CARREIRA SOLIDARIA PARA COLABORAR COA ONG "SAVE DE CHILDREN"

Un ano máis o CPI de Vedra ven de organizar a Carreira Solidaria anual para colaborar coa ONG "Save the Children" que traballa a prol do nenos e nenas en situacións desfavorecidas.
Como en anos anteriores, o patrocinio dos familiares e amigos para as carreiras do alumnado e profesorado do centro levou a unha exitosa recadación que este ano alcanzou os 1016,80 euros, que son transferidos á conta desta ONG.
Como mostra da actividade podedes ver as FOTOS da carreira no seguinte enlace: https://goo.gl/photos/rGTqyQP6kheu3gfP6

FONTE: PÁXINA DO CPI DE VEDRA

No hay comentarios :

Publicar un comentario