FRANCESCO TONUCCI

Faláronnos moitas veces del nos talleres da Escola de Familias e fai só un par de semanas unha socia enviounos unha entrevista que lle fixeron en Pontevedra por se fora do noso interese recoller no blog as opinións dun dos referentes europeos da innovación educativa e, claro que si, interésanos. 

Estas son algunhas das principais ideas de Tonucci para modificar as escolas actuais e a súa forma de traballar: 

  • Deixarlle máis tempo aos nenos polas tardes para facer cousas diferentes e despois ter temas de conversa para falar na clase. Isto require non mandarlles moitos deberes xa que eles xa pasan moito tempo nas aulas.
  • Darlle máis poder e liberdade aos nenos para que sexan eles o centro da formación contando as súas experiencias. Tonucci defende esta idea nunha entrevista publicada: “se os nenos participan activamente na xestión e na toma de decisións escolares, como a estipulación das regras que se aplicarán nos recreos, o neno non se sentirá escravo, senón un cidadán libre e soberano, un dos obxectivos que debe procurar unha escola democrática. 
  • Apoiar e fomentar a lectura en voz alta dos libros na clase. 
  • Sostén que os nenos non son recipientes baleiros que hay que encher con coñecementos senón que estes teñen as súas propias vivencias e formas de pensar. Hai que escoitalos e crear entre todos o coñecemento. Tamén son capaces de manter a concentración durante un bo anaco no xogo, pero isto non lle interesa á escola porque non axuda a elaborar loxicamente os datos. Tonucci explica que na escola se debe ter máis en conta o divertimento.
  • Afirma que se nos centramos no que se sabe facer, máis que en aquilo que non somos capaces de levar a cabo, teremos nenos máis motivados e menos frustrados e axudaremos a que non futuro sexan persoas máis seguras de si mesmas.
  • O profesorado deste tipo de escola debe ser capaz de promover todas estas ideas, apoiar o traballo en grupo e incluir á familia, á cultura... na escola.

Francesco Tonucci ( Fano, 1941 ), tamén coñecido polo seudónimo " Frato " é un pensador, sicopedagogo e debuxante italiano. É tamén autor de varios libros sobre o papel dos nenos no ecosistema urbano e artigos en revistas italianas e estranxeiras.

No hay comentarios :

Publicar un comentario