Mostrando entradas con la etiqueta Recursos Educativos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recursos Educativos. Mostrar todas las entradas

DEBATE-CONFERENCIA REDE E TECNOLOXÍA: DESAFIOS EDUCATIVOS EN COMUNIDADE


Os vindeiros días venres 19 e sábado 20 terá lugar en Vedra o "VII Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos" organizado entre outros pola USC e esta ANPA.

O venres pola tarde levaranse a cabo no salón de actos da Casa da Terceira Idade de Vedra unha serie de charlas ás que estades convidadas todas as persoas interesadas en asistir.

Tedes máis información debaixo destas liñas.

NON FALTEDES!!! 









VII SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS

Por segundo ano consecutivo a USC confiou no CPI de Vedra e na ANPA A Bóca para celebrar o "VII Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos" titulado nesta edición "Rede e Tecnoloxía: Desafíos Educativos en Comunidade".

O seminario terá lugar no CPI de Vedra o fin de semana do 19 e 20 de febreiro deste ano e está enfocado a todas as persoas integrantes da comunidade educativa (profesorado, nais, pais, estudantes...). Aínda que está denominado como internacional impartiranse charlas e obradoiros en castelán e galego.

Debaixo destas liñas tedes toda a información que necesitades para formalizar a matricula e os horarios e temas dos obradoiros:






INVITACIÓN VI SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICO

¿Sabes o que é o ciberbullying? ¿Sabes se o teu fillo ou filla o está sufrindo? ¿Gustariache aprender a detectalo e a remedialo? ¿Consideras que os xoguetes e videoxogos ós que xogan teus fillos non son os idóneos? Estas inquedanzas e moitas máis son as que se van tratar no VI Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos que se celebrará este venres 20 e sábado 21 en Vedra e ó que todos os pais e nais interesados estades invitados a asistir de forma totalmente gratuita.
A sexta edición deste seminario internacional organizado entre outros pola ANPA “A Boca”, o CPI de Vedra e a Universidade de Santiago de Compostela, e no que colabora o Concello, celébrase aquí en Vedra por primeira vez. O seminario-obradoiro impartirase preferencialmente en castelán, pero tamén en galego-portugués e inglés.
Para abrir boca e as nosas mentes críticas, o venres pola tarde no Centro da Terceira Idade de Vedra teremos unha interesante conferencia do profesor Tom Wikman de Finlandia. Nesta charla compartirá todas as suas experiencias e daranos unha perspectiva dun dos mellores sistemas educativos do mundo. Unha vez rematada a mesa redonda na que poderedes facer todas as preguntas que vos xurdan, realizarase unha ruta lúdico-cultural polos furanchos da zona á que podedes asistir previo pago e inscrición esa mesma tarde antes da conferencia.
O sábado teremos uns obradoiros no CPI de Vedra que tocan temas tan interesantes como o ciberbullying, xoguetes, videoxogos, material didáctico, etc… no que aprenderedes como detectar posibles problemas e como atallalos. Poderedes realizar un obradoiro pola mañá e outro pola tarde, cos correspondentes descansos para o café para que non se faga longo.
Como xa dixemos, calquera pai ou nai que queira asistir pode facelo de forma gratuita á conferencia do venres e ós obradoiros do sábado. Debido á gratuidade desta oferta, non se vos entregará ningún certificado de asistencia. Para máis información pincha aquí.


A directiva da ANPA “A Boca” do CPI Plurilingüe de Vedra.



OS BOLECHAS LEVAN O ENTROIDO ÁS ESCOLAS


Os Bolechas ofrecen unha unidade didáctica para achegar á cativada ao entroido tradicional galego por medio dos populares personaxes da familia creada por Pepe Carreiro.
Verín, Vilaboa, Chantada ou Laza son algúns dos lugares visitados polas crianzas Bolechas para mostrar o entroido máis tradicional e as súas peculiaridades.
A unidade, elaborada coa colaboración de profesionais da pedagoxía e a educación infantil, ofrece exercicios, xogos, receitas, ditos e información que compoñen un material didáctico que quere informar a nenas e nenos dunha das tradicións máis festexadas.
Podedes descargar a unidade pinchando no seginte enlace: http://osbolechas.com/o-entroido/

LEMBRADE: VI SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS

A ANPA "A Boca" do C.P.I. Plurilingüe de Vedra está a colaborar na organización do "VI SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS" co título "A EDUCACIÓN E OS MATERIAIS DIDÁCTICOS EN FINLANDIA: QUE PODEMOS APRENDER?" promovido entre outros pola Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela
Dito seminario-obradoiro temos o privilexio de que se celebrará en Vedra en febreiro do ano que ven no que vamos ter a oportuidade de escoitar de primeira man as experiencias dun profesor finlandés sobre un dos mellores sistemas educativos do mundo. Ademáis de debatir sobre que podemos aprender de Finlandia e que podemos mellorar na nosa comunidade educativa, teremos a oportunidade de participar en distintos obradoiros nos que poderemos aprender entre outras cousas a analizar os contidos dos libros de texto e materiais didácticos dos nosos fillos, ou como educalos no uso de novas tecnoloxías para evitar problemas de socialización e adicción. 
O seminario-obradoiro, totalmente en español, está orientado para toda a comunidade educativa. Dende a ANPA gustarianos promover a participación de todos os pais e nais que o desexen xa que consideramos de gran importancia que os pais e nais adquiran unha visión crítica na educación de seus fillos.
Para máis información podedes acceder ós seguintes enlaces:

http://avaliacionre.wordpress.com

Documentación de interese:



VI SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS

A ANPA "A Boca" do C.P.I. Plurilingüe de Vedra está a colaborar na organización do "VI SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS" co título "A EDUCACIÓN E OS MATERIAIS DIDÁCTICOS EN FINLANDIA: QUE PODEMOS APRENDER?" promovido entre outros pola Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela
Dito seminario-obradoiro temos o privilexio de que se celebrará en Vedra en febreiro do ano que ven no que vamos ter a oportuidade de escoitar de primeira man as experiencias dun profesor finlandés sobre un dos mellores sistemas educativos do mundo. Ademáis de debatir sobre que podemos aprender de Finlandia e que podemos mellorar na nosa comunidade educativa, teremos a oportunidade de participar en distintos obradoiros nos que poderemos aprender entre outras cousas a analizar os contidos dos libros de texto e materiais didácticos dos nosos fillos, ou como educalos no uso de novas tecnoloxías para evitar problemas de socialización e adicción. 
O seminario-obradoiro, totalmente en español, está orientado para toda a comunidade educativa. Dende a ANPA gustarianos promover a participación de todos os pais e nais que o desexen xa que consideramos de gran importancia que os pais e nais adquiran unha visión crítica na educación de seus fillos.
Para máis información podedes acceder ós seguintes enlaces:

http://avaliacionre.wordpress.com

Documentación de interese:



TRES ACCIÓNS SINXELAS PARA MELLORAR A EDUCACIÓN: XOSÉ MANUEL DOPAZO EN TEDx

O TEDx é un programa de conferencias locais creado para difundir as ideas que merecen ser coñecidas, un espazo no que compartir abertamente diferentes puntos de vista, conforme se di na súa web. 
Os que asistimos ao 2º Encontro da Comunidade Educativa puidemos gozar coas ideas de Xosé Manuel Dopazo arredor do traballo por proxectos e da creatividade na educación, coa súa exposición clara, rigorosa e cargada de sentido común. Agora, presentámosvos a súa charla no TEDx, din os organizadores destas conferencias que provoca "unha reflexión acerca dos contidos dos debates sobre educación e conclúe con tres accións sinxelas que realmente mellorarían a educación". 
Tamén din que Xosé Manuel Dopazo é profesor de Lingua e Literatura e Director do IES Maruxa Mallo pero, para nós, é algo máis: é un exalumno deste Colexio Público de Vedra, un veciño e un amigo do que sentirse orgullosos. 
Polo moito que sabe de educación, e polo ben que o conta, aos da ANPA parécenos a mellor maneira de celebrar as 10.000 visitas ao noso blog porque, ademais, hai un mensaxe para nós, nais e pais.


FRANCESCO TONUCCI

Faláronnos moitas veces del nos talleres da Escola de Familias e fai só un par de semanas unha socia enviounos unha entrevista que lle fixeron en Pontevedra por se fora do noso interese recoller no blog as opinións dun dos referentes europeos da innovación educativa e, claro que si, interésanos. 

HISTORIANA: YOUR PORTAL TO THE PAST

Aínda que está “en construción” queremos compartir con vos o portal HISTORIANA, unha excelente ferramenta educativa multimedia para aprender, ou simplemente para curiosear, na que atoparemos auténticos recursos dixitalizados, documentais e gráficos, de distintas épocas da historia europea e mundial. Unha ventana ao mundo.

Cliquea imaxe

Didactalia. Recursos educativos en rede

Fou Pose, representante das nais e pais no Consello Escolar, envíanos información sobre un portal educativo que contén milleiros de recursos para cada un dos niveis de ensino obrigatorio, algúns deles moi innovadores. Falamos, nas últimas reunións de nais e pais, dos recursos educativos en rede útiles para facer menos necesarios os libros de texto,  cremos que  Didactalia  é un boísimo exemplo diso.

Libros galegos en internet

Libros galegos en Internet: Unha guía de recursos en liña.

Falando de libros gratuitos, o enlace que vos achegamos nesta entrada do blog axúdanos moito a atopar libros e bibliotecas virtuais. Libros galegos en internet é un interesante traballo de Henrique Neira Pereira, escritor e xornalista, de Vedra para máis señas, que está aloxado na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

Universidade de pais

Este é o enlace a un proxecto pedagóxico dirixido por José Antonio Marina para colaborar cos pais e nais durante todo o proceso educativo dos fillos. A idea fundamental do proxecto é que toda a sociedade debe axudar na tarefa. Estas son as verbas da introduccíón a web do proxecto, paga a pena darlle unha ollada.
http://www.universidaddepadres.es/

Para aprender inglés con todos os sentidos

Dentro do link que tedes a dereita da pantalla "Todo para a aprendizaxe de idiomas" podedes atopar centos de páxinas que facilitan a aprendizaxe de diversas linguas. Unha desas páxinas interesantes é a deste diccionario visual de inglés. Diccionario de inglés visual e auditivo