"APADRIÑAMENTOS LECTORES"

CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO, OS ALUMNOS DE EDUCACIÓN INFANTIL FIXERON UNHA ACTIVIDADE CONXUNTA COS COMPAÑEIROS/AS DE PRIMARIA LENDO CONTOS



TÓDALAS FOTOGRAFÍAS NA SEGUINTE LIGAZÓN

http://pequenosdevedra.blogspot.com.es/2017/04/con-motivo-da-celebracion-do-pasado-dia.html

O CPI E O PROGRAMA "Vedra Medra" COLABORAN COA FESTA DO VIÑO.

O proxecto Vedra Medra ven de participar como convidado na XXXVII Exaltación do Viño do Ulla, que se celebrou en San Miguel de Sarandón o pasado 9 de abril.
FONTE: PÁXINA DO CPI DE VEDRA

3º ESO VISITA O PATRIMONIO DE VEDRA

O alumnado de 3º de ESO ven de realizar varias visitas dentro do concello: Pazo de Ortigueira, Igrexa da Madanela, Igrexa de San Mamede, ..., dentro dunha actividade organizada polo Departamento de Xeografía e Historia e o proxecto VEDRA MEDRA para darlles a coñecer o patrimonio vedrés.
FONTE: PÁXINA DO CPI DE VEDRA

CARREIRA SOLIDARIA PARA COLABORAR COA ONG "SAVE DE CHILDREN"

Un ano máis o CPI de Vedra ven de organizar a Carreira Solidaria anual para colaborar coa ONG "Save the Children" que traballa a prol do nenos e nenas en situacións desfavorecidas.
Como en anos anteriores, o patrocinio dos familiares e amigos para as carreiras do alumnado e profesorado do centro levou a unha exitosa recadación que este ano alcanzou os 1016,80 euros, que son transferidos á conta desta ONG.
Como mostra da actividade podedes ver as FOTOS da carreira no seguinte enlace: https://goo.gl/photos/rGTqyQP6kheu3gfP6

FONTE: PÁXINA DO CPI DE VEDRA

HOXE NO CPI DE VEDRA: PROGRAMACIÓN CREATIVA EN IGUALDADE


ACTIVIDADE DIDÁCTICA DIRIXIDA AOS ALUMNOS DE 1º DE ESO

OS ALUMNOS CONOCERÁN A FERRAMENTA SCRATCH (LENGUAXE DE PROGRAMACIÓN DESENVOLVIDO POLO INSTITUTO TECNOLÓXICO DE MASSACHUSETTS) NA QUE PODERÁN EXPERIMENTAR E DESEÑAR OS SEUS PROPIOS XOGOS E APLICACIÓNS.

LEMBRADE....

HOXE ÚLTIMO DÍA PARA ENTREGAR A SOLICITUD DE SERVICIOS COMPLEMENTARIOS: COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR

VISITA DOS ALUMNOS DE 1º DE PRIMARIA AO PAZO DE ORTIGUEIRA

Trala visita dos máis cativos no mes de marzo, o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla recibiu en abril o alumnado de 1º de Educación Primaria, que gozou dun día solleiro para descubrir o seu extraordinario xardín e moitas das marabillas que atesoura.





















FONTE: VEDRA MEDRA

MAÑÁ 28 DE ABRIL ÚLTIMO DÍA PARA SOLICITAR SERVICIOS CAMPLEMENTARIOS


28 DE ABRIL DATA LÍMITE PARA ENTREGAR A SOLICITUD

CHARLA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

DENDE A DEPUTACIÓN DA CORUÑA PUXERON EN MARCHA O PROGRAMA SOCIOEDUCATIVO "SUPRIME O CONTROL" E DURANTE ESTE CURSO 2016-2017 ESTÁN A DESENVOLVER ACTIVIDADES FORMATIVAS DIRIXIDAS AO ALUMNADO DE SECUNDARIA DE ESTE CENTRO.

NESTA CHARLA SE NOS ACHEGARAN ALGUNHAS FERRAMENTAS QUE NOS PERMITAN ABORDAR ESTA PROBLEMÁTICA  DENDE O ENTORNO FAMILIAR.


MARTES 25 DE ABRIL, AS 18h 30
NO CPI PLURILINGÜE DE VEDRA

A CHARLA ESTÁ ABERTA A TÓDALAS PERSOAS INTERESADAS


TORNEO DE XADRÉZ NA PRENSA


PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2017/2018

LISTAXES PROVISIONAIS ADMITIDOS (PROCESO DE ADMISIÓN)
ALUMNADO ADMITIDOS RESERVA CENTROS ADSCRITOS
Normativa de referencia.
Prazos:
  • Prazo de admisión: do 1 ao 20 de marzo
  • Prazos de matrícula:
    • INFANTIL E PRIMARIA: do 20 ao 30 de xuño
    • SECUNDARIA: do 25 de xuño ao 10 de xullo
Fonte: Páxina do CPI de Vedra

"TORNEO DE XADRÉZ DE VEDRA"

TARDE DE XOGO, CONCENTRACIÓN E ESTRATEXIA,
 NO TORNEO DE XADRÉZ DE VEDRA


PARABÉNS A TÓDOLOS PARTICIPANTES!!!



CAMPAMENTOS DE VERÁN 2017. XUNTA DE GALICIA

Prazo de presentación: 18/04/2017 - 02/05/2017.
15 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
TODA A INFORMACIÓN E FICHA DE INSCRICIÓN NAS SEGUINTES LIGAZÓNS:

19 DE ABRIL DE 2017. TORNEO DE XADRÉZ DE VEDRA



O PRAZO DE INSCRIPCIÓN REMATA HOXE, 18 DE ABRIEL DE 2017

O TORNEO TERÁ LUGAR O MÉRCORES 19 DE ABRIL DE 2017, DE 18h A 19:30h
NA ANTIGA CASA DO XULGADO DE VEDRA

7 DE ABRIL CARREIRA SOLIDARIA SAVE DE CHILDREN!!!


VENRES 7 DE ABRIL, AS 12:00 h


AINDA ESTÁS A TEMPO DE AXUDAR!!!

COLABORA!!!

XORNADAS VESTINDO O PATRIMONIO VEDRÉS

A xeografía galega está ateigada de referencias ao cultivo do liño e Vedra non é unha excepción. Os nomes tradicionais dos lugares vedreses Liñares e Liñareira así o acreditan. Estes topónimos son testemuñas dun pasado en que era común ver terreos sementados de liño.
Vedra Medra organizou as xornadas 'Vestindo o patrimonio vedrés' para dar a coñecer o cultivo do liño e o proceso de transformación desta fibra natural. E quixo facelo traballando patrimonio material e inmaterial á vez, recuperando a actividade propiamente artesanal á par da música, o baile, as cántigas e o relato oral.
Na primeira xornada, intitulada 'O fiadeiro: contar e cantar' démoslle a palabra á xente de Vedra con mesas de experiencias en que os maiores lles relataron aos rapaces os detalles da fía e da fiada. Unha exposición de útiles tradicionais, que nos cedeu para a ocasión Manuel Vilas, complementou a actividade anterior e axudounos a contextualizar os diferentes momentos e labores co liño. Puxémoslle, finalmente, son á xornada coa actuación das Pandereteiras Silandeira de San Xián de Sales.
Na segunda sesión, que levaba por título "Cal fiamos, tal andamos", recibimos a Asociación Cultural Tamparrantán de Santo André de Vea (A Estrada) que nos achegou información sobre a indumentaria e o folclore arredor do liño. Non faltou tampouco a música este día da man dos Nogueira estradenses.






























FONTE: VEDRA MEDRA