Curso sobre creación de blogs

Os membros das ANPAS do CPI de Vedra e de Ortigueira temos a oportunidade de asistir a un curso sobre a creación e mantemento de blogs.
As xestións da Educadora Social do Concello de Vedra permitiron que a demanda feita dende as nosas entidades tivera resposta por parte da administración educativa.
Con esta iniciativa preténdese enfortecer á comunidade educativa de Vedra a través do uso intelixente das potentes ferramentas TIC.
As posibilidades que nos ofrecen os blogs, en canto a comunicación entre os pais e nais dos colexios de Vedra, son moitas e esperamos aproveitalas en beneficio da calidade educativa de todos os rapaces e rapazas e das súas familias.
Aínda hai algunha praza libre, polo que aquelas nais e pais que esteades interesados en asistir ao curso podedes solicitalo a través dos enderezos electrónicos da ANPA do CPI de Vedra e de Ortigueira.