Motivar aos nosos fillos e fillas para que se interesen pola formación e aprendan é un dos principais retos que debemos enfrontar as nais e pais e, por suposto, os seus mestres.
Daniel Pink é un dos máis reputados investigadores da motivación que hai no mundo, un gran divulgador tamén, e no seu libro “La sorprendente verdad sobre lo que nos motiva” explícanos moitas das claves da motivación e como acadala. A xeito de resumo, coa idea de despertar en todos nós as gañas de profundizar máis no tema, deixámosvos estes consellos contidos no seu libro.
Consellos ás familias e docentes para estimular nos nenos e nenas as gañas de aprender
1. Sobre os deberes para a casa os docentes deben facerse a seguinte pregunta:
• Estoulles ofrecendo algunha autonomía sobre como e cando facer ese traballo?
• Promove ese traballo o dominio, ofrecendo algo novo, que estimule o seu interese, en oposición á reformulación de memoria de algo xa aprendido na clase?
• Entenden os meus alumnos e alumnas a finalidade dese traballo, é dicir, danse conta de que facer esta actividade na casa contribuirá ao obxectivo final no que se ten centrado a clase?
2. Adicar un día a realizar un proxecto escollido por cada un (o 20% do tempo, como fai a empresa Google).
3. Non debe haber notas que evalúen, senón que dirixan o progreso. Convén que o alumnado faga unha lista dos seus obxectivos e eles mesmos evalúen se os van conquerindo.
4. Dalle aos teus fillos unha pequena paga e algunhas responsabilidades, pero non mistures as dúas cousas.
5. Elóxiaos (aos fillos e fillas) de maneira axeitada, e para iso recoméndase:
• Eloxia o esforzo, a estratexia, non a intelixencia.
• Fai eloxios concretos por algo que teña feito.
• Fainos en privado.
• Eloxia só cando haxa un motivo.
• Axuda aos nenos/as a que teñan unha visión global. A miúdo non saben porque fan as cousas. Sexa o que sexa o que están a facer, deben saber responder á pregunta Por que estou facendo isto? Que importancia ten para o mundo no que vivimos?
Para saber máis:
La sorprendente verdad sobre lo que nos motiva. Daniel H. Pink Gestión 2000, 2010
No hay comentarios :
Publicar un comentario