COÑECENDO SANTA CRUZ DE RIBADULLA, A PONTE ULLA E SAN MAMEDE. VEDRA MEDRA






















O Departamento de Historia, en colaboración co proxecto Vedra Medra, organizou un percorrido histórico-artístico polas parroquias de Santa Cruz de Ribadulla, A Ponte Ulla e San Mamede.
Desta vez, os participantes foron os/as alumnos/as de 3.º ESO, que guiados pola profesora Mónica Vilariño e a monitora Inés Ferradáns, foron observando o patrimonio monumental e a arte relixiosa presentes nas igrexas parroquiais.
A arquitectura señorial, ben representada no Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, e o patrimonio vexetal que atesoura o seu inmenso xardín centrou tamén o interese do alumnado na primeira parada do percorrido.
A continuación, na parroquia da Ponte Ulla o grupo visitou a igrexa parroquial e descubriu a cabeceira semicircular do século XII, o rosetón ou a pintura mural da Anunciación (s. XVI).
Finalmente, na igrexa de San Mamede Ribadulla agardaba unha ábsida de estilo románico (s. XII), o retablo maior barroco e unha pía bautismal de singular feitío.

FONTE: VEDRA MEDRA

No hay comentarios :

Publicar un comentario