Mostrando entradas con la etiqueta educación infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta educación infantil. Mostrar todas las entradas

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE PISCINA CURSO 2017/2018

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE PISCINA CURSO 2017/2018

Dende a ANPA do CPI Plurilingüe de Vedra temos o pracer de informar da próxima actividade extraescolar que dará comezo o vindeiro curso, pero que por razóns organizativas da propia piscina, se debe matricular o remate do presente curso, momento no que nos atopamos.

Grupo de idade os que se oferta : 4 – 12 anos (ámbolos dous incluídos)
Custo: 20€ a socios, e 23€ non socios. (prezo por trimestre)
Lugar: Piscina climatizada da Ramallosa, en Teo
Prazo de presentación de solicitudes: Socios do 3 a o 13 de maio, non socios do 14 a o 24 de maio, admisión por rigorosa orde de inscripcións, que serán atendidas no mail anpacpivedra@gmail.com


AVISO: Os nenos non poden comezar a actividade ata cumprir os 4 anos, se desexades matricular a un cativo que fai os 4 en novembro por exemplo, teriades que pagar o primero trimestre compreto (pola reserva de praza, pero ata o dia no que faga os 4 anos non pode acudir), isto son normas da piscina, nas que a ANPA non ten maneira de cambiar.

ANTONIO VÁZQUEZ UN MESTRE UNINDO Á PARROQUIA EN COS PÉS NA TERRA

"Non podedes preparar aos vosos alumnos para que constrúan mañán o mundo dos seus soños, se vos xa non credes neses soños; non podedes preparalos para a vida, se non credes nela; non poderiades amosar o camiño, se vos sentastes, cansados e desalentados na encrucillada dos camiños".
Celestin Freinet, autor deste parágrafo, estaría honrado de coñecer ao mestre de Sarandón porque coa súa entrega e a súa paixón logra xunguir os intereses das nenas e nenos cos da escola e o seu contexto, e preparaos para pensar por si mesmos e para soñar.
A nós non facía falla que nolo contaran na Televisión de Galicia, somos os seus alumnos e alumnas, os seus veciños e amigos, pero queremos que permanezan estas imaxes no noso blog como recoñecemento a un mestre.
No seguinte enlace podedes ver o programa integro a partires do minuto 34:00.


Educación infantil

    Estaría moi ben que os que coñezades sitios na rede con interese para a formación da comunidade educativa, especialmente dos nosos fillos, claro está, os achegarades a este blog para ilo enriquecendo entre todos. Agradecidos de antemán.
Agora deixámosvos o enlace a outra páxina que pode ser de interese para os pais con fillos máis pequenos. Guía infantil.  A educación dos máis pequenos