Mostrando entradas con la etiqueta Convocatorias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Convocatorias. Mostrar todas las entradas

AVISO IMPORTANTE

Estimados socios e socias da ANPA.
Estimados país e nais de alumnos e alumnas.

Este pasado venres 4 de novembro, celebrouse na Casa do Antigo Xulgado de Vedra a Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as deste ano, á cal asistiron 2 socios/as dun total de 140 pais e nais que son socios/as desta ANPA. Debido á baixa asistencia presente decidiuse cancelar a Asemblea e pospoñela para este próximo venres 11 de novembro no mesmo lugar e á mesma hora (podedes ver a convocatoria ca orde do día debaixo destas liñas).

Como consecuencia deste feito ocorrido o pasado venres 4, e vendo a total falta de interese que suscita unha ANPA neste colexio por parte de toda a comunidade educativa, e analizando a nefasta capacidade de convocatoria conseguida nas actividades programadas, a Xunta Directiva da ANPA “A Bóca” do CPI Plurilingüe de Vedra resolve:


Rematado o mandato de dous anos da actual Xunta Directiva e debido á falta de vontade de proseguir nos seus cargos, se na Asemblea deste próximo venres 11 non se consigue constituír unha nova Xunta Directiva:

A Asociación será disolta por parte da actual Xunta Directiva á espera de que apareza un grupo de xente interesada en seguir adiante ou en caso contrario desaparecerá por completo a actividade de dita Asociación.


A 7 de novembro de 2016

A Xunta Directiva




ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Calquera persoa interesada en presentar unha candidatura para a Xunta Directiva da ANPA para os vindeiros dous anos pode facelo ata o próximo xoves día 3 de novembro ás 20:45 horas. As solicitudes remitiranse por correo electrónico á seguinte dirección: anpacpivedra@gmail.com.

CONVOCATORIAS DE INTERESE PARA NAIS E PAIS

A continuación pasámosvos un par de convocatorias que poden ser do voso interese:

1- ORDE do 31 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2016.

2- Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017.

Esperamos que vos sexan de utilidade.

NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

A Xunta volve a convocar axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16, que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a dita axuda, resultase excluído por unha causa emendable.

Prazo de solicitude: 11/11/2015-24/11/2015

ENLACES:
ORDE do 6 de novembro de 2015 (DOG)

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

A Xunta Directiva da ANPA “A Bóca” do CPI Plurilingüe de Vedra convoca a unha Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as coa seguinte

ORDE DO DÍA

1- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2- Lectura e aprobación, se procede, do estado de contas da ANPA.
3- Exame da memoria de actividades do curso anterior e aprobación, se procede, da xestión da Xunta Directiva.
4- Información e aprobación, se procede, do programa de actividades para o presente curso, e recollida de suxestións para o desenvolvemento destas e doutras que poidan ser solicitadas.
5- Acordo, se procede, sobre as cotas de socios/as para o presente curso.
6- Rogos e preguntas.

1º convocatoria: 20:30 hrs.
2º convocatoria: 20:45 hrs.
DATA: venres 25 de setembro de 2015.
Lugar: Casa do Antigo Xulgado de Vedra (fronte á farmacia de Vedra).

A Xunta Directiva


Lugar da Asemblea

ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS 2015-16

Como todos os anos o Concello de Vedra oferta o seu programa de actividades culturais e deportivas para esta nova tempada. Dende a ANPA A Bóca estamos totalmente comprometidos e concienciados ca cultura e o deporte, e máis aínda en idade escolar, e gustaríanos animarvos a que tanto nen@s como nais e pais participedes en ditas actividades.

O prazo de inscrición remata o día 30 deste mes de setembro.

Para as actividades culturais xa está o prazo aberto dende o día 10 deste mes e podedes formalizar a inscrición poñéndovos en contacto:

- A través do enderezo electrónico: cultura@concellodevedra.com.
- A través do teléfono 981 814 691.
- Ou no propio departamento de cultura.

Para inscribirse nas actividades deportivas teredes que agardar ata o día 22 de setembro e poderedes facelo no pavillón municipal.
 
Para máis información podedes revisar o programa completo no seguinte enlace:

AXUDAS E BANCOS DE LIBROS PARA O CURSO 2015-2016

Nos enlaces que tedes debaixo destas liñas podedes acceder a distinta información referente ás axudas para os libros de texto, ós Fondos Solidarios da Xunta e ós Bancos de Libros para este vindeiro curso.


PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Estimados pais e nais:
Achegamos ligazón do proceso de admisión do alumnado nos Centros Escolares sostidos con fondos públicos. O prazo de solicitude de praza é do día 1 ao 20 de marzo.

http://www.edu.xunta.es/web/node/14293


2ª CAMPAÑA CAPTACIÓN SOCI@S E SEGURO ESCOLAR

SÚMATE Á ANPA, cada PAI e cada NAI somos IMPRESCINDIBLES

- Ata o día 18 de decembro estará aberto o prazo de inscrición.
- Para facerte socia/o da ANPA "A BOCA" só tes que ingresar ou transferir 15 € (cota por curso e familia) ó número de conta de ABANCA ES93 2080 0320 2230 4000 2641, e entregar a ficha de inscrición que acompaña a esta comunicación, debidamente cuberta, na conserxería do colexio.
- No concepto de ingreso indicaremos: nome do proxenitor/cota 2014-2015.
- Se prefires pagar en efectivo porque o teu banco cobra polas transferencias, podes atoparnos o mércores 17 e o xoves 18 de decembro no local da ANPA do colexio, de 16:30 a 17:00, ideal para facelo antes de recoller os nenos.
- Se o desexas tamén podes contratar connosco o Seguro Escolar que ofertamos todos os anos por un precio de 13 euros por ano e alumno para soci@s e 15 euros para non soci@s. Dispoñedes das coberturas e demáis información sobre o seguro pinchando no seguinte enlace: Póliza Seguro Escolar.
- Cantos máis socios sexamos, máis recursos, ideas e proxectos pódense poñer en marcha dende a nosa asociación. Poderemos facer máis eventos educativos nos que coñecernos todos e integrar mellor a toda a comunidade educativa, pais e nais, docentes, alumnos e todo o colectivo que directa ou indirectamente colabora ou traballa no noso colexio.

INSCRICIÓN DE SOCI@S CURSO 2014-2015

O prazo para facerse soci@ da ANPA está aberto ata o día 15 de novembro de 2014. Faite soci@, respalda un proxecto serio e necesario!!

  • Para facilitar a comunicación fluída coas socias e socios, débese cubrir un formulario de inscrición. Estará a disposición dos interesados na conserxería do centro ou na pestana FAITE SOCI@ !!! deste blog. Entregarase, debidamente cuberto, na propia conserxería, ou a calquera dos/as integrantes da directiva.
  • O pago da cota, que segue a ser a mesma do curso pasado, 15€/familia, farase na seguinte conta: ES93 2080 0320 22 3040002641 (ABANCA).
  • No concepto de ingreso indicaremos: nome do proxenitor (o mesmo que se cubriu no formulario)/cota 2014-2015.
  • O prazo de inscrición remata o 15 de novembro.
  • Para tod@s os que queiran facer o pago en metálico, estaremos a vosa disposición todos os xoves, de 17.00 a 17.30, no local da ANPA (dende o 16 de outubro o 13 de novembro).

Gracias o tod@s por respaldar esta iniciativa.

AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte concede unhas axudas para alumnos con necesidade de apoio educativo. Para todos os que esteades interesados en solicitalas o prazo remata o 30 de setembro.
Tedes máis información no seguinte enlace:


Moita sorte!

SEGURO ESCOLAR 2013-2014

SEGURO ESCOLAR

A ANPA do CPI de Vedra informa a todas as nais e pais que está aberto o prazo para contratar o Seguro Escolar 2013-2014. 

As coberturas son as mesmas do ano pasado: 
  • Gastos sanitarios: ilimitados.
  • Rotura de gafas: 150€ por sinistro.
  • Gastos de estudo: cando o sinistro impide a asistencia por un periodo superior a un mes, 3000€.
  • Invalidez permanente: hasta 6.000€.
  • Deceso acidental: 4.500€.
A atención sanitaria prestarase na Clínica “La Rosaleda”, presentando a “Declaración de Accidentes Para Centros Escolares”, que será facilitada polo CPI. A compañía aseguradora é MAPFRE. 

O custo ANUAL por neno/a desta Póliza será de:
  • 10€ Socios ANPA.
  • 15€ Non Socios.
A data límite para contratar o seguro será a do 20 de decembro do 2013.

Requerimentos: 
  • cobrer unha ficha de inscrición que estará dispoñible na conserxería e/ou no Blog anpacpivedra.blogspot.com.es.
  • e ingresar o importe correspondente na conta bancaria da ANPA (NGB: ES93 2080 0320 22 3040002641).
Os nenos de 3º e 4º da ESO, xa teñen o seguro ao que obriga a Consellería de Educación, pero poden contratar a maiores este, se así o desexan. 

Para máis información, podedes chamar ao teléfono 646489813 (Luis Martínez).

URXENTE: MARCHA A MADRID CONTRA A LOMCE

Se queredes formar parte da "marea verde" que se manifestará contra a LOMCE o vindeiro sábado 30 de novembro polas rúas de Madrid, aínda estades a tempo de apuntarvos. Abride o pdf que vos axuntamos e informádevos mellor. O prazo para anotarse remata mañá ás sete e media da tarde. A folla de inscrición está no pdf axunto. Perdoade pola tardanza e o precipitado do asunto.



TALLER DE TEATRO

Xa está aberto o prazo de inscrición para todos aqueles que queirades participar na actividade de teatro ofertada pola ANPA un ano máis. Tedes toda a información necesaria para levar a cabo a inscrición no documento adxunto.


Asemblea Ordinaria o 18 de outubro de 2012

ANPA “A BOCA”

C.P.I. de Vedra


 
Asemblea Ordinaria
A xunta directiva da ANPA do CPI de Vedra convoca unha Asemblea Ordinaria de nais e pais coa seguinte orde do día