Como xa viñamos anunciando o pasado día 4 de novembor inaugurouse a esposición do Proxecto Vedra Medra no Museo do Pobo Galego con motivo do Premio Proxecto Didáctico Antonio Fraguas.
Coa asistencia de numeroso público de Vedra, alumnado, profesorado, nais e pais, representantes do concello, o acto estivo presidido polo Secretario Xeral de Política Lingüística Valentín García e o presidente da Fundación Antonio Fraguas, Xusto Beramendi. Interviron, ademais dos citados, Xulia Marqués en nome do CPI de Vedra e o director do IES A Pinguela de Monforte.
Permanecerá aberta ata o vindeiro 17 de decembro.
FONTE: CPI DE VEDRA
No hay comentarios :
Publicar un comentario