AVISO IMPORTANTE

Estimados socios e socias da ANPA.
Estimados país e nais de alumnos e alumnas.

Este pasado venres 4 de novembro, celebrouse na Casa do Antigo Xulgado de Vedra a Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as deste ano, á cal asistiron 2 socios/as dun total de 140 pais e nais que son socios/as desta ANPA. Debido á baixa asistencia presente decidiuse cancelar a Asemblea e pospoñela para este próximo venres 11 de novembro no mesmo lugar e á mesma hora (podedes ver a convocatoria ca orde do día debaixo destas liñas).

Como consecuencia deste feito ocorrido o pasado venres 4, e vendo a total falta de interese que suscita unha ANPA neste colexio por parte de toda a comunidade educativa, e analizando a nefasta capacidade de convocatoria conseguida nas actividades programadas, a Xunta Directiva da ANPA “A Bóca” do CPI Plurilingüe de Vedra resolve:


Rematado o mandato de dous anos da actual Xunta Directiva e debido á falta de vontade de proseguir nos seus cargos, se na Asemblea deste próximo venres 11 non se consigue constituír unha nova Xunta Directiva:

A Asociación será disolta por parte da actual Xunta Directiva á espera de que apareza un grupo de xente interesada en seguir adiante ou en caso contrario desaparecerá por completo a actividade de dita Asociación.


A 7 de novembro de 2016

A Xunta Directiva




No hay comentarios :

Publicar un comentario