Participación no "Rastrillo de 2ª Man"

O "Rastrillo" de 2ª Man organizado polo Concello de Vedra contará cun posto da nosa ANPA. A nosa participación, en colaboración co CPI de Vedra, ten un enfoque solidario e participativo, onde todo o alumnado e as familias poden participar para axudar a recadar fondos para a FUNDACIÓN ANDREA.

Documentos da Alianza Social Galega e da CONFAPA

Manifesto e Declaración de apoio á Folga Xeral do 14 de novembro da Alianza Social Galega.

A  Xunta Directiva da ANPA do CPI de Vedra desexa trasladarlle ás nais e pais do alumnado deste centro os seguintes documentos:
  1. Manifesto da Alianza Social Galega, da que forma parte a CONFAPA (Confederación de Asociacións de Nais e Pais á que a nosa ANPA pertence).
  2. Declaración de apoio á Folga Xeral do 14 de novembro remitida pola CONFAPA.
  Todos estes documentos achéganselle ás socias e socios da ANPA do CPI de Vedra en cumprimento dun compromiso informativo que a súa Xunta Directiva vén mantendo coas e cos asociadas/os no seu ámbito de responsabilidade.

Resposta da Presidenta da CONFAPA

Como sabedes, no mes de outubro pasado enviámoslle á presidenta da CONFAPA unha copia do acordo asembleario desta ANPA, no que se manifestaba a posición da mesma ante o uso dos libros de texto e os recortes no ensino público. Esta é a resposta de Helena Gómez, presidenta da CONFAPA.