VISITA DO DR. ÁNGEL CARRACEDO

Dentro da programación do 2º Encontro da Comunidade Educativa que organiza a ANPA, en colaboración co C.P.I. e o Concello de Vedra, terá lugar a visita do Dr. Ángel Carracedo ao noso colexio. Como parte desta agardada visita, ás 10:30 do venres 24 de xaneiro, dará unha pequena conferencia no salón de actos da Casa da Terceira Idade á que podedes asistir as nais e pais que o desexedes. Non o perdades!


Doutor Ángel María Carracedo Álvarez

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago (1978) e Doutor en Medicina pola misma Universidade (1982), ambos con premio extraordinario.

Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (Consellería de Sanidade - Xunta de Galicia), Catedrático de Medicina Legal e Director do Instituto de Medicina Legal de Santiago (dende 1994). Director do Centro Nacional de Genotipado (nodo USC). Membro do CIBER de enfermidades raras (CIBERER). O grupo de investigación que dirixe, Grupo de Medicina Xenómica, consta dunhas noventa persoas de máis de 10 países.

10 libros e 340 artigos en revistas SCI en medicina xenómica, xenética clínica e xenética forense e de poboacións incluindo artigos en “Nature”, “Science”, “Nature Genetics”, “PNAS”, “American Journal of Human Genetics”, ademáis das principais revistas de xenética e medicina forense.

Dirección de Tesis Doutorais (52, todas coa máxima calificación e 19 con Premio Extraordinario do Doutorado).

Membro do board de sociedades nacionais e internacionais de xenética e cancro. Presidente da Sociedade Española de Farmacogenética y Farmacogenómica. Vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal (dende 2000). Presidente da Academia Mediterránea de Ciencias Forense. Expresidente da International Society for Forensic Genetics. Membro de organismos reguladores (EMEA, Forensic DNA Regulator UK, DNA ISFG Commission).

Editor da revista “Forensic Science International: Genetics” e membro do consello editorial de 15 revistas internacionais de xenética e medicina forense.

Recibiu numerosos premios de investigación entre os que destacan Premio Rey Jaime I, Medalla Galien, Premio Galicia de Investigación, Medalla Castelao, Premio Novoa Santos, Medalla de Galicia, Cruz al Mérito Policial, entre outros.

Doutor Honoris Causa por varias universidades.

No hay comentarios :

Publicar un comentario