Captación de socios




 Debido ó cambio de directiva, facemos a inscripción un pouco tarde este ano, polo queampliamos o prazo ata o 31 de Xaneiro.- Para facerte socia/o da ANPA "A BOCA" só tes que ingresar ou transferir 15 € (cota porcurso e familia) ó número de conta de ABANCA ES93 2080 0320 2230 4000 2641, e entregar a ficha de inscrición que acompaña a esta comunicación, debidamente cuberta, na conserxería do colexio.- Se prefires pagar en efectivo, os martes do mes de xaneiro de 14.30 a 15 horas e de 16.30 a 17 horas podes atoparnos no local da ANPA. Cantos máis socios sexamos, máis recursos, ideas e proxectos pódense poñer enmarcha dende a nosa asociación. Poderemos facer máis eventos educativos nos quecoñecernos todos e integrar mellor a toda a comunidade educativa, pais e nais, docentes, alumnos e todo o colectivo que directa ou indirectamente colabora outraballa no noso colexio. 



Abrimos un buzón de suxestións para que se tes algo que dicirmos non te quedes coas ganas. ¿Cómo facer unha suxestión?


1. Por e-mail, anpacpivedra@gmail.com
2. A través do formulario da nosa web.

Preferimos que todas as suxestións se fagan por escrito, xa que así quedan gardadas e son máis doadas de xestionar. Recordade que facemos esto no noso tempo libre, de xeito totalmente voluntario e altruista.

Queredes unha comunicación máis activa? Estamos a explorar novos xeitos de comunicación cospais. Ponte en contacto con nós para darte de alta no noso grupo de Telegram. LEMBRADEDESCARGAR A APLICACIÓN!!!


AVISO IMPORTANTE

Estimados socios e socias da ANPA.
Estimados país e nais de alumnos e alumnas.

Este pasado venres 4 de novembro, celebrouse na Casa do Antigo Xulgado de Vedra a Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as deste ano, á cal asistiron 2 socios/as dun total de 140 pais e nais que son socios/as desta ANPA. Debido á baixa asistencia presente decidiuse cancelar a Asemblea e pospoñela para este próximo venres 11 de novembro no mesmo lugar e á mesma hora (podedes ver a convocatoria ca orde do día debaixo destas liñas).

Como consecuencia deste feito ocorrido o pasado venres 4, e vendo a total falta de interese que suscita unha ANPA neste colexio por parte de toda a comunidade educativa, e analizando a nefasta capacidade de convocatoria conseguida nas actividades programadas, a Xunta Directiva da ANPA “A Bóca” do CPI Plurilingüe de Vedra resolve:


Rematado o mandato de dous anos da actual Xunta Directiva e debido á falta de vontade de proseguir nos seus cargos, se na Asemblea deste próximo venres 11 non se consigue constituír unha nova Xunta Directiva:

A Asociación será disolta por parte da actual Xunta Directiva á espera de que apareza un grupo de xente interesada en seguir adiante ou en caso contrario desaparecerá por completo a actividade de dita Asociación.


A 7 de novembro de 2016

A Xunta Directiva




ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Calquera persoa interesada en presentar unha candidatura para a Xunta Directiva da ANPA para os vindeiros dous anos pode facelo ata o próximo xoves día 3 de novembro ás 20:45 horas. As solicitudes remitiranse por correo electrónico á seguinte dirección: anpacpivedra@gmail.com.

ESCOLA DE FAMILIAS DE ABRIL



Un mes máis a Escola de Familias trata un tema de especial interese para a comunidade educativa na actualidade. Desta vez a experta María Chavert impartirá unha charla titulada "Prevención no consumo de drogas nas familias".

A reunión terá lugar hoxe de 20:30-22:00 horas na Casa da Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla.

Esperamos a vosa presenza e que sexa do voso interese.

IX XORNADAS DA CIENCIA E A TECNOLOXÍA

Hoxe comezan en Vedra as actividades da Semana da Ciencia 2016 que este ano tratarán sobre "A luz e a ciencia" e que durarán ata o próximo domingo día 24 no que terá lugar a Feira da Ciencia (Pavillón Municipal de Vedra) na que os escolares participantes no concurso exporán os seus traballos.
Non faltedes a todas as actividades de grande interese que se van a celebrar estes próximos días e sobre todo non deixedes de participar de forma activa cos vosos fillos e fillas para concienciar a todas as persoas da importancia da luz e a tecnoloxía na cidadanía.

Debaixo destas liñas tedes máis información:



TEATRO ANPA


Mañá ás 12:00 horas na Casa da Terceira Idade de Vedra terá lugar a obra de teatro "Memorias das memorias dun neno labrego" de Candido Pazó, un monólogo escénico-narrativo sobre o libro de Xosé Neira Vilas.

Deste xeito dende esta ANPA intentamos facerlle unha pequena e merecida homenaxe a un dos escritores galegos máis importantes da historia.

A obra foi organizada pola ANPA A Bóca principalmente para os rapaces e rapazas do CPI de Vedra, sen embargo calquera persoa que desexe asistir está totalmente invitada.

ANIMÁDEVOS!






DROGAS E SAÚDE

O departamento de educación do concello de Vedra en colaboración cos centros educativos do municipio está a organizar unhas xornadas sobre prevención de drogodependencia para facilitar os recursos de información, orientación e formación ás familias: “Falemos de drogas” dirixidas a toda a comunidade .

MARÍA TAJES ALONSO
(psiquiatra, xefa de servizo de saúde mental e drogodependencias)

“DROGAS E SAÚDE”

Será o xoves 25 de febreiro, ás 20 h no Centro Municipal de Formación (Casa da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla).

Poderán asistir todas as persoas interesadas. Por razóns de organización agradecemos que confirmedes a vosa asistencia no telf. 699041486 Mamen Sabio (Educadora) ou no seguinte enderezo carmen.sabio@vedra.dicoruna.es .

Animádevos a participar. A educación é tarefa de todas e todos.










DEBATE-CONFERENCIA REDE E TECNOLOXÍA: DESAFIOS EDUCATIVOS EN COMUNIDADE


Os vindeiros días venres 19 e sábado 20 terá lugar en Vedra o "VII Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos" organizado entre outros pola USC e esta ANPA.

O venres pola tarde levaranse a cabo no salón de actos da Casa da Terceira Idade de Vedra unha serie de charlas ás que estades convidadas todas as persoas interesadas en asistir.

Tedes máis información debaixo destas liñas.

NON FALTEDES!!! 









LAV016


Esta fin de semana terá lugar o Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV016) da Asociación Senunpeso que este ano vai pola súa novena edición (9ª Xornadas de Formación e Mostra Audiovisual).

Dende esta ANPA gustaríanos animar a todas as persoas interesadas a asistir á programación en aberto que ofrecen estas Xornadas. A información de dita programación pódese ver debaixo destas liñas.

ANIMÁDEVOS!!!











CONVOCATORIAS DE INTERESE PARA NAIS E PAIS

A continuación pasámosvos un par de convocatorias que poden ser do voso interese:

1- ORDE do 31 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2016.

2- Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017.

Esperamos que vos sexan de utilidade.

16º CONCURSO DE PINTURA INFANTIL DA CAMELIA

Un ano máis o Concello de Vedra en colaboración ca Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla organiza o Concurso de Pintura Infantil da Camelia desta vez na súa dezaseisava edición entorno ás XXI Xornadas arredor da camelia. Podedes acceder ás bases do concurso pinchando no enlace debaixo destas liñas.


O SEMINARIO DE MATERIAIS DIDÁCTICOS NA PRENSA

O pasado martes 19 tivo lugar na Casa do Concello de Vedra a presentación oficial do "VII Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos" na que estiveron presentes José Viaño (director do CPI de Vedra), Jesús Rodríguez (profesor da USC e coordinador do seminario), Manuel Costa (concelleiro de educación, turismo e medio rural do Concello de Vedra), Carlos Martínez (alcalde de Vedra) e Ramón Lago (membro da ANPA A Boca do CPI de Vedra). 
Como non podía ser doutra maneira ó tratarse dun seminario internacional a prensa rexional incluíu a noticia nas súas páxinas como podedes ver a continuación.



CAMBIO LUGAR ESCOLA DE FAMILIAS

A charla-coloquio de Escola de Familias programada para mañá xoves 21 da xaneiro ás 20 horas cambia de localización e agora terá lugar no Centro Municipal de Formación (Casa da Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla).

ESCOLA DE FAMILIAS



Nova charla do ciclo Escola de Familias organizado polo Concello de Vedra. Desta vez tratarase o tema "Adolescencia e Relacións Familiares".
Terá lugar na Biblioteca Municipal este xoves 21 de xaneiro de 20:00 a 21:30 horas.

CHARLA-COLOQUÍO DA E.D. VAL DO ULLA




A Escola Deportiva Val do Ulla en colaboración co CPI Plurilingüe de Vedra organiza unha charla-coloquio de grande interese para toda a comunidade educativa e en especial para nais e pais. Os temas a tratar en dita charla son: "Prevención do consumo de drogas no ámbito familiar" e "Adicción ás novas tecnoloxías", dous dos problemas que máis preocupan á comunidade educativa hoxe en día.

Dende a ANPA a Bóca gustaríanos apoiar este tipo de iniciativas e invitar a todas as persoas que estean interesadas a asistir a este tipo de eventos.

ANIMÁDEVOS!!!






VII SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS

Por segundo ano consecutivo a USC confiou no CPI de Vedra e na ANPA A Bóca para celebrar o "VII Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos" titulado nesta edición "Rede e Tecnoloxía: Desafíos Educativos en Comunidade".

O seminario terá lugar no CPI de Vedra o fin de semana do 19 e 20 de febreiro deste ano e está enfocado a todas as persoas integrantes da comunidade educativa (profesorado, nais, pais, estudantes...). Aínda que está denominado como internacional impartiranse charlas e obradoiros en castelán e galego.

Debaixo destas liñas tedes toda a información que necesitades para formalizar a matricula e os horarios e temas dos obradoiros: