21 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

O "Día Mundial da Síndrome de Down" é un evento anual que se leva a cabo o 21 de Marzo. A data elixida non é casual, xa que o 21-3 (mes 3, día 21) lémbranos a triplicación do cromosoma 21, chamado comunmente "Síndrome de Down".

Con esta celebración, a Asemblea Xeral quere aumentar a conciencia pública e lembrar a dignidade inherente, a valía e as valiosas contribucións das persoas con discapacidade intelectual como promotores do benestar e da diversidade das súas comunidades. Tamén quere resaltar a importancia da súa autonomía e independencia individual, en particular a liberdade de tomar as súas propias decisións.

É unha xornada para concienciar da existencia e necesidades destas persoas, xa que aínda queda moito camiño por percorrer no recoñecemento por parte da sociedade.




No hay comentarios :

Publicar un comentario