Folga de nais e pais o 18 de outubro de 2012.

A CEAPA e a CONFAPA, federacións de asociacións de nais e pais estatais e autonómicas, das que formamos parte, convoca unha folga para o día 18 de outubro en defensa do ensino público. A ANPA respecta a vontade individual de nais e pais e a súa liberdade, pero tamén é o seu deber loitar polo sistema educativo ao que pertencemos, pola súa mellora e viabilidade. Deixámosvos o cartel de convocatoria de folga e os motivos da mesma en "máis información".


Non aceptamos un novo cambio de Lei educativa. A sociedade está xa cansa de que cada novo Goberno 
se empecine en modificar a lexislación educativa, máxime se, como está a ocorrer agora, faise sen contar cos
diferentes sectores buscando cambiar o actual modelo social e satisfacer consignas ideolóxicas.
--Non aceptamos mentiras para xustificar unha reforma do sistema educativo, terxiversando datos e facendo
xuízos de valor que non están baseados en datos contrastados.
--
Non aceptamos o desmantelamento da educación pública para beneficio exclusivo da iniciativa
privada
, desviando os fondos públicos para financiar empresas privadas da educación, moitas de dubidosa
legalidade que, incluso, atrévense a vulnerar a Constitución coa connivencia de quen deberían cumprir e facer
cumprir o marco legal vixente.
--Non aceptamos que se eliminen todo tipo de axudas ao alumnado e ás familias, se incrementen as cotas e as
taxas -aínda máis, creándoas onde non existían- ,
incumplindo o mandato constitucional da gratuidade do
ensino e o dereito de acceso en igualdade de condicións
.
--Non aceptamos que que os irresponsables políticos que nos gobernan sigan a insultar ao profesorado que
ensina aos nosos fillos e fillas, profesorado que goza do respaldo das familias e do alumnado co que conviven
a cotío, nun ataque sen precedentes contra a figura do funcionario público e dos interinos, aos que se trata en
ámbolos dous casos como se fosen bonecos de feira, co único obxectivo de poñer a educación en mans da
empresa privada e, con iso, de precarizar a profesión docente.

No hay comentarios :

Publicar un comentario