MAXÍA A CONTA DE "O GRAN PEDRINI"

Dende a ANPA "A Boca" gustarianos convidar a tod@s @s que queiran asistir a unha tarde de maxía, á actuación de O Gran Pedrini este xoves 18 de decembro ás 15:30 horas no Centro da Terceira Idade. Un plan perfecto para unha tarde distinta en familia. VEMONOS ALÍ!!!


2ª CAMPAÑA CAPTACIÓN SOCI@S E SEGURO ESCOLAR

SÚMATE Á ANPA, cada PAI e cada NAI somos IMPRESCINDIBLES

- Ata o día 18 de decembro estará aberto o prazo de inscrición.
- Para facerte socia/o da ANPA "A BOCA" só tes que ingresar ou transferir 15 € (cota por curso e familia) ó número de conta de ABANCA ES93 2080 0320 2230 4000 2641, e entregar a ficha de inscrición que acompaña a esta comunicación, debidamente cuberta, na conserxería do colexio.
- No concepto de ingreso indicaremos: nome do proxenitor/cota 2014-2015.
- Se prefires pagar en efectivo porque o teu banco cobra polas transferencias, podes atoparnos o mércores 17 e o xoves 18 de decembro no local da ANPA do colexio, de 16:30 a 17:00, ideal para facelo antes de recoller os nenos.
- Se o desexas tamén podes contratar connosco o Seguro Escolar que ofertamos todos os anos por un precio de 13 euros por ano e alumno para soci@s e 15 euros para non soci@s. Dispoñedes das coberturas e demáis información sobre o seguro pinchando no seguinte enlace: Póliza Seguro Escolar.
- Cantos máis socios sexamos, máis recursos, ideas e proxectos pódense poñer en marcha dende a nosa asociación. Poderemos facer máis eventos educativos nos que coñecernos todos e integrar mellor a toda a comunidade educativa, pais e nais, docentes, alumnos e todo o colectivo que directa ou indirectamente colabora ou traballa no noso colexio.

VI SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS

A ANPA "A Boca" do C.P.I. Plurilingüe de Vedra está a colaborar na organización do "VI SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS" co título "A EDUCACIÓN E OS MATERIAIS DIDÁCTICOS EN FINLANDIA: QUE PODEMOS APRENDER?" promovido entre outros pola Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela
Dito seminario-obradoiro temos o privilexio de que se celebrará en Vedra en febreiro do ano que ven no que vamos ter a oportuidade de escoitar de primeira man as experiencias dun profesor finlandés sobre un dos mellores sistemas educativos do mundo. Ademáis de debatir sobre que podemos aprender de Finlandia e que podemos mellorar na nosa comunidade educativa, teremos a oportunidade de participar en distintos obradoiros nos que poderemos aprender entre outras cousas a analizar os contidos dos libros de texto e materiais didácticos dos nosos fillos, ou como educalos no uso de novas tecnoloxías para evitar problemas de socialización e adicción. 
O seminario-obradoiro, totalmente en español, está orientado para toda a comunidade educativa. Dende a ANPA gustarianos promover a participación de todos os pais e nais que o desexen xa que consideramos de gran importancia que os pais e nais adquiran unha visión crítica na educación de seus fillos.
Para máis información podedes acceder ós seguintes enlaces:

http://avaliacionre.wordpress.com

Documentación de interese:



PREMIO NACIONAL DE TEATRO 2014 PARA O GRUPO CHÉVERE

Dende a ANPA "A Boca" gustarianos transmitir as nosas felicitacións e o noso máis sincero recoñecemento e admiración ó grupo de teatro Chévere galardoado co Premio Nacional de Teatro 2014. Grupo ó que pertence un veciño e pai de Trobe, Manuel Cortés, gran colaborador coa ANPA dende sempre. Entre os integrantes do grupo tamén podemos destacar a Xesús Ron, actor, director e membro fundador da Sala Nasa, quen participou a principios deste ano no II Encontro da Comunidade Educativa organizado por esta ANPA. Sen máis, PARABÉNS a todos os integantes deste grande grupo de teatro, facedes grande a Galicia e á xente que temos a sorte de coñecervos.
Para máis información pincha nos seguintes enlaces:



CEAPA: CAMPAÑA ELECCIÓNS CONSELLOS ESCOLARES 2014

Dende a Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (CEAPA), á que pertencemos, iniciaron a Campaña de Consellos Escolares para as eleccións que están tendo lugar nestas datas nas distintas comunidades. Nesta campaña co lema "Defiende tu derecho a participar, ¡PARTICIPANDO!" pretenden informar dos diferentes dereitos de participación cos que contamos pais e nais e animar ás familias a exercer estos dereitos participando nas eleccións a Consellos Escolares. 
Podedes acceder ó documento no que se reflexan ditos dereitos pinchando AQUÍ.
Para máis información tamén podedes acceder á páxina web da CEAPA (https://www.ceapa.es/), ás redes sociais tanto Facebook (CeapaFormación) como Twitter (@Ceapa3) e visualizando o seguinte video creado pola CEAPA para animar ás familias a votar nos Consellos Escolares: http://www.ceapa.es/content/consejos-escolares.


CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

A Asociación de Nais e Pais do C.P.I. Plurilingüe de Vedra “A BOCA” convoca a tódolos/as socios/as para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o vindeiro venres, día 31 de Outubro de 2014 na Casa do Sindicato (Antigo Xulgado) de Vedra, ás 20:15 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria.

Podedes ver a orde do día e o formulario para delegación de voto pinchando AQUÍ

INSCRICIÓN DE SOCI@S CURSO 2014-2015

O prazo para facerse soci@ da ANPA está aberto ata o día 15 de novembro de 2014. Faite soci@, respalda un proxecto serio e necesario!!

  • Para facilitar a comunicación fluída coas socias e socios, débese cubrir un formulario de inscrición. Estará a disposición dos interesados na conserxería do centro ou na pestana FAITE SOCI@ !!! deste blog. Entregarase, debidamente cuberto, na propia conserxería, ou a calquera dos/as integrantes da directiva.
  • O pago da cota, que segue a ser a mesma do curso pasado, 15€/familia, farase na seguinte conta: ES93 2080 0320 22 3040002641 (ABANCA).
  • No concepto de ingreso indicaremos: nome do proxenitor (o mesmo que se cubriu no formulario)/cota 2014-2015.
  • O prazo de inscrición remata o 15 de novembro.
  • Para tod@s os que queiran facer o pago en metálico, estaremos a vosa disposición todos os xoves, de 17.00 a 17.30, no local da ANPA (dende o 16 de outubro o 13 de novembro).

Gracias o tod@s por respaldar esta iniciativa.

MATERIAL ESCOLAR GRATUITO GRACIAS Á FUNDACIÓN LA CAIXA

A Fundación "La Caixa" en colaboración coa CONFAPA-GALICIA doou lotes de material escolar para as familias que estéan nunha situación na que se faga moi difícil asumir o custo do material escolar. O reparto destes lotes, coordinado polo grupo de traballo da Fundación, contou coa colaboración da ANPA do CPI de Vedra e os Servicios Sociais do Concello de Vedra. A iniciativa foi todo un éxito e no tocante ó CPI de Vedra entregáronse este pasado mes os seguiste lotes:

Educación Infantil: 7 lotes.
Educación Primaria: 8 lotes.
Educación Secundaria: 16 lotes.

Dende a ANPA gustaríanos darlle as gracias a todas as persoas que fixeron posible e colaboraron nesta iniciativa. MOITAS GRACIAS A TOD@S!!!

AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte concede unhas axudas para alumnos con necesidade de apoio educativo. Para todos os que esteades interesados en solicitalas o prazo remata o 30 de setembro.
Tedes máis información no seguinte enlace:


Moita sorte!

CHÁNDAL OFERTADO POLA ANPA DO CPI DE VEDRA






Nota: No modelo final as zonas con goma da cintura, cuello e mangas serán sustituidas por bordado con franxas verdes e amarelas. O escudo de Vedra irá no peito enriba da franxa amarela.

CAMPUS DE VERÁN CIENTÍFICO-TÉCNICO LUGO



Dirixido a estudantes da E.S.O. que queiran coñecer de primeira man as diferentes alternativas formativas que lles ofrece a Universidade de Santiago de Compostela.


TEATROFORUM "QUÉREME BEN"

Lembrade que mañá sábado 12 ANDARAVÍA convídanos ao teatroforum "Quéreme ben", de 100Tolas, Grupo de Teatro dx Oprimidx que terá lugar ás 19 hs no Centro Sociocultural do Burgo (casa da Terceira Idade). Gustaríanos tamén puntualizar que a obra está dirixida a MAIORES DE 14 ANOS.
Vemonos no TEATRO !!!

O TEATROFILIA MÁIS EDUCATIVO NA PRÓXIMA FIN DE SEMANA

ANDARAVÍA convídanos ao teatroforum "Quéreme ben", de 100Tolas, Grupo de Teatro dx Oprimidx que terá lugar o sábado día 12 ás 19 hs no Centro Sociocultural do Burgo (casa da Terceira Idade). 

A obra é unha historia de violencia de xénero coa cal se pretende cuestionar o modelo de relacións de parella e de amor romántico actual. 

O Teatroforum é unha das técnicas do Teatro do Oprimido onde a barrEira entre público e platea desaparece e se substitue polo diálogo. 

O Teatro do Oprimido é unha metodoloxía teatral desenvolvida nos anos 60-70 polo dramaturgo Augusto Boal, que pretende transformar as realidades opresivas a través de medios estéticos e o diálogo entre os oprimidos. 

É, por tanto, unha actividade de gran interese para todo o público, pero especialmente para o máis xoven, de cara a xenerar actitudes que estimulen a reflexión e a prevención da violencia de xénero. 

Ademais, o domingo dia 13 actuará a AULA DE TEATRO DO CPI DE VEDRA, ás 16: 15 hs., representando a obra "O último canto".


A LOMCE NON OBRIGARÁ AO CAMBIO DE LIBROS DE TEXTO O VINDEIRO CURSO

A presión da Plataforma pola Defensa do Ensino Público na que estamos integrados a través de CONFAPA-Galicia e os acordos tomados pola Consellería de Educación e Cultura facilitan moito a continuidade do Banco de Libros que esta ANPA, coa colaboración do CPI de Vedra, puxo en marcha o curso pasado. 

Como xa vos informamos na entrada anterior, o Consello Escolar do CPI de Vedra tamén aprobara unha resolución pedindo isto mesmo e a Xunta Directiva da ANPA valora moi positivamente dito acordo por dous motivos: 
  1. porque a pesar de que o texto aprobado finalmente non se corresponde na súa totalidade co proposto pola CONFAPA, identificámonos plenamente co seu contido e cremos que contribuiu á que a Consellería de Educación e Cultura tomase o acordo de non cambiar os libros de texto. 
  2. porque nos consta que o texto que se lle presentou ao centro para a súa aprobación no Consello Escolar foi amplamente estudado e debatido nos departamentos e no claustro do centro, e provocou unha reflexión seria nesa parte fundamental da nosa comunidade escolar, un feito que nos parece moi positivo. 
No seguinte enlace atoparedes información detallada:

Compre recordar, tamén, que esta ANPA, en colaboración co CPI de Vedra, continuará no vindeiro curso co Banco de Libros que xa se puxo en marcha -cremos que moi satisfactoriamente- no ano 2013, e que espera que este ano continúe a medrar coa colaboración de todas e todos.

CONFAPA-GALICIA PROMOVEU A CAMPAÑA CONTRA O CAMBIO DE LIBROS DE TEXTO QUE IMPLICABA A LOMCE

No marco da campaña iniciada pola Federación de ANPAS á que pertencemos, a ANPA do CPI de Vedra solicitou un Consello Escolar Extraordinario que tivo lugar o pasado 13 de marzo e no que se adoptaron as seguintes resolucións:


EN PONTECESO OS MANUAIS ESCOLARES SEGUEN A SER GRATUITOS

Achegámosvos un artigo no que se explica o sistema de préstamo de libros implantado nun IES de Ponteceso sobre cuxo desenvolvemento e eficacia deberiamos reflexionar.


AS REVÁLIDAS NA LOMCE, OU COMO SEGREGAR O ALUMNADO

Xosé Ramos Rodríguez, membro de Nova Escola Galega, analiza no Patio das Ideas, o blog sobre educación de Praza Pública, as consecuencias que para o alumnado, o profesorado e o sistema educativo no seu conxunto terá o regreso dos exames de reválida ao final de cada etapa.


TEATROFILIA

Mañá comeza como un ano máis unha nova edición de Teatrofilia: XI Mostra de Teatro Amador de Vedra que terá lugar os próximos catro fins de semana na Casa da Terceira Idade de Vedra. Tedes máis información no cartel promocional que podedes ver debaixo destas liñas. Animádevos a acercarvos ca familia e facer algo distinto.


QUE TIPO DE NAI OU PAI ERES?

Qué tipo de nai ou pai eres?

Se queres saber máis: enlace ao blog  http://fracasoacademico.wordpress.com

TRES ACCIÓNS SINXELAS PARA MELLORAR A EDUCACIÓN: XOSÉ MANUEL DOPAZO EN TEDx

O TEDx é un programa de conferencias locais creado para difundir as ideas que merecen ser coñecidas, un espazo no que compartir abertamente diferentes puntos de vista, conforme se di na súa web. 
Os que asistimos ao 2º Encontro da Comunidade Educativa puidemos gozar coas ideas de Xosé Manuel Dopazo arredor do traballo por proxectos e da creatividade na educación, coa súa exposición clara, rigorosa e cargada de sentido común. Agora, presentámosvos a súa charla no TEDx, din os organizadores destas conferencias que provoca "unha reflexión acerca dos contidos dos debates sobre educación e conclúe con tres accións sinxelas que realmente mellorarían a educación". 
Tamén din que Xosé Manuel Dopazo é profesor de Lingua e Literatura e Director do IES Maruxa Mallo pero, para nós, é algo máis: é un exalumno deste Colexio Público de Vedra, un veciño e un amigo do que sentirse orgullosos. 
Polo moito que sabe de educación, e polo ben que o conta, aos da ANPA parécenos a mellor maneira de celebrar as 10.000 visitas ao noso blog porque, ademais, hai un mensaxe para nós, nais e pais.


ANTONIO VÁZQUEZ UN MESTRE UNINDO Á PARROQUIA EN COS PÉS NA TERRA

"Non podedes preparar aos vosos alumnos para que constrúan mañán o mundo dos seus soños, se vos xa non credes neses soños; non podedes preparalos para a vida, se non credes nela; non poderiades amosar o camiño, se vos sentastes, cansados e desalentados na encrucillada dos camiños".
Celestin Freinet, autor deste parágrafo, estaría honrado de coñecer ao mestre de Sarandón porque coa súa entrega e a súa paixón logra xunguir os intereses das nenas e nenos cos da escola e o seu contexto, e preparaos para pensar por si mesmos e para soñar.
A nós non facía falla que nolo contaran na Televisión de Galicia, somos os seus alumnos e alumnas, os seus veciños e amigos, pero queremos que permanezan estas imaxes no noso blog como recoñecemento a un mestre.
No seguinte enlace podedes ver o programa integro a partires do minuto 34:00.


OS PROXECTOS DE TRABALLO E A CREATIVIDADE: DOCE REFLEXIÓNS

Para os que non puidestes asistir as charlas sobre o fomento da creatividade no ensino público, poñemos ao voso dispor este documento elaborado por José Manuel Dopazo con algunhas reflexións que, cremos, invitan a pensar e a coñecer máis sobre un tema ao que os pais e nais debemos estar atentos.


VISITA DO DR. ÁNGEL CARRACEDO

Dentro da programación do 2º Encontro da Comunidade Educativa que organiza a ANPA, en colaboración co C.P.I. e o Concello de Vedra, terá lugar a visita do Dr. Ángel Carracedo ao noso colexio. Como parte desta agardada visita, ás 10:30 do venres 24 de xaneiro, dará unha pequena conferencia no salón de actos da Casa da Terceira Idade á que podedes asistir as nais e pais que o desexedes. Non o perdades!

FRANCESCO TONUCCI

Faláronnos moitas veces del nos talleres da Escola de Familias e fai só un par de semanas unha socia enviounos unha entrevista que lle fixeron en Pontevedra por se fora do noso interese recoller no blog as opinións dun dos referentes europeos da innovación educativa e, claro que si, interésanos. 

COMO PODE SER A ESCOLA DE MAÑÁN?

Video da conferencia completa que Francesco Tonucci pronunciou no Parque de las Ciencias de Granada o 13 de febreiro de 2012.


Seguindo a Reggio Emilia, Francesco Tonucci transpórtanos a unha escola onde os nenos non son considerados uniformes e na que a educación está orientada ao auto-descubrimento, á relación cos outros e co medio. A escola onde descubrir, experimentar, xogar, crear, axudar a outros a aprender, un lugar onde podes soñar, pensar ... Unha conferencia de luxo.

ISTO É RITMO!

ISTO É RITMO! o venres 24 de xaneiro ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Vedra.

"Unha expedición emocional, unha viaxe á túa alma que fortalece, levanta o ánimo e abre horizontes."
Hamburguer Morgenpost.

"Vendo esta película... podes e debes aprender -máis precisamente experimentar- por que a cultura non é un luxo, senón máis ben un dereito básico, e por que non é o lugar correcto para empezar a aforrar diñeiro, incluso durante tempos de dificultades económicas. Os que xa viron Isto é ritmo! saben que o ritmo neste sensacional documental simplemente te envolve. Físicamente, racionalmente, emocionalmente. Esta película demostra que o arte pode mover montañas. Somente tes que crer niso. Sen embargo, como demasiada xente en este país aínda descoñece esta verdade maravillosa, debería ser o deber de todo político ver ISTO É RITMO."
Kölnerstadtanzeiger.


2º ENCONTRO DA COMUNIDADE EDUCATIVA

Os próximos días 24 e 25 deste mes a ANPA "A Boca" organiza o 2º Encontro da Comunidade Educativa en colaboración co Concello e o CPI Plurilingë de Vedra. Temos preparado para estes días unha morea de actividades ás que estades todos convidados. Esperamos a vosa visita. Para máis información ver documentos axuntos.



"CREAR HOY LAS ESCUELAS DEL MAÑANA"



O FOMENTO DA CREATIVIDADE NA ESCOLA

“En la actualidad, la escuela sigue enseñando a los alumnos del nuevo milenio con estrategias docentes de siglos pasados. La sociedad cambia, la ciencia progresa, la investigación avanza y nuestras aulas siguen enseñando de la misma forma. Es la creatividad una de las estrategias más investigadas y poco utilizadas en los centros. La investigación sigue confirmando que se debe potenciar la creatividad en el aula pero los docentes no terminan de incorporarlo en su quehacer docente (Navarro, 2008). El motivo de su no incorporación ¿se debe a la necesidad de formación del profesorado? ¿se debe a no conocer sus beneficios? “

MOITAS GRACIAS

Neste curso 2013-2014 somos 85 as familias que formamos parte desta ANPA. Podiamos ser máis, é certo, pero tamén o é que somos un número moi significativo de nais e pais os que desexamos colaborar na mellora da educación dos nosos fillos e fillas formando parte dunha asociación útil e necesaria.
Os que integramos a Xunta Directiva agradecemos moito o voso apoio e esperamos estar á altura das nosas responsabilidades.