Entrega Donativo a Fundación Andrea

Despois do éxito acadado co "Rastriño de 2ª man", fíxoselle entrega do importe recaudado á Fundación Andrea, aproveitando o Festival de Nadal na Casa da 3ª idade.
Dende a Directiva da ANPA agradecemos a todos os nenos e nenas, e ás súas familias, a colaboración desinteresada nesta acción solidaria.

Escola de Familias
O proxecto da Escola de familias nace da iniciativa de pais e nais do concello de Vedra e o departamento de Servizos Sociais do Concello de Vedra (Área de educación), coa intención de crear un espazo de debate sobre temas educativos de interese para as familias.

Saída Micolóxica

Primeira quedada da ANPA para descobrer o apaixoante mundo dos cogumelos.




FEIRA DA CIENCIA 2012

Fotos da presentación dos traballos e proxectos concursantes na Feira da Ciencia

Participación no "Rastrillo de 2ª Man"

O "Rastrillo" de 2ª Man organizado polo Concello de Vedra contará cun posto da nosa ANPA. A nosa participación, en colaboración co CPI de Vedra, ten un enfoque solidario e participativo, onde todo o alumnado e as familias poden participar para axudar a recadar fondos para a FUNDACIÓN ANDREA.

Documentos da Alianza Social Galega e da CONFAPA

Manifesto e Declaración de apoio á Folga Xeral do 14 de novembro da Alianza Social Galega.

A  Xunta Directiva da ANPA do CPI de Vedra desexa trasladarlle ás nais e pais do alumnado deste centro os seguintes documentos:
  1. Manifesto da Alianza Social Galega, da que forma parte a CONFAPA (Confederación de Asociacións de Nais e Pais á que a nosa ANPA pertence).
  2. Declaración de apoio á Folga Xeral do 14 de novembro remitida pola CONFAPA.
  Todos estes documentos achéganselle ás socias e socios da ANPA do CPI de Vedra en cumprimento dun compromiso informativo que a súa Xunta Directiva vén mantendo coas e cos asociadas/os no seu ámbito de responsabilidade.

Resposta da Presidenta da CONFAPA

Como sabedes, no mes de outubro pasado enviámoslle á presidenta da CONFAPA unha copia do acordo asembleario desta ANPA, no que se manifestaba a posición da mesma ante o uso dos libros de texto e os recortes no ensino público. Esta é a resposta de Helena Gómez, presidenta da CONFAPA.

Directiva ANPA 2012-2013


Xunta Directiva da ANPA do CPI de Vedra para o curso 2012-2013

Feira Da Ciencia 2012


A feira de ciencia que organiza o noso concello este ano ten como lema 'Ano 2012  Enerxia Sostible para todos'. É un tema moi amplo e non fai falla ser nin expert@ nin científic@ para poder participar! Cada grupo pode dar o enfoque que queira ao tema; é unha boa oportunidade para que traballemos todos xuntos– nais/pais, alumn@s e profesor@s. Ademais, haberá premio para o grupo gañador de cada categoría e agasallos para tod@s @s participantes!

Inscrición de soci@s 2012-2013

O prazo para facerse soci@ da ANPA está aberto ata o día 15 de novembro de 2012. Faite soci@, respalda un proxecto serio e necesario!! Aquí tes o formulario de inscrición e o número de conta.

Didactalia. Recursos educativos en rede

Fou Pose, representante das nais e pais no Consello Escolar, envíanos información sobre un portal educativo que contén milleiros de recursos para cada un dos niveis de ensino obrigatorio, algúns deles moi innovadores. Falamos, nas últimas reunións de nais e pais, dos recursos educativos en rede útiles para facer menos necesarios os libros de texto,  cremos que  Didactalia  é un boísimo exemplo diso.

Borrador do Regulamento do Banco de Libros

Despois duns días de traballo en equipo, podemos presentar este Borrador do Regulamento do Banco de Libros, a súa aprobación ou modificación, debatirase na asemblea ordinaria do 18 de outubro. Dámoslle as gracias ao grupo de traballo que o estivo elaborando, e esperamos que cumpla coas expectativas que moitos de nós temos depositado na creación deste sistema de préstamo.

Libros galegos en internet

Libros galegos en Internet: Unha guía de recursos en liña.

Falando de libros gratuitos, o enlace que vos achegamos nesta entrada do blog axúdanos moito a atopar libros e bibliotecas virtuais. Libros galegos en internet é un interesante traballo de Henrique Neira Pereira, escritor e xornalista, de Vedra para máis señas, que está aloxado na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

Folga de nais e pais o 18 de outubro de 2012.

A CEAPA e a CONFAPA, federacións de asociacións de nais e pais estatais e autonómicas, das que formamos parte, convoca unha folga para o día 18 de outubro en defensa do ensino público. A ANPA respecta a vontade individual de nais e pais e a súa liberdade, pero tamén é o seu deber loitar polo sistema educativo ao que pertencemos, pola súa mellora e viabilidade. Deixámosvos o cartel de convocatoria de folga e os motivos da mesma en "máis información".

Asemblea Ordinaria o 18 de outubro de 2012

ANPA “A BOCA”

C.P.I. de Vedra


 
Asemblea Ordinaria
A xunta directiva da ANPA do CPI de Vedra convoca unha Asemblea Ordinaria de nais e pais coa seguinte orde do día

Acordo da ANPA sobre os libros de texto

Este é o texo íntegro do acordo que tomou, en asemblea extraordinaria, a ANPA do CPI de Vedra para que lle fora enviado aos sindicatos, á CONFAPA-GALICIA e ao Consello Escolar do CPI de Vedra. A dito acordo chegouse despois dunha detida reflexión sobre o uso dos libros de texto no sistema educativo e do papel, non sempre claro, que xogan as editorais neste escenario.

Acta da Asemblea Extraordinaria do 21 de setembro de 2012

ANPA “A BOCA”
C.P.I. de Vedra

Resumo dos temas tratados e dos acordos aprobados en asemblea extraordinaria de nais e pais celebrada o 21 de setembro de 2012

Actividades Extraescolares 2012 - 2013

Esta é a oferta de actividades extraescolares da ANPA para o curso 2012 - 2013. Esperamos que teñan unha boa acollida e que o número de matriculados permita a súa realización. O prazo de inscrición está aberto.

Para os que vos achegades por primeira vez ao CPI de Vedra, ou a súa ANPA, deixámosvos esta breve e infomativa mensaxe de benvida

Resumo Plan Estratéxico da ANPA A BOCA

Misión e valores da ANPA do CPI de Vedra

Se pinchas en "máis información" poderás acceder a un resumo do Plan Estratéxico que a directiva da ANPA presentará para a súa aprobación na próxima Asemblea Extraordinaria. Esperamos as vosas opinións, suxerencias e aprobación final, se así o consideramos a maioría.


SÚMATE Á ANPA QUE FAI COLEXIO, TÍ DECIDES!

E tí, qué queres para este colexio? Qué estás dispost@ a facer? Qué debemos facer polo ben da educación dos nos@s fill@s? Súmate, nós decísmoche o que facemos e o que queremos no seguinte documento. Necesitámoste soci@, temos que facer un colexio mellor para os nosos fillos e fillas.Tí decides!

Escola de Pais e Nais o 1 de Xuño de 2012

Mámen, a Educadora Social do Concello de Vedra, envíanos esta interesante proposta aberta á participación das nais e pais do CPI de Vedra e de Ortigueira. Qué facemos os pais e nais ante as redes sociais? Charla na Biblioteca Municipal o 1 de xuño ás 20.30 hrs.

Universidade de pais

Este é o enlace a un proxecto pedagóxico dirixido por José Antonio Marina para colaborar cos pais e nais durante todo o proceso educativo dos fillos. A idea fundamental do proxecto é que toda a sociedade debe axudar na tarefa. Estas son as verbas da introduccíón a web do proxecto, paga a pena darlle unha ollada.
http://www.universidaddepadres.es/

Educación infantil

    Estaría moi ben que os que coñezades sitios na rede con interese para a formación da comunidade educativa, especialmente dos nosos fillos, claro está, os achegarades a este blog para ilo enriquecendo entre todos. Agradecidos de antemán.
Agora deixámosvos o enlace a outra páxina que pode ser de interese para os pais con fillos máis pequenos. Guía infantil.  A educación dos máis pequenos

Para aprender inglés con todos os sentidos

Dentro do link que tedes a dereita da pantalla "Todo para a aprendizaxe de idiomas" podedes atopar centos de páxinas que facilitan a aprendizaxe de diversas linguas. Unha desas páxinas interesantes é a deste diccionario visual de inglés. Diccionario de inglés visual e auditivo