AÚN PODES APUNTARTE Á ACTIVIDADE DE...

 REFORZO EDUCATIVO


OFERTADA PARA ALUMNOS/AS DE 
PRIMARIA E SECUNDARIA

COSTO: 1 HORA Á SEMANA 6€/HORA
2 HORAS Á SEMANA 5€/HORA
3 HORAS Á SEMANA 4€/HORA

LUGAR: AULA DO CPI DE VEDRA

HORARIOS: LUNS E MÉRCORES DE 15 A 16H
MARTES E XOVES DE 17 A 18 H


PODES INSCRIBIRTE NO NOSO CORREO ELECTRÓNICO
anpacpivedra@gmail.com

O CPI DE VEDRA SELECCIONADO PARA O PROXECTO "RADIO NA BIBLIO"

O CPI Plurilingüe de Vedra figura entre os 20 centros seleccionados para desenvolver o Proxecto Piloto "Radio na Biblio" durante este curso 2017/18.
O proxecto, cunha importante dotación económica e de recursos, será coordinado desde o equipo da biblioteca escolar e pretende achegar ao alumnado á emisión de novas na radio con cursos formativos e a posterior edición de programas.
FONTE: CPI DE VEDRA

HOXE MARTES...

ESTAREMOS NO LOCAL DO ANPA DE 16 A 17h, PARA COBRAR AS CUOTAS DE SOCIOS E DEVOLVER OS CARTOS DA ACTIVIDADE DE PISCINA



INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN VEDRA MEDRA NO MUESO DO POBO GALEGO

Como xa viñamos anunciando o pasado día 4 de novembor inaugurouse a esposición do Proxecto Vedra Medra no Museo do Pobo Galego con motivo do Premio Proxecto Didáctico Antonio Fraguas.
Coa asistencia de numeroso público de Vedra, alumnado, profesorado, nais e pais, representantes do concello, o acto estivo presidido polo Secretario Xeral de Política Lingüística Valentín García e o presidente da Fundación Antonio Fraguas, Xusto Beramendi. Interviron, ademais dos citados, Xulia Marqués en nome do CPI de Vedra e o director do IES A Pinguela de Monforte.
Permanecerá aberta ata o vindeiro 17 de decembro.



FONTE: CPI DE VEDRA


OBRADOIRO NO MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA


Con motivo do Día Internacional dos Dereitos da Infancia (20 de novembro), realizarase un obradoiro que xirará en torno ao dereito á educación dos nenos e nenas.

Data: venres, 24 de novembro, ás 18 horas.
Duración: 1  hora e cuarto.
A actividade é gratuíta e dirixida a nenos e nenas de 7 a 10 anos.
Número de Prazas: 20

Forma de Inscrición: para formalizar a inscrición será preciso enviar un correo electrónico incluíndo o nome e apelidos, idade e centro educativo do neno ou nena que desexa asistir, e un teléfono de contacto á dirección
.

O correo debe ser enviado polo pai/nai/ titor do neno ou nena que se queira inscribir.

Data límite de inscrición: xoves, 23 de novembro, ata as 18:00 horas.

Lembrade que a inscrición, polo feito de ser gratuíta, leva aparellado o compromiso de asistencia, para que todas as nenas e nenos participantes poidan desfrutar dunha experiencia óptima. No caso de non poder asistir unha vez inscritos/as, rogamos encarecidamente que se dea aviso coa suficiente antelación por correo electrónico ou por teléfono (981 540 155/56); deste xeito, poderán asistir á actividade outros nenos ou nenas en lista de espera.

Esperámosvos!


Museo Pedagóxico de Galicia - MUPEGA
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

COCIÑA TERRORÍFICA E CONCURSO DE MICRORRELATOS CON MOTIVO DO SAMAÍN E MAGOSTO

Coincidindo co Samaín e o Magosto celebrouse no centro o concurso de microrrelatos de medo "Arrepíos e outros medos" na etapa de Secundaria. Nos seguintes enlaces podedes ver a noticia e fotografías da entrega dos premios o martes día 7 durante a celebración do Magosto.
Por outro lado, tamén tivo lugar a divertida exposición culinaria "Cociña terrorífica de Escarlatina e Esmeralda" cos traballos realizados polo alumnado de 1ºESO. Tamén incluímos a noticia e fotos da mesma.

FONTE: CPI DE VEDRA

PARABÉNS A TODOS!!!

HOXE VENRES..

 ESTAREMOS NO LOCAL DO ANPA DE 16 A 17h, PARA COBRAR AS CUOTAS DE SOCIOS E DEVOLVER OS CARTOS DA ACTIVIDADE DE PISCINA


SEGURO ESCOLAR OBRIGATORIO

Que é o Seguro Escolar Obrigatorio?

É un Seguro que protexe ós estudantes, menores de 28 anos, que cursen estudos oficiais desde  3º de Educación  Secundaria Obrigatoria (E.S.O), ata o final do 3er ciclo universitario,  mediante prestacións sanitarias e económicas, en caso de enfermidade , accidente escolar e infortunio familiar.

Sabías que os/as alumnos/as de Educación infantil, Educación Primaria e 1º e 2º de E.S.O non teñen seguro escolar obrigatorio? Por este motivo, dende a ANPA do CPI de Vedra, solicitamos un seguro con coberturas similares ao Seguro Escolar Obrigatorio ofertado pola Consellería de Educación y que a continuación detallamos:



INSCRICIÓN DE SOCIOS/AS DA ANPA DO CPI DE VEDRA. CURSO 2017/2018


INFORMÁMOSVOS QUE A PARTIR DE MAÑÁ DÍA 15 DE NOVEMBRO, E ATA O 15 DE DECEMBRO DE 2017 ESTARÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DE SOCIOS DA ANPA DO CPI DE VEDRA.

FAICHE SOCIO!!!


AVISO IMPORTANTE!!! ACTIVIDADE DE PREDEPORTE

ALGÚNS PAIS PUXÉRONSE EN CONTACTO CONNOSCO PARA PEDIR DIFUSIÓN Á ACTIVIDADE DE PREDEPORTE QUE SE IMPARTE OS VENRES DE 17:10 A 18:05 h. NO POLIDEPORTIVO DE VEDRA. 

ÉSTA ACTIVIDADE ESTÁ DESTINADA PARA OS NENOS MÁIS PEQUENOS (NADOS ENTRE 2013 E 2014).

NECESITAN QUE SE APUNTEN 3 NENOS PARA QUE A ACTIVIDADE SIGA ADIANTE.



TODOS AQUELES INTERESADOS DIRIXIRSE AO POLIDEPORTIVO, EN HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO.


4º ESO VISITA O FERROL DA ILUSTRACIÓN

Este martes 24 de outubro o alumnado de 4º de ESO visitou a cidade departamental de Ferrol, onde puideron percorrer rúas e instalacións da cidade con visitas guiadas moi atractivas e novidosas como a Fragata "Alvaro de Bazán F-101" ou o Barrio da Magdalena, dentro dun conxunto que funde as súas raíces na Ilustración da época do rei Carlos III. A visita estivo coordinada polo Departamento de Xeografía e Historia.




FONTE: CPI DE VEDRA

EXPOSICIÓN NO MUSEO DO POBO GALEGO DO PROXECTO DIDÁCTICO VEDRA MEDRA





MAGOSTO NO CPI DE VEDRA!!!




MENÚ MES DE NOVEMBRO DE 2017