O ENSINO E AS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

A capacidade de participar no currículo educativo dos nosos fillos na escola pública é simbólica e na práctica nula, pero non por iso nos imos a desanimar e a deixar de propoñer, cando menos, reflexións. Antes de esixirlle aos nosos fillos determinadas metas escolares, e aos seus mestres determinadas formas de ensinar, cremos moi interesante coñecer o que di Howard Gardner, profesor de Harvard, sobre o que debe ofrecerlle o sistema educativo ao alumnado:

Chegou o momento de ampliar a nosa noción de talento. A contribución máis evidente que o sistema educativo pode facer polo desenvolvemento do neno consiste en axudarlle a atopar una parcela na que as súas facultades persoais poidan aproveitarse plenamente e na que se sintan satisfeitos e preparados. Sen embargo, perdemos completamente de vista este obxectivo e, en troques, constrexemos por igual a todas as persoas a un estilo educativo que, no mellor dos casos, proporcionaralles unha excelente educación para converterse en profesores universitarios. E nos dedicamos a evaluar a traxectoria vital dunha persoa en función do seu grao de axuste a un modelo de éxito estreito e preconcibido. Debiamos invertir menos tempo en clasificar aos nenos e axudarlles máis a identificar e a cultivar as súas habilidades e os seus dons naturais. Existen miles de formas de acadar o éxito e multitude de habilidades diferentes que poden axudarnos a conquerilos.

Unha entrevista de Eduard Punset a Gardner a propósito deste tema poñémola á vosa disposición nesta entrada.

Tamén vos pode interesar o estudio Las inteligencias múltiples en la escuela que podedes ver
no seguinte enlace.


1 comentario :

Unknown dijo...

Moi interesante reflexión: é a clave dun ensino realmente para tod@s

Publicar un comentario