A feira de ciencia que
organiza o noso concello este ano ten como lema 'Ano
2012 Enerxia Sostible para todos'. É un tema moi amplo e non
fai falla ser nin expert@ nin científic@ para poder participar! Cada grupo pode
dar o enfoque que queira ao tema; é unha boa oportunidade para que traballemos
todos xuntos– nais/pais, alumn@s e profesor@s. Ademais, haberá premio
para o grupo gañador de cada categoría e agasallos
para tod@s @s participantes!
Para participar, hai
que formar un grupo de 3 alumn@s que sexan do mesmo ciclo. As categorías son:
- Infantil
- 1º e 2º primaria
- 3º e 4º primaria
- 5º e 6º primaria
- 1º e 2º ESO
- 3º e 4º ESO
Cada un dos grupos
terá que facer un traballo (presentación, video, mural, investigación, spot
publicitario, proxecto, construción...) para presentar na feira o domingo 25 de novembro de 2012.
Dadas as dificultades que pode haber para que @s nen@s/rapaces se poñan de acordo para formar os grupos, a ANPA ofrécese para facilitar o proceso. Polo tanto, se calquera alumn@ do CPI de Vedra quere formar parte dun grupo, que se poña en contacto coa ANPA antes do 31 de outubro no correo anpacpivedra@gmail.com ou nos teléfonos 981502283 (Jacqui) ou 653748039 (Luís Carreira), indicando nome, apelidos e curso ao que pertence @ nen@. Poñeremos en contacto @s alumn@s que sexan da mesma categoría para que poidan quedar e formar un grupo de traballo.
A data límite de
inscrición na feira é o 15 de novembro do 2012.
As bases están dispoñibles neste enlace: Bases Ciencia ou na conserxería do colexio e pódese solicitar máis información no departamento de Cultura do concello cultura@concellodevedra.com ou 981 814 691.
Animádevos a
participar!
No hay comentarios :
Publicar un comentario