SÚMATE Á ANPA, cada PAI e cada NAI somos IMPRESCINDIBLES
- Ata o día 18 de decembro estará aberto o prazo de inscrición.
- Para facerte socia/o da ANPA "A BOCA" só tes que ingresar ou transferir 15 € (cota por curso e familia) ó número de conta de ABANCA ES93 2080 0320 2230 4000 2641, e entregar a ficha de inscrición que acompaña a esta comunicación, debidamente cuberta, na conserxería do colexio.
- No concepto de ingreso indicaremos: nome do proxenitor/cota 2014-2015.
- Se prefires pagar en efectivo porque o teu banco cobra polas transferencias, podes atoparnos o mércores 17 e o xoves 18 de decembro no local da ANPA do colexio, de 16:30 a 17:00, ideal para facelo antes de recoller os nenos.
- Se o desexas tamén podes contratar connosco o Seguro Escolar que ofertamos todos os anos por un precio de 13 euros por ano e alumno para soci@s e 15 euros para non soci@s. Dispoñedes das coberturas e demáis información sobre o seguro pinchando no seguinte enlace: Póliza Seguro Escolar.
- Cantos máis socios sexamos, máis recursos, ideas e proxectos pódense poñer en marcha dende a nosa asociación. Poderemos facer máis eventos educativos nos que coñecernos todos e integrar mellor a toda a comunidade educativa, pais e nais, docentes, alumnos e todo o colectivo que directa ou indirectamente colabora ou traballa no noso colexio.
Cal é o principal obxectivo da ANPA?
Contribuír, na medida das nosas responsabilidades, á formación do alumnado e ao bo funcionamento do C.P.I. Plurilingüe de Vedra. Nesta tarefa, cada nai e cada pai somos imprescindibles.
¿Qué fai?
- Vela polo bo estado das infraestruturas educativas, e o funcionamento axeitado dos servizos complementarios (comedor, transporte...).
- Presta apoio ao alumnado, e ás súas familias, en todo o relacionado coas necesidades educativas e coa asistencia ao centro (seguro escolar, Banco de Libros, chándal...).
- Tenta chegar a convenios e acordos para lograr, para os nosos socios, un mellor prezo en materiais de uso común do alumnado, dende material escolar ata, por exemplo, gafas ou outros servizos e produtos.
- Mantén un blog de comunicación das actividades da ANPA, e aporta materiais para a reflexión, o debate e a formación.
- Defende os intereses de nais e pais no Consello Escolar.
- Colabora nas campañas educativas do Centro (excursións, festivais, xornadas formativas...).
¿Qué fixemos ata o de agora?
- Colaboración con causas solidarias: Fundación Andrea, Todos con Xose Manuel...
- Xestión de material escolar para familias en risco de exclusión social, en colaboración coa fundación La Caixa
- Banco de Libros de texto.
- Obradoiros varios, así como actuacións para os festivales de Nadal.
- Xornada arredor dos problemas educativos, encontros da Comunidade Educativa, nos que participan diversos profesionais.
- Colaboración coas Xornadas Pedagóxicas, evento de carácter internacional que se leva a cabo no noso colexio.
- Outros proxectos de economía local arredor da comunidade educativa, como o chándal de Vedra
ou outros convenios que estamos a levar a cabo para aforrar cartos os nosos socios.
- Facemos moitas outras cousas. Se queres saber máis, http://anpacpivedra.blogspot.com.
No hay comentarios :
Publicar un comentario