A vindeira semana, e máis concretamente o martes día 28 e o xoves día 30, o proxecto Vedra Medra deste CPI de Vedra, organiza varias actividades arredor do liño, que se celebrarán no Centro Social de Vedra, onde tamén se instalará unha exposición de útiles tradicionais.
A actividade do martes 28 leva por título "O fiadeiro: contar e cantar" e conta coa participación das Pandereteiras Silandeira de San Xián de Sales. E a do xoves 30 leva por título "Cal fiamos, tal andamos" que conta coa participación da Asociación Cultural Tamparrantán de Santo André de Vea.
Fonte: Páxina do CPI de Vedra
No hay comentarios :
Publicar un comentario