PROGRAMA DE FIN DE CURSO DE PRIMARIA E INFANTIL

Como todos sabedes este martes 21 de Xuño celebramos cos cativos de Primaria e Infantil no C.P.I de Vedra a festa de de Fin de Curso. O programa consistía en face os seguintes actos:

- As 15.30 h no centro da 3ª Idade, a actuación do mago Benxamin, a despedida do profesorado de infantil e primaria por parte dos alumnos e despois homenaxe e recoñecemento polos anos de ensinanza no C.P.I de Vedra a Dña. Carmen, Dña. Elisa e a Dña. Victoria, entrega de agasallos e actuacións por parte dos alumnos e un agasallo de recordo por parte da ANPA en nome de todolos pais do colexio.

- As 17.30 h póñense os hinchables no pabellón de deportes para que os cativos poidan disfrutar xogando e acompañamolos dunha merenda, organizado pola xunta da Directiva da ANPA.

E as 18.30 h os nenos despois de disfrutar dos actos acompañados polos seus pais, collen o autobú de volta para a casa e para o día seguinte vir o colexio a buscalas notas. E agora quedalles disfrutar das vacacións do vrao que as teñen ben merecidas. DISFRUTADE DELAS PEQUENOS QUE PARA O ANO RETOMAMOLO CURSO.

No hay comentarios :

Publicar un comentario