Mostrando entradas con la etiqueta LOMCE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LOMCE. Mostrar todas las entradas

CHARLA/COLOQUIO: APLICACIÓN DA LOMCE NA ESO

Como xa sabedes, hoxe estase a realizar a Proba de Avaliación Individual de Terceiro Curso de Ensino Primario imposta pola LOMCE. No senso deste tipo de probas e para máis información dos pais e nais que o desexen a CONFAPA-GALICIA está a levar a cabo unha serie de charlas informativas. Nesta ocasión convocannos a todos os pais e nais para falar do CURRICULO NA SECUNDARIA E BACHARELATO (itinerarios en 3º da ESO, Reválida de 4º da ESO e 2º de Bacharelato…). Actuarán como relatores Helena Gómez Vecino, presidenta de CONFAPA-GALICIA, e Jose M. Fuentes Fariña, en representación da Plataforma en Defensa do Ensino Público. O que pretenden é facer desta convocatoria un espazo informativo e participativo.

DÍA:   SÁBADO 30 DE MAIO.
HORA:   10:30 horas (duración aprox. de 2 horas).
LUGAR:   Sede da Federación Provincial, Rúa Orzán nº 21 da Coruña.

A LOMCE NON OBRIGARÁ AO CAMBIO DE LIBROS DE TEXTO O VINDEIRO CURSO

A presión da Plataforma pola Defensa do Ensino Público na que estamos integrados a través de CONFAPA-Galicia e os acordos tomados pola Consellería de Educación e Cultura facilitan moito a continuidade do Banco de Libros que esta ANPA, coa colaboración do CPI de Vedra, puxo en marcha o curso pasado. 

Como xa vos informamos na entrada anterior, o Consello Escolar do CPI de Vedra tamén aprobara unha resolución pedindo isto mesmo e a Xunta Directiva da ANPA valora moi positivamente dito acordo por dous motivos: 
  1. porque a pesar de que o texto aprobado finalmente non se corresponde na súa totalidade co proposto pola CONFAPA, identificámonos plenamente co seu contido e cremos que contribuiu á que a Consellería de Educación e Cultura tomase o acordo de non cambiar os libros de texto. 
  2. porque nos consta que o texto que se lle presentou ao centro para a súa aprobación no Consello Escolar foi amplamente estudado e debatido nos departamentos e no claustro do centro, e provocou unha reflexión seria nesa parte fundamental da nosa comunidade escolar, un feito que nos parece moi positivo. 
No seguinte enlace atoparedes información detallada:

Compre recordar, tamén, que esta ANPA, en colaboración co CPI de Vedra, continuará no vindeiro curso co Banco de Libros que xa se puxo en marcha -cremos que moi satisfactoriamente- no ano 2013, e que espera que este ano continúe a medrar coa colaboración de todas e todos.

CONFAPA-GALICIA PROMOVEU A CAMPAÑA CONTRA O CAMBIO DE LIBROS DE TEXTO QUE IMPLICABA A LOMCE

No marco da campaña iniciada pola Federación de ANPAS á que pertencemos, a ANPA do CPI de Vedra solicitou un Consello Escolar Extraordinario que tivo lugar o pasado 13 de marzo e no que se adoptaron as seguintes resolucións:


AS REVÁLIDAS NA LOMCE, OU COMO SEGREGAR O ALUMNADO

Xosé Ramos Rodríguez, membro de Nova Escola Galega, analiza no Patio das Ideas, o blog sobre educación de Praza Pública, as consecuencias que para o alumnado, o profesorado e o sistema educativo no seu conxunto terá o regreso dos exames de reválida ao final de cada etapa.