Visitando a Área de Interpretación dos Muíños. Vedra Medra


O muíño é unha das mostras de arquitectura popular que máis abonda na paisaxe galega e en Vedra Medra quixemos coñecer de preto esta construción.
Acudimos ata a Área de interpretación dos Muíños situada na parroquia de San Pedro de Vilanova e visitamos o conxunto etnográfico composto por 4 muíños de rodicio no curso do río de Merín.
Os alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º de educación primaria puideron acceder ao interior dos muíños e reproducir a moenda do gran, e tamén tiveron tempo para o xogo e a muiñada.
O valor que posuía o muíño no plano económico é evidente pero non podemos esquecer o seu importante papel nas relacións sociais da Vedra rural. No deseño desta saída quixemos que ambos os dous aspectos, traballo e lecer, estivesen presentes.

No hay comentarios :

Publicar un comentario