Plan Estratéxico da ANPA do C.P.I. de Vedra “A Boca”
Misión da ANPA do
C.P.I. de Vedra
Somos unha Asociación de Pais e Nais do Alumnado de Vedra que
buscamos atender as necesidades formativas e educativas dos nosos
fillos dende unha posición de responsabilidade coa comunidade educativa
e coa sociedade en xeral.
Ideario ou declaración de principios
Antes de expoñer as principais liñas estratéxicas, e os obxectivos básicos, que
esta ANPA se propón alcanzar nos próximos catro anos, para dar cumprimento ao
seu fin social, é necesario apuntar que este proceso nace das seguintes
conviccións:
Primeira: pódense mellorar notablemente as condicións e o nivel educativo
do CPI de Vedra, aínda recoñecendo a traxectoria positiva que está levando
o centro dentro do sistema educativo galego.
Segunda: Nesa tarefa correspóndelle á ANPA ter un papel central e unha
actitude proactiva.
Terceira: é básica a implicación de todos os axentes con responsabilidade na
educación dos nenos e nenas, empezando polas propias familias e o
profesorado, e seguindo polos axentes sociais e administracións públicas
para conseguir resultados tanxibles a medio e longo prazo.
Cuarta: A mellora contínua e sostida do nivel educativo do alumnado, da súa
educación, formación e información, é básica para que poidan ter unha vida
digna, e o éxito neste cometido fortalecerá ao conxunto da sociedade.
Quinta: Toda a sociedade, e polo tanto esta comunidade educativa, debe
exercer o seu protagonismo ante os retos producidos pola inadecuada
utilización dos recursos naturais e a chamada “globalización”. Tanto as
persoas como as distintas asociacións civís deben formar parte activa do
proceso e non permanecer como simples espectadores.
Definición dos obxectivos a conseguir nos vindeiros catro anos.
En concordancia co ideario enunciado no anterior epígrafe formulamos os
seguintes obxectivos estratéxicos, tendo como obxectivo xeral, que engloba
a todos os demais:
Incrementar a calidade educativa do CPI de Vedra e contribuír na
medida das nosas responsabilidades á formación dos nosos fillas e
fillos como cidadáns responsables e comprometidos co respecto ao
medioambiente, ao seu entorno natural e cultural.
E como obxectivos específicos:
Velar polo bo estado das infraestruturas educativas e o funcionamento
axeitado dos servizos complementarios.
Prestar apoio aos alumnos e as súas familias no relacionado coas
necesidades educativas e coa asistencia ao centro escolar
Levar a cabo campañas de sensibilización e de participación activa
do CPI na defensa do medioambiente e do entorno natural.
Fomentar e participar en proxectos educativos que abran ao
alumnado do centro ao coñecemento doutras linguas e doutras
culturas.
Elaborar un programa educativo nos temas de interese para pais e
alumnos do CPI que complemente e reforce o proxecto curricular e/ou
educativo do centro.
Crear condicións que favorezan a comprensión de procesos globais
dende o local, favorecendo o coñecemento do patrimonio e a
identidade local, e reforzando os valores de respeto a todas as
culturas dende a vinculación co propio.
Liñas estratéxicas, obxectivos estratéxicos e accións globais
LIÑAS ESTRATÉXICAS OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS ACCIONS GLOBAIS
1.- ACCIÓN DE LOBBY E
XESTIÓN
1.1.- Velar polo bo estado das
infraestruturas educativas e o
funcionamento axeitado dos
servizos complementarios.
1.1.1.- Manter unha comunicación
permanente coa dirección do
centro e coñecer a súa acción.
1.1.2.- Defender os intereses da
comunidade educativa ante
entidades públicas ou privadas
con competencias na materia,
e/ou responsabilidades no
funcionamento do Centro.
1.2.- Prestar apoio aos alumnos, e
as súas familias, no relacionado
coas necesidades educativas e coa
asistencia ao centro escolar
1.2.1.- Asesorar e representar aos
pais e nais dentro da comunidade
escolar.
1.2.2.- Captar e xestionar os
recursos que permitan o
funcionamento das actividades
responsabilidade da ANPA.
2.- PROXECTOS
EDUCATIVOS E DE
RESPONSABILIDADE
SOCIAL
2.1.- Levar a cabo campañas de
sensibilización e de participación
activa do CPI na defensa do
medioambiente e do entorno
natural.
2.1.1.- Realizar unha campaña de
sensibilización e educación
medioambiental, e poñer en
marcha un proxecto de reciclaxe
selectiva.
2.2.- Fomentar e participar en
proxectos educativos que abran ao
alumnado do centro ao
coñecemento doutras linguas e
doutras culturas.
2.2.1.- Cooperar na consecución
para o centro de programas de
inmersión lingüística.
2.2.2.- Colaborar nun proxecto de
dinamización da biblioteca escolar
dentro dun programa europeo.
2.3.- Impulsar un programa
educativo nos temas de interese
para pais e alumnos do CPI de
Vedra e darlle difusión entre os
grupos de interese.
2.3.1.- Impulsar unha campaña de
sensibilización ante as drogas.
2.3.2.- Campaña de educación
para a Paz.
2.3.3.- Campaña de educación
vial e de prevención dos
accidentes de tráfico.
2.3.4.- Crear, e manter, un blog
que sirva de soporte de
comunicación de todas as accións
levadas a cabo, e forneza de
materiais para a reflexión e o
debate dentro da comunidade
educativa.
Visión da
ANPA do
C.P.I. de
Vedra
Ser unha ANPA de referencia en Galicia; coherente co seu compromiso na
educación, formación e información dos nenos e nenas do CPI, e das súas
familias; implicada na busca da excelencia no ensino público; e recoñecida por
fomentar a responsabilidade e os valores solidarios dentro da comunidade
educativa e da sociedade en xeral.
No hay comentarios :
Publicar un comentario