Acta da Asemblea Extraordinaria do 21 de setembro de 2012

ANPA “A BOCA”
C.P.I. de Vedra

Resumo dos temas tratados e dos acordos aprobados en asemblea extraordinaria de nais e pais celebrada o 21 de setembro de 2012


Acta da Asamblea Extraordinaria de nais e país do C.P.I de Vedra, celebrada o día 21 de setembro de 2012.

Celébrase a xuntanza na “Casa do Sindicato” de Vedra (fronte á farmacia), dando comezo ás 21.00 h, á que asisten 36 socios e os seguintes membros da directiva: José Luis Carreira Quinteiro (presidente), Luis Martínez Silveira (vocal e representante no Consello Escolar), Xurxo Cerdeira Louro (vocal) e Isaura Sánchez Gil (vocal). Tamén asiste, invitado pola directiva da ANPA, o director do Centro,  José Viaño Rey.

Resumo dos temas tratados, e dos correspondentes acordos, segundo a seguinte orde do día:

    1º.- Informar ás familias das alternativas de emerxencia que se poden levar adiante para aforrar cartos na compra dos libros de texto deste curso, especialmente no caso daquelas que aínda non os mercaran.
    Neste punto tomaron a palabra varias nais e pais que espuxeron o seguinte:
    a) A necesidade de sensibilizar ao claustro para conquerir que non se esixiran tantos libros de texto nin material escolar por parte do profesorado.
    b) explicaron varias opcións que permitirían un aforro no custe dos libros de texto deste curso 2012-2013 así como un reducción nos gastos orixinados polos materiais escolares que se están a pedir dende os distintos seminarios.
    c) Deron conta de varios recursos existentes na rede onde se poden atopar libros e documentos de lectura obrigatoria en distintos niveis educativos, así como de recursos e materiais didácticos complementarios.
    d) O director do CPI de Vedra respostou e aclarou dúbidas referentes a distintos temas que lle foron prantexando os presentes e, no referente a este punto da orde do día, manifestou a plena disposición da direccíon do centro a colaborar coas nais e pais, tanto na sensibilización do profesorado a respecto deste tema como en calquera medida que leve a axudar ás familias nestes momentos de crise. Tamén, facilitou información sobre algunhas experiencias de bancos de libros que se estaban levando a cabo na bisbarra e confirmou a súa disposición a colaborar na creación do mesmo neste centro.
    2º.- Dar conta das xestións que se están iniciando para a creación dun Banco de Libros (sistema de adquisición de libros de texto, xa empregado noutros centros, que permite o aforro de case o cento por cento do seu custo). Se esta proposta contara co respaldo e aprobación dun bo número de nais e pais poríase en funcionamento no curso 2013-2014.
    Iniciou o debate deste punto Abelardo Rendo Rial, impulsor da iniciativa de creación do Banco de Libros do CPI de Vedra, e espuxo as liñas definitorias do proxecto. De seguido, abríuse unha quenda de intervencións, no que participaron a práctica totalidade das asistentes, sendo todas as manifestacións favorables á creación de dito banco. Para o deseño e implementación de dito proxecto constituíuse un grupo de traballo formado por cinco nais e pais (Luisa Moure, Jacqui Deverell, Nin Calvo e Xurxo Cerdeira) que será coordinado por Abelardo Rendo. Apróbase, polo tanto, coa unanimidade dos presentes, a creación do Banco de Libros.
    3º.- Debatir e aprobar, se procedera, varias medidas que fomenten o aforro en material escolar e libros de texto para levalas ao Consello Escolar, á Federación de APAS de Galicia e poñelas en coñecemento dos principais sindicatos do ensino de Galicia coa finalidade de implicar a ditas entidades na defensa das mesmas.
    Interveñen no debate deste punto moitas das presentes e acórdase, finalmente, a elaboración dun documento que recolla as principais manifestacións feitas na asamblea para que se lle trasladen ás organizacións xa referidas no encabezamento deste punto.
    Acórdase, asimesmo, que dito documento recolla a adesión desta ANPA ás reivindicacións que veñen facendo os sindicatos do ensino de Galicia na defensa dun ensino público de calidade ante a ameaza que para o mesmo supoñen os recortes presupostarios feitos pola Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia.
    Solicítanse voluntarios e voluntarias para a elaboración de dito documento e confórmase un grupo de traballo composto polas seguintes persoas: Ana Filgueiras, Lídia Senra, Rosa Prada, José Antonio Pose, José Antonio Castro e Xurxo Cerdeira.
        Levántase a sesión da asemblea extraordinaria ás 22:45 h.


O Secretario accidental                           Vº.Bo do Presidente



Asdo.: Jorge Cerdeira Louro                       Asdo: José Luis Carreira Quinteiro

No hay comentarios :

Publicar un comentario