Actividades Letras Galegas 2017


Con motivo da celebración das Letras Galegas dedicadas este ano ao escritor Carlos Casares, Vedra acollerá a exposición: “AS CARAS DOS LIBROS” • Lugar: Biblioteca Municipal de Vedra. • Calendario : do 5 ao 12 de maio en horario de luns a venres de 16:00 a 19:00 h.
ACCIÓNS DE DINAMIZACIÓN DA LECTURA PARA TODA A FAMILIA, a través do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.



Venres 12 de maio ás 18:30 h. na Biblioteca Municipal de Vedra “Comechíns, segundo prato” unha actividade na que nos mergullaremos nun mundo imaxinario, no que as cativas e os cativos descubrirán como a lectura pode abrir o apetito... e sobre todo que cousas convén comer para saciar ese apetito!!


Martes 16 de maio ás 17:30 h. na Biblioteca Municipal de Vedra “Contos de Medo que deixan durmir” unha acción coa que aprenderemos a afrontar o medo, a rirnos del, a sacarlle proveito e a convertelo nunha porta cara un mundo cheo de aventuras e fantasía.

No hay comentarios :

Publicar un comentario