ANPA CPI VEDRA
Mostrando entradas con la etiqueta Acordos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Acordos. Mostrar todas las entradas
A LOMCE NON OBRIGARÁ AO CAMBIO DE LIBROS DE TEXTO O VINDEIRO CURSO
A presión da Plataforma pola Defensa do Ensino Público na que estamos integrados a través de CONFAPA-Galicia e os acordos tomados pola Consellería de Educación e Cultura facilitan moito a continuidade do Banco de Libros que esta ANPA, coa colaboración do CPI de Vedra, puxo en marcha o curso pasado.
Como xa vos informamos na entrada anterior, o Consello Escolar do CPI de Vedra tamén aprobara unha resolución pedindo isto mesmo e a Xunta Directiva da ANPA valora moi positivamente dito acordo por dous motivos:
- porque a pesar de que o texto aprobado finalmente non se corresponde na súa totalidade co proposto pola CONFAPA, identificámonos plenamente co seu contido e cremos que contribuiu á que a Consellería de Educación e Cultura tomase o acordo de non cambiar os libros de texto.
- porque nos consta que o texto que se lle presentou ao centro para a súa aprobación no Consello Escolar foi amplamente estudado e debatido nos departamentos e no claustro do centro, e provocou unha reflexión seria nesa parte fundamental da nosa comunidade escolar, un feito que nos parece moi positivo.
No seguinte enlace atoparedes información detallada:
Compre recordar, tamén, que esta ANPA, en colaboración co CPI de Vedra, continuará no vindeiro curso co Banco de Libros que xa se puxo en marcha -cremos que moi satisfactoriamente- no ano 2013, e que espera que este ano continúe a medrar coa colaboración de todas e todos.
Etiquetas:
Acordos
,
Actas
,
Banco de Libros
,
Documentos
,
Libros
,
LOMCE
CONFAPA-GALICIA PROMOVEU A CAMPAÑA CONTRA O CAMBIO DE LIBROS DE TEXTO QUE IMPLICABA A LOMCE
No marco da campaña iniciada pola Federación de ANPAS á que pertencemos, a ANPA do CPI de Vedra solicitou un Consello Escolar Extraordinario que tivo lugar o pasado 13 de marzo e no que se adoptaron as seguintes resolucións:
Etiquetas:
Acordos
,
Actas
,
Banco de Libros
,
Documentos
,
Libros
,
LOMCE
Acordo da ANPA sobre os libros de texto
Este é o texo íntegro do acordo que tomou, en asemblea extraordinaria, a ANPA do CPI de Vedra para que lle fora enviado aos sindicatos, á CONFAPA-GALICIA e ao Consello Escolar do CPI de Vedra. A dito acordo chegouse despois dunha detida reflexión sobre o uso dos libros de texto no sistema educativo e do papel, non sempre claro, que xogan as editorais neste escenario.
Etiquetas:
Acordos
,
Banco de Libros
