TRES ACCIÓNS SINXELAS PARA MELLORAR A EDUCACIÓN: XOSÉ MANUEL DOPAZO EN TEDx

O TEDx é un programa de conferencias locais creado para difundir as ideas que merecen ser coñecidas, un espazo no que compartir abertamente diferentes puntos de vista, conforme se di na súa web. 
Os que asistimos ao 2º Encontro da Comunidade Educativa puidemos gozar coas ideas de Xosé Manuel Dopazo arredor do traballo por proxectos e da creatividade na educación, coa súa exposición clara, rigorosa e cargada de sentido común. Agora, presentámosvos a súa charla no TEDx, din os organizadores destas conferencias que provoca "unha reflexión acerca dos contidos dos debates sobre educación e conclúe con tres accións sinxelas que realmente mellorarían a educación". 
Tamén din que Xosé Manuel Dopazo é profesor de Lingua e Literatura e Director do IES Maruxa Mallo pero, para nós, é algo máis: é un exalumno deste Colexio Público de Vedra, un veciño e un amigo do que sentirse orgullosos. 
Polo moito que sabe de educación, e polo ben que o conta, aos da ANPA parécenos a mellor maneira de celebrar as 10.000 visitas ao noso blog porque, ademais, hai un mensaxe para nós, nais e pais.


No hay comentarios :

Publicar un comentario