Mércores, 09 de abril de 2025

nov212017

OBRADOIRO NO MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA


Con motivo do Día Internacional dos Dereitos da Infancia (20 de novembro), realizarase un obradoiro que xirará en torno ao dereito á educación dos nenos e nenas.

Data: venres, 24 de novembro, ás 18 horas.
Duración: 1  hora e cuarto.
A actividade é gratuíta e dirixida a nenos e nenas de 7 a 10 anos.
Número de Prazas: 20

Forma de Inscrición: para formalizar a inscrición será preciso enviar un correo electrónico incluíndo o nome e apelidos, idade e centro educativo do neno ou nena que desexa asistir, e un teléfono de contacto á dirección
.

O correo debe ser enviado polo pai/nai/ titor do neno ou nena que se queira inscribir.

Data límite de inscrición: xoves, 23 de novembro, ata as 18:00 horas.

Lembrade que a inscrición, polo feito de ser gratuíta, leva aparellado o compromiso de asistencia, para que todas as nenas e nenos participantes poidan desfrutar dunha experiencia óptima. No caso de non poder asistir unha vez inscritos/as, rogamos encarecidamente que se dea aviso coa suficiente antelación por correo electrónico ou por teléfono (981 540 155/56); deste xeito, poderán asistir á actividade outros nenos ou nenas en lista de espera.

Esperámosvos!


Museo Pedagóxico de Galicia - MUPEGA
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

No hay comentarios :

Publicar un comentario