ASAMBLEA INFORMATIVA PARA PAIS E NAIS


FOLGA XERAL NO ENSINO

A continuación podedes ver un comunicado da Plataforma en Defensa do Ensino Público, na que estamos integrados e representados por CONFAPA-GALICIA, relacionado cos recortes e a LOMCE, a folga xeral no ensino do día 24 de outubro e tamén a información das manifestacións organizadas na Provincia.

Folga Xeral no ensino - Santiago de Compostela
Comunicado folga

COMUNICADO DE AMPLIACIÓN DAS DATAS DA CONSULTA CIDADÁ POLA EDUCACIÓN


MALALA YOUSAFZAI RECIBE O PREMIO SÁJAROV Á LIBERDADE DE CONCIENCIA

Mariam Khalique mestra no conflictivo distrito de Swat, en Pakistan, dicía nunha entrevista: 
“Recordo cando anunciaron na radio que as nenas non podían asistir á escola (así o decretaran os talibáns), pero a pesares daquelas ameazas moitas nenas seguiron a asistir ao colexio co apoio dos seus mestres que lles aconsellaron que deixaran os uniformes na casa e esconderan os cadernos baixo o velo” e apostilla: “Coñecemos a liberdade que nos daba a educación e vimos que esa liberdade nos facía máis fortes. Por iso nola querían quitar”.
Á nena paquistaní Malala estivo a piques de costarlle a vida defender unha educación universal a través do seu blog. Onte recibiu o premio que o Parlamento Europeo lle concede a aquelas persoas ou institucións que se destaquen na defensa da liberdade de conciencia, un galardón que debe servir para recordarnos que arredor de 250 millóns de nenas no mundo non poden ir á escola. 
Este é o discurso de Malala ante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, non o perdades, defender a educación universal é un deber ético de cada un de nós.


A PARÁBOLA DO XARDÍN DAS TUILERIES

Escribía John Kenneth Galbraith, economista canadense, no seu libro “Naciones ricas, naciones pobres”:
“Hai máis que dicir acerca do desenvolvemento cultural, e máis específicamente da educación, como requisito previo ao desenvolvemento económico [...] A educación non é un ben que o desenvolvemento económico produce; as vellas nacións industriais saben por experiencia que é a educación o que permite o desenvolvemento económico”. E engade noutro parágrafo: “A formación técnica non é o primeiro paso do desenvolvemento cultural. A educación xeral desempeña un papel aínda máis vital, ainda que non merece igual énfase moderno”. 
Mentras esas “vellas nacións industriais”, o saben, no noso país desprezamos a cultura e castigamos cada día a unha educación pública que, como dicía aquel bolero, segue: “perdida, sin rumbo y en el lodo”.
Convidámosvos a ver “A parábola do xardín das Tuileries” unha curtametraxe de animación que exemplifica esplendidamente porqué a cultura é rendible e está na base do desenvolvemento, polo menos noutros países.


"UN BISCOITO PARA JOSÉ MANUEL", O FROITO DA SOLIDARIEDADE

2050 euros, esa é a cifra acadada coa venda de biscoitos, e outros postres, na foliada organizada por “Raiolo” o pasado 5 de outubro dentro da campaña “Unha axuda para José Manuel”. Entre eses postres están os das 41 nais e pais que quixestes participar na campaña “Un biscoito para José Manuel” promovida pola nosa ANPA.

TALLER DE TEATRO

Xa está aberto o prazo de inscrición para todos aqueles que queirades participar na actividade de teatro ofertada pola ANPA un ano máis. Tedes toda a información necesaria para levar a cabo a inscrición no documento adxunto.


FOLIADA SOLIDARIA "TODOS CON JOSÉ MANUEL"

Lembrade que este sábado 5 de outubro ás 17:30 horas no campo da festa de Vedra celebrarase a Foliada Solidaria "Todos con José Manuel" organizada pola A.C.D. RAIOLO e a Coordinadora “Todos con José Manuel”. Participaran en dita foliada distintas persoaxes e grupos musicais, na que poderedes tamén degustar uns ricos biscoitos dos pais e nais de Vedra doados dentro da nosa campaña Un biscoito para José Manuel. Haberá tamén, carpa, hinchables para os cativos, sorteos, etc... Tedes máis información no cartel e no enlace situados debaixo destas liñas. 

ANIMÁDEVOS!!!