A.N.P.A C.P.I DE VEDRA (Nota Informativa)

Dende a ANPA queremoslle facer chegar os pais dos alumnos interesados nas actividades extraescolares, que na información que recibiron onde se explicaba o proceso do pagamento da actividade a que se queiran apuntar, neste mes de outubro o pagamento farano unha vez que teñamos creado un grupo de nenos e a partir do día que o alumno comence a actividade deberán facer o ingreso na conta da ANPA. Os meses seguintes si que levaremos a cabo a data que se fixo constar no escrito que recibiron, dentro dos 10 primeiros días do mes vixente. Para que todo funcione coa total normalidade e preciso que na ficha de inscrición que recibiron, anoten tódolos datos posibles para que poidamos ter contacto con vostedes e asi axilizar os trámites de calquer incidencia que poidera ocurrir. Pedimos disculpas pola falta de aclaramento nese documento

PROXECTO ABALAR

Dende a ANPA, querémonos dirixir a aqueles pais e nais que os seus fillos están dentro do programa ABALAR como son os de 5º, 6º primaria e 1º, 2º de secundaria para facerlles unha charla informativa de como desenvolverse cun ordenador dentro do programa ABALAR, tal como nos ensinaron o día 29 nunha reunión do colexio alguén da consellería. Para evitar complicacións e resolver dúbidas e problemas, en breve recibiredes na casa unha nota informativa do día que se celebrará esa charla enseñándovos o manexo cun ordenador.

Horario de Actividades Extraescolares Infantil e Primaria

Estimados pais e nais:

Dende a ANPA estamos intentando levar a cabo unhas actividades extraescolares para os nosos fillos de Infantil e Primaria coa posiblidade de atopar algunha outra para os de secundaria tamén. Nestes momentos ofrecemóslla a Infantil e Primaria porque creemos que o prezo está bastante adecuado ás necesidades que podemos ter. Invitámosvos a que as estudedes e pronto recibiredes na vosa casa toda a información para os que poidades e queirades vos apuntedes. Os días, Horarios, Prezo e Actividade son os seguintes:

- MANUALIDADES E PINTURA luns de 17h a 18 h 12e/mes por alumno

- EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL Martes de 17 h a 18 h 12e/mes "

- BAILE MODERNO Mércores de 17 h a 18 h 12e/mes "

- TEATRO Xoves de 17 h 18.30 h gratuito

Na seguinte actividade non hay edade para inscribirse, poden ser de calquer curso se o alumno estivese interesado.

- AXEDREZ Martes de 17 h a 18 h 12e/mes por alumno

Cada actividade faise dentro do recinto escolar ou algunha que a faremos no local da terceira edade. A todolos pais e nais cando recibades a información solo tedes que cubrilo formulario cos datos que se vos piden e entregalo no Colexio en conserxería ou ben os mércores tardes no local da ANPA (antiga cafetería) de 17 h a 18.30 h e consultades a dúbidas que teñades. Esperamos que tódolos nenos poidan disfrutar.