Curso sobre creación de blogs

Os membros das ANPAS do CPI de Vedra e de Ortigueira temos a oportunidade de asistir a un curso sobre a creación e mantemento de blogs.
As xestións da Educadora Social do Concello de Vedra permitiron que a demanda feita dende as nosas entidades tivera resposta por parte da administración educativa.
Con esta iniciativa preténdese enfortecer á comunidade educativa de Vedra a través do uso intelixente das potentes ferramentas TIC.
As posibilidades que nos ofrecen os blogs, en canto a comunicación entre os pais e nais dos colexios de Vedra, son moitas e esperamos aproveitalas en beneficio da calidade educativa de todos os rapaces e rapazas e das súas familias.
Aínda hai algunha praza libre, polo que aquelas nais e pais que esteades interesados en asistir ao curso podedes solicitalo a través dos enderezos electrónicos da ANPA do CPI de Vedra e de Ortigueira.

A.N.P.A C.P.I DE VEDRA (Nota Informativa)

Dende a ANPA queremoslle facer chegar os pais dos alumnos interesados nas actividades extraescolares, que na información que recibiron onde se explicaba o proceso do pagamento da actividade a que se queiran apuntar, neste mes de outubro o pagamento farano unha vez que teñamos creado un grupo de nenos e a partir do día que o alumno comence a actividade deberán facer o ingreso na conta da ANPA. Os meses seguintes si que levaremos a cabo a data que se fixo constar no escrito que recibiron, dentro dos 10 primeiros días do mes vixente. Para que todo funcione coa total normalidade e preciso que na ficha de inscrición que recibiron, anoten tódolos datos posibles para que poidamos ter contacto con vostedes e asi axilizar os trámites de calquer incidencia que poidera ocurrir. Pedimos disculpas pola falta de aclaramento nese documento

PROXECTO ABALAR

Dende a ANPA, querémonos dirixir a aqueles pais e nais que os seus fillos están dentro do programa ABALAR como son os de 5º, 6º primaria e 1º, 2º de secundaria para facerlles unha charla informativa de como desenvolverse cun ordenador dentro do programa ABALAR, tal como nos ensinaron o día 29 nunha reunión do colexio alguén da consellería. Para evitar complicacións e resolver dúbidas e problemas, en breve recibiredes na casa unha nota informativa do día que se celebrará esa charla enseñándovos o manexo cun ordenador.

Horario de Actividades Extraescolares Infantil e Primaria

Estimados pais e nais:

Dende a ANPA estamos intentando levar a cabo unhas actividades extraescolares para os nosos fillos de Infantil e Primaria coa posiblidade de atopar algunha outra para os de secundaria tamén. Nestes momentos ofrecemóslla a Infantil e Primaria porque creemos que o prezo está bastante adecuado ás necesidades que podemos ter. Invitámosvos a que as estudedes e pronto recibiredes na vosa casa toda a información para os que poidades e queirades vos apuntedes. Os días, Horarios, Prezo e Actividade son os seguintes:

- MANUALIDADES E PINTURA luns de 17h a 18 h 12e/mes por alumno

- EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL Martes de 17 h a 18 h 12e/mes "

- BAILE MODERNO Mércores de 17 h a 18 h 12e/mes "

- TEATRO Xoves de 17 h 18.30 h gratuito

Na seguinte actividade non hay edade para inscribirse, poden ser de calquer curso se o alumno estivese interesado.

- AXEDREZ Martes de 17 h a 18 h 12e/mes por alumno

Cada actividade faise dentro do recinto escolar ou algunha que a faremos no local da terceira edade. A todolos pais e nais cando recibades a información solo tedes que cubrilo formulario cos datos que se vos piden e entregalo no Colexio en conserxería ou ben os mércores tardes no local da ANPA (antiga cafetería) de 17 h a 18.30 h e consultades a dúbidas que teñades. Esperamos que tódolos nenos poidan disfrutar.

ASAMBLEA XERAL DE PAIS E NAIS 2011-2012

estimados pais e nais, queremosvos convidar o día 23 de setembro, en 1ª convocatoria ás 20.30 h e en 2ª convocatoria ás 21.00 h na biblioteca municipal a que participedes todos nesta asamblea, xa que dende a A.N.P.A temos moitas iniciativas novas que vos presentar coa mellor intención de mellorar na nosa labor que facemos polos nosos fillos e alumnos do colexio. Pedirvos a vosa colaboración é moi importante porque sen vos non podemos chegar a mellorar as cousa que vos vamos a propoñer e a cal creemos que son de moito interés para todos. Esperamola vosa presenza e asi comenzar un novo curso para os nosos fillos e alumnos mellorando as súas e as nosas necesidades.

DENDE A.N.P.A C.P.I DE VEDRA

Queremos darlle a benvida a todolos alumnos do C.P.I de Vedra ao inicio deste curso 2011 - 2012. O luns 12 de setembro os alumnos de infantil e primaria foron os primeiros en estrealo novo curso(para algúns)onde coñeceron novos mestres e novas aulas con novos compañeiros. O 16 de setembro foron os de secundaria en tamen facelo mesmo aqueles que non teñen que repetir curso Queremos animaros a todos a continuar e loitar en mellorar co esforzo que eso os leva. Dende a A.N.P.A queremosvos animar e loitar ata o final

FOTOS DE ACTOS DE FIN DE CURSO SECUNDARIA

PROGRAMA FIN DE CURSO DE SECUNDARIA DO C.P.I DE VEDRA

Como xa sabemos todos este pasado Xoves 23 de Xuño, os alumnos de secundaria acababan o colexio coas vacacións do vrao. Alguns continuaran e outros definitivamente deixan o colexio. Fixemoslle un pequeno Festival onde a programación foi a seguinte:

- 09.30 h: ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO PATIO DO COLEXIO

- 11.00 H: NA CASA DA TERCEIRA IDADE

- Actuación da Aula de Teatro do C.P.I de Vedra: UTOPIA 94
- Actuación de BEA e MANUEL
- Entrega de premios
- Entrega das Orlas ao alumnado de 4º ESO
- Homenaxe e recoñecemento ás profesoras Dña Fina, Dña Lourdes
- Actuación do grupo Folklórico Alumnos CPI de Vedra

- 13.45 h: van o comedor

E por último as 14.45 h saída nos autobuses para as casas. Ata ó luns 27 de Xuño que terán que ir a buscalas notas. FELICIDADES A TODOS OS ALUMNOS QUE APROBARON E CAMBIAN DE CURSO, FELICIDADES OS ALUMNOS QUE APROBAN E DEIXAN O COLEXIO PARA SEGUIR CON OUTRAS ACTIVIDADES NA SUA TRAXECTORIA DE VIDA, e decirlle ós que repitan que non se desanimen que sigan loitando, non está todo acabado por non haber chegado. FELICIDADES.

FOTOS DE ACTOS DE FIN DE CURSO DE INFANTIL Y PRIMARIA

PROGRAMA DE FIN DE CURSO DE PRIMARIA E INFANTIL

Como todos sabedes este martes 21 de Xuño celebramos cos cativos de Primaria e Infantil no C.P.I de Vedra a festa de de Fin de Curso. O programa consistía en face os seguintes actos:

- As 15.30 h no centro da 3ª Idade, a actuación do mago Benxamin, a despedida do profesorado de infantil e primaria por parte dos alumnos e despois homenaxe e recoñecemento polos anos de ensinanza no C.P.I de Vedra a Dña. Carmen, Dña. Elisa e a Dña. Victoria, entrega de agasallos e actuacións por parte dos alumnos e un agasallo de recordo por parte da ANPA en nome de todolos pais do colexio.

- As 17.30 h póñense os hinchables no pabellón de deportes para que os cativos poidan disfrutar xogando e acompañamolos dunha merenda, organizado pola xunta da Directiva da ANPA.

E as 18.30 h os nenos despois de disfrutar dos actos acompañados polos seus pais, collen o autobú de volta para a casa e para o día seguinte vir o colexio a buscalas notas. E agora quedalles disfrutar das vacacións do vrao que as teñen ben merecidas. DISFRUTADE DELAS PEQUENOS QUE PARA O ANO RETOMAMOLO CURSO.

Nota de Aviso a Tódolos Públicos

Informo a tódolos públicos que seguen este bloc, as miñas mais sinceras disculpas polos erros cometidos e o cal se tiveron que voltar a publicar. Están con datas diferentes as publicadas na súa anterior publicación. Houbo un pequeno erro nas anteriores publicacións e ó cal terminaron por non poderse visualizar. Agora volvemolas a publicar cunha data moi posterior. Pedimos dende a ANPA do C.P.I de Vedra disculpas e esperamos seguir continuando a publicación de cousas relacionadas cos nosos alumnos e o noso colexio. Moitas grazas a todos!!

Menú de Maio do 2011 no C.P.I de Vedra

De 06/05/2011

Gran Exito do Alumnado do C.P.I de Vedra no Festival de Teatro en Palas de Rei

De 05/04/2011

Menú de Abril no C.P.I de Vedra

De 06/04/2011

Fotos do Alumnado do C.P.I de Vedra, facendo o entroido do 2011

Menú de Marzo do 2011 no C.P.I de Vedra

De 04/03/2011

Menú de Febreiro no .C.P.I de Vedra

De 01/02/2011

Menú de Xaneiro do 2011 no C.P.I de Vedra

De 28/01/2011