 de febreiro ata o 27 de marzo (incluído)

O CPI DE VEDRA GAÑADOR DA FASE DE ZONA DA LIGA GALEGA DE DEBATE

CLUB DE DEBATE do CPI Plurilingüe de Vedra resultou gañador na fase de zona da Liga Galega de Debate que se celebrou este mércores dia 15 de marzo no Pazo da Cultura de Carballo. Os debates estiveron centrados no tema de actualidade "Os deberes escolares son convenientes para a educación". Durante todo o día realizaron distintos debates ata o final entre dous equipos gañadores que se clasifican para a fase final a celebrar no mes de maio. O colexio de Vedra participou con dous equipos de cinco alumnos/as cada un: Lucía Fernández, Darío Balado, Abril García, Ana Campos, Luzía Mendez por un lado, e David Freire, María Vales, Cristina Santaya, Silvia Ferro e Milagros Angueira por outro, sendo este último o que resultou gañador. O responsable da preparación dos grupos foi o profesor de Lingua Castelá Marcos Taracido
O centro participou invitado polo Equipo de Dinamización Lingüística do Concello de Teo, ao que agradecemos este xesto, así como a colaboración e subvención aportada polo Concello de Vedra.


PARABÉNS David Freire, María Vales, Cristina Santaya, Silvia Ferro e Milagros Angueira, e ao profesor de Lingua Castelá Marcos Taracido

Fonte: Páxina do CPI de Vedra

90 ALUMNOS/AS DE ESO PARTICIPAN NO CANGURO MATEMÁTICO

Este xoves 16 de marzo preto de 90 alumnos/as de Educación Secundaria particparon na edición anual do Canguro Matemático, que pretende descubrir o talento e as habilidades matemáticas do alumnado.
Ver fotos +

Fonte: Páxina do CPI de Vedra

ESTA FIN DE SEMANA NON TE PERDAS...

HOXE VENRES 17 DE MARZO COMEZA TEATROFILIA 2017!!!


O SÁBADO 18 DE MARZO OBRADOIRO "HORTICULTURA DE LEGUMES!!!



XOVES 16 DE MARZO DE 2017. CHARLA "LEGUMES E SAÚDE"

HOXE XOVES 16 DE MARZO NO CENTRO SOCIAL DE VEDRA, AS 20:00 H, CHARLA "OS LEGUMES": BENEFICIOS PROPIEDADES E VALORES NUTRICIONAIS


BASES E FOLLA DE INSCRICIÓN VEDRA EN CIENCIA 2017

PRAZO DE PRESENTACIÓN AO CONCURSO, ABERTO ATA O 17 DE MARZO.

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS 31 DE MARZO.

FICHA DE INCRICIÓN E TODA A INFORMACIÓN NA SEGUINTE ENLACE:

http://concellodevedra.com/ficheiros/BASES%20E%20FOLLAS%20DE%20INSCRICION%20CIENCIA%202017%20.pdf


X XORNADAS DA CIENCIA E A TECNOLOXÍA 2017

ESTA SEMANA COMEZARON OS OBRADOIROS "OS LEGUMES" NO NOSO CENTRO.



RETIRADA DE TITULOS DE GRADUADO

Están a disposición na secretaría do centro para recollida os Títulos de Graduado en ESO e do antigo Graduado Escolar para alumnado que rematou estudos no 2015 e anteriores.
Pregamos pasen a retiralos persoalmente á maior brevidade.
Fonte: Páxina de CPI de Vedra

VEDRA MEDRA COS CATIVOS DE INFANTIL NO PAZO DE ORTIGUEIRA

Nesta pasada semana o proxecto Vedra Medra levou aos cativiños de Educación Infantil a visitar o Pazo de Ortigueira, "acompañados" polas mascotas do proxecto:TOPO, NIMO e NIMIA.
Se queres saber máis sobre a visita PREME AQUÍ.

VISITA Ó PAZO DE ORTIGUEIRA ALUMNOS/AS DE 6º DE INFANTIL

O venres 10 de marzo volveron de visita ao Pazo de Ortigueira os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil e ao rematar o itinerario que os levou polos seus maxestuosos xardíns, aproveitaron o bo tempo para xogar o pilla-pilla. Pero só un chisco porque xa o di o refrán:
"O sol de marzo queima as donas no pazo".
E hai que ter tino!
FONTE: VEDRA MEDRA

IMAXES DA CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER - 8 DE MARZO

O centro conmemorou o 8 de marzo o Día Internacional da Muller, sumándose ao clamor internacional en favor da igualdade e a non discriminación da muller.

FONTE: PÁXINA DO CPI DE VEDRA

SAÍDA AO PAZO DE ORTIGUEIRA. "VEDRA MEDRA"

Resultado de imaxes para pazo de ortigueira santa cruz de ribadulla

Continuando co Proxecto Vedra Medra, esta semana os nenos de Educación Infantil fixeron unha saída didáctica ao Pazo de Ortigueira, en Santa Cruz de Rivadulla, na que estudaron as súas edificacións e percorrerán os seus xardíns.

Datos participación FOLGA 9 DE MARZO



A participación na folga no día de hoxe no noso centro foi:

Profesorado: 60% . 25 docentes  de 41
Alumnos Infantil e Primaria: 73%. 161 alumnos de 218
ESO: 94% 120 alumnos de 127

O 81% do total dos alumnos do centro e o 60% dos mestres, Gracias a todos¡

Fonte: Dirección do centro (gracias polos datos)