O OURO DO TEMPO

Unha película rodada en Vedra polo director Xavier Bermúdez é o único filme de fala hispana que compite no prestixioso Festival Internacional Karlovy Vary. Dita película gravouse en distintos entornos de Vedra e na casa dun dos membros da directiva da ANPA "A Boca", Nin Calvo, e ca actuación dun dos actores galegos máis coñecidos e residente en Vedra, Manuel Cortés. Debaixo destas liñas podedes ver o trailer da película. Desexámoslle a Xavier e a todo o reparto do filme a mellor das sortes. Unha aperta dende a ANPA "A Boca".

Trailer

NOVO DISCO DA REQUINTA DA LAXEIRA

Todos os que estamos interesados en darlle a mellor formación aos nosos fillos e fillas, pensamos que a música é unha parte moi importante da mesma.
En Vedra segue medrando cada ano unha tradición musical que vén de lonxe, grazas á Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla, aos grupos de gaiteiros e requinteiros de varias parroquias, ás asociacións culturais que manteñen as súas agrupacións de música e baile tradicional e, máis preto no tempo, á Escola de Música de Vedra que achega ao noso concello a posibilidade de aprender a tocar instrumentos de menor raigame entre nós, como a guitarra, o violín ou o piano.
Por todo iso e porque a Requinta da Laxeira, integrada por alumnado e ex-alumnas e alumnos das nosas escolas públicas, acaba de sacar o seu novo disco, Maise, que agardamos teña tanto éxito como o anterior, manifestamos nesta pequena entrada do blog o noso recoñecemento ao tecido asociativo e ás persoas que loitan cada día pola cultura dos nosos fillos e fillas, pola esperanza deste país.


PORQUE VEN O VERÁN

Paco Nogueiras agasállanos con outro dos seus estupendos videos, desta vez dándolle a benvida ó recén chegado verán. Esperemos que vos guste e desfrutedes del bailando e cantando ó sol.
Unha vez máis, Paco, gracias por compartir o teu talento con todos nós.


DESPEDIDA DE DONA MARI

Jacqui, a nosa secretaria, entregoulle a Dona Mari, con motivo da súa xubilación, unha bandexa de Cerámica da Ulla chea de bombóns, durante un acto de fin de curso especialmente adicado a ela.
Desexámoslle a Dona Mari e todos os mestres e mestras que onte, por un motivo ou outro, se despediron do colexio de Vedra nun acto cheo de emoción e agarimo, o mellor para o seu futuro persoal e profesional.
Tamén felicitamos, moi sinceiramente, á equipa directiva e aos mestres e mestras que se volcaron na organización da festa de fin de curso, polo éxito da mesma e o traballo feito a prol da educación dos nosos fillos e fillas durante un curso no que non faltaron dificultades ás que enfrontarse. Parabéns!


CONCENTRACIÓNS EN TODA GALICIA CONTRA A LOMCE E OS RECORTES

A Plataforma en Defensa do Ensino Público, da que formamos parte a través de CONFAPA-GALICIA, convoca concentracións nas sete grandes cidades de Galicia contra a LOMCE e contra os recortes na Escola Pública, cando se inicia o trámite parlamentario desa contrarreforma inaceptable.

Estas concentracións serán o próximo día 27 de xuño:

 A Coruña                              Ferrol                                    Santiago
    

10 RAZÓNS PARA REXEITAR A LEI WERT

A través da CONFAPA-GALICIA cheganos un documento, consensuado entre o 30 de maio e o 13 de xuño cos distintos Grupos Parlamentarios do Congreso e Sindicatos, no que se expoñen as 10 razóns de máis peso polas que rexeitar a nova Lei Wert. Podedes ter acceso a dita lista na nosa sección de DOCUMENTOS.

 

ABORDAMOS AS REDES SOCIAIS!!!

A ANPA, nun intento de chegar a máis xente e de divulgar os seus contidos de forma máis ampla, proponse para o novo curso abordar as famosas redes sociais de Facebook e Twitter. Xa tedes á vosa disposición a nova páxina de Facebook e a recén estreada páxina de Twitter nas que iredes sendo informados dos novos contidos do blog da ANPA, ademáis de moitas outras cousas. Podedes acceder a elas e facervos seguidores dende os enlaces de "Páxinas de Interese" do panel da dereita do blog ou a partires dos seguintes enlaces:


SÍGUENOS!!!

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


Lugar da Asemblea

ESTATUTOS DA ANPA

Poñemos a vosa disposición, no apartado DOCUMENTOS, os novos Estatutos da ANPA "A Boca". Serán presentados na Asemblea Xeral do venres 14, para que si procede, sexan aprobados polos socios.

PROGRAMA "BANCO DE LIBROS"

A ANPA “A Boca” e o CPI Plurilingüe de Vedra poñen en funcionamento un Banco de Libros no centro co obxectivo básico de aliviar un pouco os gastos das familias, doando os libros que xa non se necesitan e recibindo a cambio outros usados.
No apartado DOCUMENTOS, está colgado o informe completo sobre esta iniciativa.