INICIACIÓN MUSICAL PARA EDUCACIÓN INFANTIL. ESCOLA DE MÚSICA DE VEDRA


PREINCRICIÓN PARA ESCOLA DE MÚSICA DE VEDRA CURSO 2017/2018


LEMBRADE...

ESTA SEMÁN REMATAN AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CONCELLO










CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2017 DEPUTACION DA CORUÑA



O Concello de Vedra ten adxudicado 3 prazas para o campamento deportivo de Verán 2017. Este campamento está destinado a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos, cumpridos neste ano 2017 e terá unha orientación deportiva, mediante a realización de actividades náuticas, equitación tenis, sendeirismo, fútbol, voleipraia, baloncesto,…
A estancia e manutención terá lugar nas instalacións do Centro Residencial Docente da Coruña, no Concello de Culleredo (rúa Salvador Allende,13) e a quenda que nos corresponde vai dende o 26/08/2017 ata o 01/09/2017.
A data límite para inscribirse remata o 17 de xuño, no caso de ter mais solicitudes que prazas concedidas realizaremos un sorteo publico ante o secretario do concello para adxudicar as prazas.
A cota de participación e de 85,00 euros por participante e o transporte dende a comarca, tanto de ida como de volta, non está incluído na oferta.
Máis información e inscricións no departamento de cultura e deportes: 981814691
FONTE: CONCELLO DE VEDRA

LISTA DE ADMITIDOS E EN RESERVA PARA A ACTIVIDADE DE PISCINA NO CURSO 2017/2018


ADMITIDOS
1. IREA SANÍN SEGADE
2. ADRIANA BARREIRO SANGIAO
3. MIGUEL CASTRO LOBATO
4. XOEL VILAS FERNÁNDEZ
5. ENRIQUE BERBÍA CANOSA
6. LARA HERMIDA ABONJO
7. ALBA DE LA FUENTE COLLAZO
8. MARA CANABAL
9. SAMUEL CORTÉS CALVO
10. LAURA RODRÍGUEZ PEILLET
11. XULIA RODRÍGUEZ PEILLET
12. ÍKER RODRÍGUEZ NÚÑEZ
13. ROI FEIJOO BARREIRO
14. MARTINA RODRÍGUEZ SUÁREZ (renuncia)
15. PABLO RODRÍGUEZ SUÁREZ (renuncia)
16. ANXO PÉREZ CORRAL
17. SERGIO PEREIRA TAIBO
18. MARÍA PEREIRA TAIBO
19. LUCÍA SENÍN
20. MARTÍN GONZÁLEZ MACEIRAS
21. MARÍA GARRIDO ROSENDE
22. YANIRA QUIAN VARELA
23. YLENIA QUIAN VARELA
24. YAILA QUIAN VARELA
25. PABLO FIGUEIRAS BARROS
26. MARÍA NODAR PICÓN
LISTA DE ESPERA


27. HUGO BARRAL FERREIRO
28. JACOBO OUBEL ESPIÑO
29. RAÚL VIGO ESTEVEZ

Os socios admitidos teñen de prazo ata o vindeiro 4 de Xuño para comunicar a súa preferencia no día, o resto de prazas serán repartidas por orde de reserva. A vindeira semana sairán os repartos dos días e comezaremos o proceso de matrícula.

12 prazas os Luns as 16.15
12 prazas os Mércores as 16.15

Grazas pola acollida.... e atentos as novas¡

OS NENOS DE VEDRA NA PRENSA

Os nenos de Vedra despiden ata o ano as distintas actividades extraescolares

Máis de 160 rapaces realizaron os cursos de informática, inglés, pintura ou xadrez

O ARTIGO COMPLETO NA SEGUINTE LIGAZÓN

OBRADOIRO DE VIDEOCREACIÓN. VEDRA MEDRA










Un dos obxectivos do obradoiro de videocreación "Aprendemos a contármonos!", que se desenvolveu entre o 18 de abril e o 18 de maio, era descubrirlles aos rapaces o audiovisual como unha ferramenta para preservar e difundir o noso patrimonio tanto material como inmaterial.
Pronto poderemos ver por aquí o resultado destes talleres nos que aprendemos o proceso creativo da mensaxe audiovisual da man de Sabela e Adriana, habitantes de Illa Bufarda. Moitas grazas!!

FONTE: VEDRA MEDRA

O PROXECTO VEDRA MEDRA NA PRENSA

Os escolares de Vedra coñecen de primeira man o seu patrimonio

Fixeron unha ruta histórica e artística, seguen coas lendas e descubriron o eido audiovisual


O ARTIGO COMPLETO NA SEGUINTE LIGAZÓN


CONVOCATORIAS: FONDO LIBROS, AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2017/2018

Publicada a Orde do 16 de maio de 2017, na que se convoca a participación nas axudas Fondo libros, as Axudas para adquirir libros de texto e Axudas para material escolar.

 Para calquera dúbida poden dirixirse á Secretaría do centro.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DO 23 DE MAIO AO 23 DE XUÑO
FONTE: PÁXINA DO CPI DE VEDRA

ESTA FIN DE SEMANA... 28 DE MAIO FESTA DA BICICLETA EN TROBE


TORNEO DE FIN DE CURSO DE XADRÉZ





ESTE MÉRCORES 24 DE MAIO DE 2017 DE 18 A 19:30 h, NO ANTIGO XULGADO DE VEDRA, CELEBROUSE O TORNEO DE FIN DE CURSO DE XADREZ.

AO FINALIZAR TÓDOLOS PARTICIPANTES CONSEGUIRON UN TROFEO CA PUNTUACIÓN ACADADA DURANTE TODO O CURSO.

PARABÉNS A TÓDOLOS PARTICIPANTES!!!

LEMBRADE...

MAÑÁ 25 DE MAIO NON HABERÁ CLASES POR SER FESTIVO LOCAL, DÍA DA ASCENSIÓN.

CONVOCATORIA FONDOS DE LIBROS, AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2017/2018

ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18

TODA A INFORMACIÓN E IMPRESOS NA SEGUINTE LIGAZÓN:


O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES SERÁ DO 23 DE MAIO AO 23 DE XUNIO DE 2017

HOXE ÚLTIMO DÍA PARA APUNTARSE Á ACTIVIDADE DE PISCINA


ENVÍANOS UN CORREO COS DATOS DOS NIÑOS/AS A
anpacpivedra@gmail.com

LEMBRADE QUE MAÑÁ REMATA O PRAZO PARA SOLICIATAR PRAZA NA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE PISCINA PARA O CURSO 2017/2018


Dende a ANPA do CPI Plurilingüe de Vedra convidámolos a participar na próxima actividade extraescolar que dará comezo o vindeiro curso, pero que por razóns organizativas da propia piscina, se debe matricular o remate do presente curso, momento no que nos atopamos.

Grupo de idade os que se oferta : 4 – 12 anos (ámbolos dous incluídos)

Custo: 20€ a socios, e 23€ non socios. (prezo por trimestre)

Lugar: Piscina climatizada da Ramallosa, en Teo

Prazo de presentación de solicitudes: Socios do 3 a o 13 de maio, non socios do 14 a o 24 de maio, admisión por rigorosa orde de inscripcións, que serán atendidas no mail anpacpivedra@gmail.com

AVISO: Os nenos non poden comezar a actividade ata cumprir os 4 anos, se desexades matricular a un cativo que fai os 4 en novembro por exemplo, teriades que pagar o primero trimestre compreto (pola reserva de praza, pero ata o dia no que faga os 4 anos non pode acudir), isto son normas da piscina, nas que a ANPA non ten maneira de cambiar.

HOXE VAN DE EXCURSIÓN A CAMELLE E LAXE OS ALUMNOS DE 1º DE ESO


OS ALUMNOS FARÁN UNHA ETAPA DA RUTA DOS FAROS QUE IRÁ DE CAMELLE A LAXE DUNS 12 Km.

DESPOIS TARDE DE PRAIA E DIVERSIÓN!!!




PASALO BEN RAPACES!!!


Visitando a Área de Interpretación dos Muíños. Vedra Medra


O muíño é unha das mostras de arquitectura popular que máis abonda na paisaxe galega e en Vedra Medra quixemos coñecer de preto esta construción.
Acudimos ata a Área de interpretación dos Muíños situada na parroquia de San Pedro de Vilanova e visitamos o conxunto etnográfico composto por 4 muíños de rodicio no curso do río de Merín.
Os alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º de educación primaria puideron acceder ao interior dos muíños e reproducir a moenda do gran, e tamén tiveron tempo para o xogo e a muiñada.
O valor que posuía o muíño no plano económico é evidente pero non podemos esquecer o seu importante papel nas relacións sociais da Vedra rural. No deseño desta saída quixemos que ambos os dous aspectos, traballo e lecer, estivesen presentes.

VEDRA EN CIENCIA EN IMAXES








PARABÉNS A TÓDOLOS PARTICIPANTES!!!





ALGUNHAS NAIS E AVOAS DO COLE FIXERON UNHA DEGUSTACIÓN DE PRATOS TÍPICOS DE BRASIL, VENEZUELA, MARROCOS, REINO UNIDO E XAPÓN ELABORADOS CON LEGUMES 


HOXE EN SAN MIGUEL DE SARANDON "SERÁN DAS LETRAS"


HOXE AS 19:30 NA TABERNA DO FERRADOR EN SAN MIGUEL DE SARANDON 
"CÁNTAROLAS PRA XENTE MIUDA
E AS 20:30 ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO "SERÁN DAS LETRAS"

EXCURSIÓN A MARCELLE EN IMAXES


NO BUS, DE PASEO, COMENDO...

TODO NAS SEGUINTES LIGAZÓNS




E DESPOIS DE TANTO TROULEAR HOUBO QUE DESCANSAR!!!



OS MÁIS PEQUENOS CELEBRARON O DÍA DA FAMILIA!!!


QUE CHULAS AS SÚAS CAMISETAS!!!

NON TE PERDAS TÓDALAS IMAXES NA SEGUINTE LIGAZÓN


CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Este martes 16 de maio, o CPI de Vedra sumouse ao festexo das Letras nunha sesión de festa e xogos.
A rapazada de educación infantil comezou con canto e baile. A peza elixida foi “Pingacho”.
A continuación, xa todo o alumnado de educación primaria e ESO e o profesorado, honrou a Carlos Casares interpretando, en primeiro termo, o himno galego.
Tamén se aproveitou esta xornada de celebración para entregar os premios do certame de declaracións de amor que convoca cada curso o Departamento de Lingua Galega para alumnos/as de ESO. Os gañadores foron, por categorías, Ángel Mouro e Lucía Castro (1.º ESO), Paula Vázquez e Abraham Raviña (3.º ESO) e Cristina Santalla (4.º ESO).
A xornada rematou cunha sesión de xogos tradicionais que todos os rapaces tiveron ocasión de practicar a súa destreza coa estornela, os bólos celtas, a corda, as chapas, o tres en raia…
Esta semana podemos contemplar, así mesmo, nos corredores do centro máis dun cento de fotografías das distintas actividades que se fixeron ao longo deste curso dentro do proxecto de dinamización Vedra Medra.
FONTE: PÁXINA DO CPI DE VEDRA

VEDRA MEDRA - VISITA Á AREA DE INTERPRETACIÓN DOS MUÍÑOS


Vedra medra achegouse nesta ocasión a unha das mostras de arquitectura popular que máis abonda na paisaxe galega, o muíño. Acudimos ata a Área de interpretación dos Muíños situada na parroquia de San Pedro de Vilanova e visitamos o conxunto etnográfico composto por 4 muíños de rodicio no curso do río de Merín.
FONTE: PÁXINA DO CPI DE VEDRA

Visita dos "PEQUES" ao Parque Zoolóxico de MARCELLE







O 16 de maio, as/os peques do noso centro 4º, 5º e 6º de INFANTIL (54 nenas/os) acompañados polas súas profes María A., María M., Merche e Paula, fixeron unha saída didáctica e festiva ao Parque zoolóxico de Marcelle (Lugo).
O día estivo fantástico en canto ao tempo e as/os nenas/os disfrutaron ao grande da xornada.
FONTE: PÁXINA DO CPI DE VEDRA