Mostrando entradas con la etiqueta Banco de Libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Banco de Libros. Mostrar todas las entradas

RESOLUCIÓN BANCO DE LIBROS 2015-2016

Xa está á vosa disposición a Resolución do Banco de Libros da ANPA-CPI 2015-2016 na que poderedes consultar os libros que se vos concederon para o vindeiro curso. Para acceder ó documento pincha no seguinte enlace:


Tamén nos gustaría pedir desculpas por non cumprir co acordo de mandar unha carta ás casas na primeira quincena de xullo ca resolución, pero por circunstancias alleas á ANPA non nos foi posible cumprir os prazos e mandar dita carta. Unha vez máis pedimos desculpas e intentaremos contactar con todos a todas vós por email ou por teléfono.

Para máis información podedes chamar ó teléfono 693428017 e consultar a páxina do CPI de Vedra.

Moitas grazas e estamos á vosa disposición.

RECORDATORIO: BANCO DE LIBROS 2015-2016

Lembrade que tedes ata este venres 26 para devolver os libros que recivistes do Banco de Libro da ANPA para o curso 2014-2015. Do mesmo xeito tedes ata ese mesmo día para doar os libros que consideredes e para entregar as fichas de Libros en Préstamo para solicitar os libros que queirades para este próximo curso.
Agradecemos a todos os pais e nais que estades a participar nesta edición do Banco de Libros e esperamos facelo do mellor xeito posible para que cheguen o maior número de libros para a maioría das familias.
MOITAS GRAZAS A TOD@S.

BANCO DE LIBROS 2015-2016

Nos dous últimos cursos, moitas familias beneficiáronse do préstamo gratuíto de libros de texto grazas a súa colaboración e participación no Banco de Libros posto en marcha pola ANPA “A Boca” e o CPI Plurilingüe de Vedra. 

Vistas as condicións que presenta o “Fondo Solidario” creado pola Consellería de Educación, que non chegará a todas as familias, a directiva da ANPA “A Boca” acordou, de acordo coa postura da Federación de ANPAS, continuar co mesmo sistema iniciado xa fai dous cursos, “BANCO DE LIBROS ANPA-CPI” para dar cobertura aos cursos e situacións que non cobre o Fondo Solidario da Xunta. Funcionará de forma paralela e independente deste. 

O obxectivo é a redución dos gastos para as familias e ao mesmo tempo fomentar os valores de solidariedade, consumo responsable e coidado do material. Polo que animamos a todas as familias a participar neste proxecto. 


A) DEVOLUCIÓN DOS LIBROS POLOS USUARIOS DO ACTUAL BANCO DE LIBROS

Antes do final do curso, revisarán todos os libros que lles foron prestados, comprobando o bo estado para a súa devolución, debendo ser completamente lexible (nin pintado, nin manchado), en bo estado de conservación (sen follas soltas) e íntegro (con tódalas páxinas e anexos). 

DEVOLUCIÓN: Os libros devolveranse nas propias clases metidos nunha bolsa co nome do alumno, co control do secretario do centro e un membro da ANPA, segundo a ficha de préstamo. Día de entrega: 18 de xuño (Primaria) e 19 de xuño (Secundaria)
(Os alumnos de Secundaria que necesiten algún libro para estudar durante o verán, solicitarán retrasar a entrega do mesmo ata o día 4 de setembro. O resto do lote deberá entregarse). 

A falta de entrega dos libros ou a entrega non conforme ás normas de conservación suporá o pago do valor de reposición dos libros. No caso de non facer fronte ao valor de reposición dos libros quedará excluído do programa de banco de libros


B) DOAZÓNS

- Poden doarse soamente os libros do curso que acaban de rematar, para os niveis desde 3º de Primaria a 4º de ESO. 

- Aceptaranse os libros de texto que continúen vixentes para o vindeiro curso 2015-16. A lista poderá consultarse na páxina web do centro: www.edu.xunta.es/centros/cpidevedra ou na secretaría do mesmo. 
Nota importante: Os alumnos que acaban 4º de ESO este curso e continúen estudos nos IES de Pontepedriña ou Sar se doan os seus libros no CPI de Vedra, recibirán un certificado de doazón que lles pode dar dereito a recibir libros dos Banco de Libros dos institutos de Pontepedriña e Sar. 

- Os libros doados entregaranse na clase o día 18 de xuño en Primaria e o 19 de xuño en Secundaria, por lotes completos metidos nunha bolsa, cunha lista dos mesmos (Ficha Doazón).
Tamén se poderán entregar en conserxería despois desas datas, pero sempre dentro do prazo límite do día 26 de xuño.
(Os alumnos de Secundaria que necesiten algún libro para estudar durante o verán, solicitarán retrasar a entrega do mesmo ata o día 4 de setembro. O resto do lote deberá entregarse en xuño) 


C) SOLICITUDES 

- Os alumnos solicitarán os libros do curso que van a cursar (desde 3º de Primaria a 4º de ESO). 

- Non é requisito ser doante para poder solicitar libros en préstamo, pero no caso de ter máis solicitudes que existencias, as familias doadoras terán preferencia sobre as demais. 

- Os alumnos que acaban 2º de Primaria non poden doar os seus libros (por as características dese material) pero si poden solicitar os libros de 3º de Primaria. 

- O prazo para entregar as solicitudes remata o día 26 de xuño, e despois deste día NON se aceptarán NIN doazóns NIN solicitudes de préstamo


D) PRÉSTAMOS 

- Tendo en conta as doazóns e as solicitudes entregadas, repartiranse os libros facendo unha distribución equitativa entre todas as familias doantes.

- Despois dese primeiro reparto, os libros restantes serán repartidos entre as familias non doantes

- Na primeira quincena de xullo, comunicaranse as familias, por correo, os libros que se lles emprestarán, para que poidan adquirir o resto. 

- Os libros entregaranse aos alumnos no primeiro día de clase en setembro. 


Vedra, 9 de xuño de 2015


Podedes descargar os impresos necesario para o Banco de Libros para o curso 2015-2016 debaixo destas liñas pinchando nas seguintes ligazóns:


AXUDAS E BANCOS DE LIBROS PARA O CURSO 2015-2016

Nos enlaces que tedes debaixo destas liñas podedes acceder a distinta información referente ás axudas para os libros de texto, ós Fondos Solidarios da Xunta e ós Bancos de Libros para este vindeiro curso.


A LOMCE NON OBRIGARÁ AO CAMBIO DE LIBROS DE TEXTO O VINDEIRO CURSO

A presión da Plataforma pola Defensa do Ensino Público na que estamos integrados a través de CONFAPA-Galicia e os acordos tomados pola Consellería de Educación e Cultura facilitan moito a continuidade do Banco de Libros que esta ANPA, coa colaboración do CPI de Vedra, puxo en marcha o curso pasado. 

Como xa vos informamos na entrada anterior, o Consello Escolar do CPI de Vedra tamén aprobara unha resolución pedindo isto mesmo e a Xunta Directiva da ANPA valora moi positivamente dito acordo por dous motivos: 
  1. porque a pesar de que o texto aprobado finalmente non se corresponde na súa totalidade co proposto pola CONFAPA, identificámonos plenamente co seu contido e cremos que contribuiu á que a Consellería de Educación e Cultura tomase o acordo de non cambiar os libros de texto. 
  2. porque nos consta que o texto que se lle presentou ao centro para a súa aprobación no Consello Escolar foi amplamente estudado e debatido nos departamentos e no claustro do centro, e provocou unha reflexión seria nesa parte fundamental da nosa comunidade escolar, un feito que nos parece moi positivo. 
No seguinte enlace atoparedes información detallada:

Compre recordar, tamén, que esta ANPA, en colaboración co CPI de Vedra, continuará no vindeiro curso co Banco de Libros que xa se puxo en marcha -cremos que moi satisfactoriamente- no ano 2013, e que espera que este ano continúe a medrar coa colaboración de todas e todos.

CONFAPA-GALICIA PROMOVEU A CAMPAÑA CONTRA O CAMBIO DE LIBROS DE TEXTO QUE IMPLICABA A LOMCE

No marco da campaña iniciada pola Federación de ANPAS á que pertencemos, a ANPA do CPI de Vedra solicitou un Consello Escolar Extraordinario que tivo lugar o pasado 13 de marzo e no que se adoptaron as seguintes resolucións:


LOTES NON RECOLLIDOS DO BANCO DE LIBROS

O próximo xoves 19 de setembro ás 19:30 horas integrantes da directiva da ANPA estaremos no comedor do CPI de Vedra entregando os lotes do Banco de Libros que non foron recollidos nas datas sinaladas para tal efecto. No caso de que ninguén reclame ditos lotes antes ou durante o horario de entrega dos mismos o xoves 19, darase a entender que dita persoa non está interesada nos libros e perdarán o dereito a recibilos no presente curso; quedando a formar parte dos remanentes do Banco de Libros para ser usados en vindeiros cursos.

ENTREGA DE PRIMARIA DO BANCO DE LIBROS

Lembramos a todos os que solicitaron libros de Primaria ó Banco de Libros para o curso 2013-14, que faremos a entrega dos mesmos mañá venres 6 ás 20 horas no CPI de Vedra. Esperamos vervos a todos os que participáchedes na edición deste ano e ós interesados para ó ano que ben, xa que se fará unha pequeña charla explicando a experiencia deste primer ano de funcionamento e as melloras para o próximo curso.

AVISO BANCO DE LIBROS

O venres da semán pasada quedou feito, definitivamente, o reparto e á asignación dos libros que en réxime de préstamo recibiredes todos aqueles que fixestes aportacións e solicitudes ao Banco de Libros. Só dúas familias, das 67 que solicitaban libros se quedarán este ano sen recibir libros en préstamo (a esas familias tamén lles será comunicada dita circunstancia).
Informámosvos, tamén, de que as cartas coas normas de préstamo e a lista de libros que recibiredes se están entregando no colexio xunto cos cheques para a compra de libros e material escolar que entrega a Consellería de Educación. Aqueles que non teñades que ir a retirar dito cheque tedes a opción de recoller a carta do banco de libros na conserxería do colexio, ou esperar a que vola entregue na casa o servizo de correos a partir do vindeiro xoves día 18.

INFORMACIÓN SOBRE O BANCO DE LIBROS

A iniciativa de creación dun Banco de Libros para o curso 2013-2014, que levamos adiante en estreita colaboración co CPI de Vedra, estase desenvolvendo segundo o previsto. Neste senso, compre informar ás familias participantes que na semana do 7 ao 14 de xullo recibirán por e-mail ou por carta a lista completa e precisa dos libros que se lle entregarán a primeiros de setembro. 
Podemos anticipar, tamén, que as solicitudes dos cursos de primaria serán satisfeitas case no cento por cento, non acadándose esta excelente porcentaxe nos de secundaria a causa da súa decrecente participación. 
Gracias a todas e todos pola vosa colaboración.

PROGRAMA "BANCO DE LIBROS"

A ANPA “A Boca” e o CPI Plurilingüe de Vedra poñen en funcionamento un Banco de Libros no centro co obxectivo básico de aliviar un pouco os gastos das familias, doando os libros que xa non se necesitan e recibindo a cambio outros usados.
No apartado DOCUMENTOS, está colgado o informe completo sobre esta iniciativa.

COMUNICADO DA CONFAPA-GALICIA. ASUNTO: BANCO DE LIBROS

Comunicado do 21 de febreiro de 2013 da CONFAPA-GALICIA a todas as ANPAs federadas, no que se fala do banco de libros e as axudas destinadas para a súa adquisición.


Borrador do Regulamento do Banco de Libros

Despois duns días de traballo en equipo, podemos presentar este Borrador do Regulamento do Banco de Libros, a súa aprobación ou modificación, debatirase na asemblea ordinaria do 18 de outubro. Dámoslle as gracias ao grupo de traballo que o estivo elaborando, e esperamos que cumpla coas expectativas que moitos de nós temos depositado na creación deste sistema de préstamo.

Acordo da ANPA sobre os libros de texto

Este é o texo íntegro do acordo que tomou, en asemblea extraordinaria, a ANPA do CPI de Vedra para que lle fora enviado aos sindicatos, á CONFAPA-GALICIA e ao Consello Escolar do CPI de Vedra. A dito acordo chegouse despois dunha detida reflexión sobre o uso dos libros de texto no sistema educativo e do papel, non sempre claro, que xogan as editorais neste escenario.