ANDARAVÍA convídanos ao teatroforum "Quéreme ben", de 100Tolas, Grupo de Teatro dx Oprimidx que terá lugar o sábado día 12 ás 19 hs no Centro Sociocultural do Burgo (casa da Terceira Idade).
A obra é unha historia de violencia de xénero coa cal se pretende cuestionar o modelo de relacións de parella e de amor romántico actual.
O Teatroforum é unha das técnicas do Teatro do Oprimido onde a barrEira entre público e platea desaparece e se substitue polo diálogo.
O Teatro do Oprimido é unha metodoloxía teatral desenvolvida nos anos 60-70 polo dramaturgo Augusto Boal, que pretende transformar as realidades opresivas a través de medios estéticos e o diálogo entre os oprimidos.
É, por tanto, unha actividade de gran interese para todo o público, pero especialmente para o máis xoven, de cara a xenerar actitudes que estimulen a reflexión e a prevención da violencia de xénero.
Ademais, o domingo dia 13 actuará a AULA DE TEATRO DO CPI DE VEDRA, ás 16: 15 hs., representando a obra "O último canto".
No hay comentarios :
Publicar un comentario