SEGURO ESCOLAR 2013-2014

SEGURO ESCOLAR

A ANPA do CPI de Vedra informa a todas as nais e pais que está aberto o prazo para contratar o Seguro Escolar 2013-2014. 

As coberturas son as mesmas do ano pasado: 
  • Gastos sanitarios: ilimitados.
  • Rotura de gafas: 150€ por sinistro.
  • Gastos de estudo: cando o sinistro impide a asistencia por un periodo superior a un mes, 3000€.
  • Invalidez permanente: hasta 6.000€.
  • Deceso acidental: 4.500€.
A atención sanitaria prestarase na Clínica “La Rosaleda”, presentando a “Declaración de Accidentes Para Centros Escolares”, que será facilitada polo CPI. A compañía aseguradora é MAPFRE. 

O custo ANUAL por neno/a desta Póliza será de:
  • 10€ Socios ANPA.
  • 15€ Non Socios.
A data límite para contratar o seguro será a do 20 de decembro do 2013.

Requerimentos: 
  • cobrer unha ficha de inscrición que estará dispoñible na conserxería e/ou no Blog anpacpivedra.blogspot.com.es.
  • e ingresar o importe correspondente na conta bancaria da ANPA (NGB: ES93 2080 0320 22 3040002641).
Os nenos de 3º e 4º da ESO, xa teñen o seguro ao que obriga a Consellería de Educación, pero poden contratar a maiores este, se así o desexan. 

Para máis información, podedes chamar ao teléfono 646489813 (Luis Martínez).

LEMBRADE: TEATRO EN VEDRA ESTE SÁBADO

Urraca, a obra de teatro que Tangatutanga representará no Multiusos do Burgo (Casa da Terceira Idade) o sábado 14 de decembro ás 19:00 hrs. levou o primeiro premio no XVI CERTAMEN DE TEATRO ESCOLAR Y AFICIONADO CANDILEJAS DON BOSCO 2013, e fai tan só unha semana presentouse no colexio M. Peleteiro. Desa última actuación deixámosvos unha pequena mostra neste enlace. Agardámosvos o vindeiro sábado.


RASTRIÑO DE 2ª MAN E SOLIDARIEDADE CON JOSÉ MANUEL

Nesta edición a ANPA participou no rastriño que organiza o concello ocupándose da cafetería e dun dos postos (xa participaramos o ano pasado obtendo 420 euros e xoguetes para a Fundación Andrea). A recollida de xoguetes, libros, DVDs, etc. no colexio, e a súa posterior venda no rastriño, fixo que este ano xuntaramos 176,50 euros, que xa están ingresados na conta da campaña "Todos con José Manuel". Por certo, José Manuel opérase o 17 de decembro en Barcelona, moita sorte e ánimo para el, e moitas gracias aos que aportades o voso grao de area para que iso sexa posible.

URXENTE: AXUDA ALBERGUE XOAN XXIII

Aínda que distinguimos ben entre xustiza e caridade, as urxencias hai que atendelas sempre. No Albergue de Xoán XXIII teñen "overbooking" por mor da friaxe destes días e precisan produtos de hixiene como xel, maquiñillas de afeitar, etc. Tamén precisan produtos de limpeza como lixivia e panos. Roupa en especial pantalóns de home entre as tallas 40 e 44, zapatos de home e roupa e zapatos para nenos. Todo o que queirades doar podédelo levar directamente ó albergue. Veña, botémoslle unha man ós máis necesitados nestas datas tan especiais. MOITAS GRACIAS!!!