A Confederación Autismo España e a Confederación Española de Autismo (FESPAU), en coordinación con Autismo Europa, promoven unha campaña de concienciación para dar a coñecer este trastorno á sociedade e atraer a atención sobre as necesidades e a realidade das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias.
"Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible" é o tema elixido este ano 2017 para celebrar o 2 de abril o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
As persoas con autismo enfróntanse a numerosas barreiras á hora de gozar dos seus dereitos fundamentais e de formar parte plenamente da comunidade.
As barreiras ás que se enfrontan varían en función de cada individuo e das súas necesidades específicas. Para o movemento asociativo do autismo é moi importante que a sociedade entenda cales son as barreiras ás que se enfrontan as persoas con TEA porque iso permitirá unha mellor adaptación ás súas necesidades e reforzará a inclusión destas persoas en todos os ámbitos da sociedade.
No hay comentarios :
Publicar un comentario