¿Sabes o que é o ciberbullying?
¿Sabes se o teu fillo ou filla o está sufrindo? ¿Gustariache aprender a
detectalo e a remedialo? ¿Consideras que os xoguetes e videoxogos ós que xogan teus
fillos non son os idóneos? Estas inquedanzas e moitas máis son as que se van
tratar no VI Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais
Didácticos que se celebrará este venres 20 e sábado 21 en Vedra
e ó que todos os pais e nais interesados estades invitados a asistir de forma totalmente
gratuita.
A sexta edición deste seminario
internacional organizado entre outros pola ANPA “A Boca”, o CPI de Vedra e a
Universidade de Santiago de Compostela, e no que colabora o Concello, celébrase
aquí en Vedra por primeira vez. O seminario-obradoiro impartirase preferencialmente
en castelán, pero tamén en galego-portugués e inglés.
Para abrir boca e as nosas mentes
críticas, o venres pola tarde no Centro da Terceira Idade de Vedra
teremos unha interesante conferencia do profesor Tom Wikman de Finlandia. Nesta
charla compartirá todas as suas experiencias e daranos unha perspectiva dun dos
mellores sistemas educativos do mundo. Unha vez rematada a mesa redonda na que
poderedes facer todas as preguntas que vos xurdan, realizarase unha ruta
lúdico-cultural polos furanchos da zona á que podedes asistir previo pago e
inscrición esa mesma tarde antes da conferencia.
O sábado teremos uns obradoiros
no CPI de Vedra que tocan temas tan interesantes como o ciberbullying,
xoguetes, videoxogos, material didáctico, etc… no que aprenderedes como
detectar posibles problemas e como atallalos. Poderedes realizar un obradoiro
pola mañá e outro pola tarde, cos correspondentes descansos para o café para
que non se faga longo.
Como xa dixemos, calquera pai ou nai
que queira asistir pode facelo de forma gratuita á conferencia do venres e ós
obradoiros do sábado. Debido á gratuidade desta oferta, non se vos entregará
ningún certificado de asistencia. Para máis información pincha aquí.
A directiva da ANPA “A Boca” do CPI Plurilingüe de
Vedra.
No hay comentarios :
Publicar un comentario