Universidade de pais

Este é o enlace a un proxecto pedagóxico dirixido por José Antonio Marina para colaborar cos pais e nais durante todo o proceso educativo dos fillos. A idea fundamental do proxecto é que toda a sociedade debe axudar na tarefa. Estas son as verbas da introduccíón a web do proxecto, paga a pena darlle unha ollada.
http://www.universidaddepadres.es/

Educación infantil

    Estaría moi ben que os que coñezades sitios na rede con interese para a formación da comunidade educativa, especialmente dos nosos fillos, claro está, os achegarades a este blog para ilo enriquecendo entre todos. Agradecidos de antemán.
Agora deixámosvos o enlace a outra páxina que pode ser de interese para os pais con fillos máis pequenos. Guía infantil.  A educación dos máis pequenos

Para aprender inglés con todos os sentidos

Dentro do link que tedes a dereita da pantalla "Todo para a aprendizaxe de idiomas" podedes atopar centos de páxinas que facilitan a aprendizaxe de diversas linguas. Unha desas páxinas interesantes é a deste diccionario visual de inglés. Diccionario de inglés visual e auditivo