CONVOCATORIAS DE INTERESE PARA NAIS E PAIS

A continuación pasámosvos un par de convocatorias que poden ser do voso interese:

1- ORDE do 31 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2016.

2- Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017.

Esperamos que vos sexan de utilidade.

16º CONCURSO DE PINTURA INFANTIL DA CAMELIA

Un ano máis o Concello de Vedra en colaboración ca Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla organiza o Concurso de Pintura Infantil da Camelia desta vez na súa dezaseisava edición entorno ás XXI Xornadas arredor da camelia. Podedes acceder ás bases do concurso pinchando no enlace debaixo destas liñas.


O SEMINARIO DE MATERIAIS DIDÁCTICOS NA PRENSA

O pasado martes 19 tivo lugar na Casa do Concello de Vedra a presentación oficial do "VII Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos" na que estiveron presentes José Viaño (director do CPI de Vedra), Jesús Rodríguez (profesor da USC e coordinador do seminario), Manuel Costa (concelleiro de educación, turismo e medio rural do Concello de Vedra), Carlos Martínez (alcalde de Vedra) e Ramón Lago (membro da ANPA A Boca do CPI de Vedra). 
Como non podía ser doutra maneira ó tratarse dun seminario internacional a prensa rexional incluíu a noticia nas súas páxinas como podedes ver a continuación.



CAMBIO LUGAR ESCOLA DE FAMILIAS

A charla-coloquio de Escola de Familias programada para mañá xoves 21 da xaneiro ás 20 horas cambia de localización e agora terá lugar no Centro Municipal de Formación (Casa da Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla).

ESCOLA DE FAMILIAS



Nova charla do ciclo Escola de Familias organizado polo Concello de Vedra. Desta vez tratarase o tema "Adolescencia e Relacións Familiares".
Terá lugar na Biblioteca Municipal este xoves 21 de xaneiro de 20:00 a 21:30 horas.

CHARLA-COLOQUÍO DA E.D. VAL DO ULLA




A Escola Deportiva Val do Ulla en colaboración co CPI Plurilingüe de Vedra organiza unha charla-coloquio de grande interese para toda a comunidade educativa e en especial para nais e pais. Os temas a tratar en dita charla son: "Prevención do consumo de drogas no ámbito familiar" e "Adicción ás novas tecnoloxías", dous dos problemas que máis preocupan á comunidade educativa hoxe en día.

Dende a ANPA a Bóca gustaríanos apoiar este tipo de iniciativas e invitar a todas as persoas que estean interesadas a asistir a este tipo de eventos.

ANIMÁDEVOS!!!






VII SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS

Por segundo ano consecutivo a USC confiou no CPI de Vedra e na ANPA A Bóca para celebrar o "VII Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos" titulado nesta edición "Rede e Tecnoloxía: Desafíos Educativos en Comunidade".

O seminario terá lugar no CPI de Vedra o fin de semana do 19 e 20 de febreiro deste ano e está enfocado a todas as persoas integrantes da comunidade educativa (profesorado, nais, pais, estudantes...). Aínda que está denominado como internacional impartiranse charlas e obradoiros en castelán e galego.

Debaixo destas liñas tedes toda a información que necesitades para formalizar a matricula e os horarios e temas dos obradoiros: