O CPI DE VEDRA GAÑADOR DA FASE DE ZONA DA LIGA GALEGA DE DEBATE

CLUB DE DEBATE do CPI Plurilingüe de Vedra resultou gañador na fase de zona da Liga Galega de Debate que se celebrou este mércores dia 15 de marzo no Pazo da Cultura de Carballo. Os debates estiveron centrados no tema de actualidade "Os deberes escolares son convenientes para a educación". Durante todo o día realizaron distintos debates ata o final entre dous equipos gañadores que se clasifican para a fase final a celebrar no mes de maio. O colexio de Vedra participou con dous equipos de cinco alumnos/as cada un: Lucía Fernández, Darío Balado, Abril García, Ana Campos, Luzía Mendez por un lado, e David Freire, María Vales, Cristina Santaya, Silvia Ferro e Milagros Angueira por outro, sendo este último o que resultou gañador. O responsable da preparación dos grupos foi o profesor de Lingua Castelá Marcos Taracido
O centro participou invitado polo Equipo de Dinamización Lingüística do Concello de Teo, ao que agradecemos este xesto, así como a colaboración e subvención aportada polo Concello de Vedra.


PARABÉNS David Freire, María Vales, Cristina Santaya, Silvia Ferro e Milagros Angueira, e ao profesor de Lingua Castelá Marcos Taracido

Fonte: Páxina do CPI de Vedra

No hay comentarios :

Publicar un comentario