Horario de Actividades Extraescolares Infantil e Primaria

Estimados pais e nais:

Dende a ANPA estamos intentando levar a cabo unhas actividades extraescolares para os nosos fillos de Infantil e Primaria coa posiblidade de atopar algunha outra para os de secundaria tamén. Nestes momentos ofrecemóslla a Infantil e Primaria porque creemos que o prezo está bastante adecuado ás necesidades que podemos ter. Invitámosvos a que as estudedes e pronto recibiredes na vosa casa toda a información para os que poidades e queirades vos apuntedes. Os días, Horarios, Prezo e Actividade son os seguintes:

- MANUALIDADES E PINTURA luns de 17h a 18 h 12e/mes por alumno

- EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL Martes de 17 h a 18 h 12e/mes "

- BAILE MODERNO Mércores de 17 h a 18 h 12e/mes "

- TEATRO Xoves de 17 h 18.30 h gratuito

Na seguinte actividade non hay edade para inscribirse, poden ser de calquer curso se o alumno estivese interesado.

- AXEDREZ Martes de 17 h a 18 h 12e/mes por alumno

Cada actividade faise dentro do recinto escolar ou algunha que a faremos no local da terceira edade. A todolos pais e nais cando recibades a información solo tedes que cubrilo formulario cos datos que se vos piden e entregalo no Colexio en conserxería ou ben os mércores tardes no local da ANPA (antiga cafetería) de 17 h a 18.30 h e consultades a dúbidas que teñades. Esperamos que tódolos nenos poidan disfrutar.

No hay comentarios :

Publicar un comentario