A LOMCE NON OBRIGARÁ AO CAMBIO DE LIBROS DE TEXTO O VINDEIRO CURSO

A presión da Plataforma pola Defensa do Ensino Público na que estamos integrados a través de CONFAPA-Galicia e os acordos tomados pola Consellería de Educación e Cultura facilitan moito a continuidade do Banco de Libros que esta ANPA, coa colaboración do CPI de Vedra, puxo en marcha o curso pasado. 

Como xa vos informamos na entrada anterior, o Consello Escolar do CPI de Vedra tamén aprobara unha resolución pedindo isto mesmo e a Xunta Directiva da ANPA valora moi positivamente dito acordo por dous motivos: 
  1. porque a pesar de que o texto aprobado finalmente non se corresponde na súa totalidade co proposto pola CONFAPA, identificámonos plenamente co seu contido e cremos que contribuiu á que a Consellería de Educación e Cultura tomase o acordo de non cambiar os libros de texto. 
  2. porque nos consta que o texto que se lle presentou ao centro para a súa aprobación no Consello Escolar foi amplamente estudado e debatido nos departamentos e no claustro do centro, e provocou unha reflexión seria nesa parte fundamental da nosa comunidade escolar, un feito que nos parece moi positivo. 
No seguinte enlace atoparedes información detallada:

Compre recordar, tamén, que esta ANPA, en colaboración co CPI de Vedra, continuará no vindeiro curso co Banco de Libros que xa se puxo en marcha -cremos que moi satisfactoriamente- no ano 2013, e que espera que este ano continúe a medrar coa colaboración de todas e todos.

No hay comentarios :

Publicar un comentario